miércoles, 11 de marzo de 2009

Emma, Luisa e mais Ana, tres adúlteras na nosa biblioteca

Foi en Francia, en 1857, cando tras a publicación de Madame Bovary iniciouse un subxénero de novela realista: a novela de adulterio. Estas novelas que teñen como protagonista a muller, reflicten a insatisfacción desta nunha época na que son frecuentes os matrimonios de interese e con homes de maior idade, polo que o adulterio é a vía de escape ao abatemento e a falta de expectativas.

Madame Bovary, protagonizada por Emma e recibida con gran polémica, considerouse un atentado contra a moral e o seu autor, Gustave Flaubert, foi procesado.

Ao cabo duns anos (1875) en Lisboa, Luisa, unha muller casada vítima da ociosidade, namórase do cínico e perverso Basilio. O autor desta historia é o portugués Eça de Queirós e o título da novela, El primo Basilio.

La Regenta, de Leopoldo Alas "Clarín", é a novela de adulterio española. Publícase en 1884 e é tal o escándalo, sobre todo en Oviedo que é onde sucede a acción, que a novela só pode ser publicada en Barcelona. A súa protagonista, Ana, unha muller fustrada, sofre o acoso dun clérigo e un conquistador.
Tres mulleres: Emma, Luisa e Ana. Tres historias.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails