Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de junio de 2013

464 libros van de vacacións



Como en anos anteriores o alumnado e profesorado tivo a oportunidade de escoller ata 10 libros para levar durante as vacacións de verán. Dende a biblioteca aconselláronse lecturas e empaquetáronse en bolsas de distintas cores que estiveron expostas na entrada do centro, esperando que os seus "propietarios" as recolleran.
 
En total foron 464 libros os que saíron dos estantes para acompañar as familias.
 
Ademais este curso acadamos novo record: 3582 préstamos!!!
 
Dende aquí queremos desexarvos unhas felices lecturas!
 

miércoles, 8 de mayo de 2013

O gañador do Pasapalabra



Por fin o pasado venres sorteouse entre os folletos acertantes o premio do concurso do Pasapalabra da multiculturalidade! 

Ante a atenta mirada de parte do alumnado,  a man inocente de Leticia Vales sacou o nome do gañador: Alex Yáñez de 1º B da ESO que levou para a súa casa o premio que consistía nunha cesta con libros, música e produtos típicos de diferentes países. 

Noraboa a todos os que participástedes e, en especial, ao gañador!

Esperámosvos para os seguintes concursos!


jueves, 21 de marzo de 2013

A caza do ghazafello

Pom-pom-pom, ghazafellos ao caixón!

Queredes ir cazar ghazafellos con Lois, o protagonista do noso libro,  e o seu can Palleiro a unha Fraga máxica? Como que non existen eses animais? Denis M. dinnos como son:


Poderíase dicir que parecía un xabaril anano con ás de morcego e... Non, pensándoo mellor era máis ben un cruzamento entre hámster e piraña cun certo aire a bubela. Tampouco. Para ser máis exactos parecía un corvo con fociño de roedor e unha crista branca na cabeza semellante á dun hippy-frauta... En fin, para que enganarnos? O certo é que o condenado non se lle parecía a ningún becho coñecido.

Pero, ollo!

Se algún día queredes abrir as portas dunha Fraga máxica, pensádeo ben... Porque no seu interior non só ides atopar animais falantes, fadas e trasnos.

Tamén hai monstros!

viernes, 21 de diciembre de 2012

Na biblioteca un agasallo para ti

O Nadal do 2010 foi a primeira vez e tivo moito éxito, tanto que ao seguinte ano decidimos repetir. E como non podía ser doutro xeito tamén estes días de Nadal de 2011 enchemos a entrada da biblioteca con agasallos de lectura para  alumnos, profes e familias.

Adrián preparado para repartir lecturas


191 regalos!

Boas Festas!
Boas lecturas!

miércoles, 10 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación


As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.

Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

domingo, 30 de septiembre de 2012

De novo, abrimos as portas


Este curso e, grazas á colaboración de Nuria, alumna do Bacharelato Artístico do IES Adormideras, a entrada da nosa biblioteca está cambiada. Que as súas formas e as súas cores vos animen a entrar e disfrutar do que hai disposto para todos.

jueves, 28 de junio de 2012

Vémonos en setembro


A biblioteca deséxavos unhas boas vacacións non sen antes facervos partícipes do nivel de préstamos conseguido este curso que demostra, unha vez máis, que somos uns grandes lectores.

Gozade dos libros elixidos para este verán e sobre todo,pasalo o mellor posible para vir coas pilas postas para o próximo curso.

                         

sábado, 25 de febrero de 2012

En febreiro...




Os alumnos de electricidade, axudados polos seus profes, sustituiron as lámpadas vellas da biblioteca por unhas novas que se compraron co diñeiro recibido para mobiliario. Unha vez terminado o seu traballo, foron outros profes os que entraron a pintar o teito. Podedes ver o resultado nas imaxes. Grazas a todos pola labor realizada, e moi en especial para os alumnos que desinteresadamente interviñeron nesta mellora.
E chegou San Valentín co seu saco de poemas de amor... e un grupo de alumnas de 2º da ESO fixeron de carteiras repartindo as postais aos seus destinatarios.



E non podía faltar unha exposición de libros e películas de amor.
O Entroido trouxo novas cores ao instituto. Todo o centro participou activamente na celebración, incluso as CDUs sairon da biblioteca para darse a coñecer mellor. A fin de festa marcouna unha degustación de doces típicos e un desfile de disfraces no salón de actos.







lunes, 5 de diciembre de 2011

Na biblioteca, un agasallo para ti...




Paso 1.- Busca unha lectua apropiada para a persoa que ti queiras (alumn@ ou profesor@).


Paso 2.- Fai o préstamo do libro escollido ao teu nome.


Paso 3.- Pide a felicitación para cubrir os datos.


Paso 4.- Na biblioteca encargarémonos de empaquetar o libro e poñerlle a túa tarxeta de regalo.


Paso 5.- O día 20 deste mes se poderán recoller as "lecturas-agasallo"



Animádevos!

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Bibliotecas escolares galegas


Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10,11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.


As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza en elas día tras día.

viernes, 21 de octubre de 2011

A vindeira semana en As Mariñas...

vaise pasar moito medo.





Comidas terroríficas, lecturas de pánico, películas que che faràn tremer, desfile de cabazas, contos de medo, os mundos dos mortos... e para rematar tod@s comeremos castañas.




Non cho podes perder!

martes, 27 de septiembre de 2011

Comezamos!

Que mellor comezo que unha visita á Biblioteca Central dunha cidade europea?

E que cidade?


Iso terédelo que adiviñar vos... e por iso darémosvos unhas pequenas pistas:

1ª.- Está no país do autor do libro "La cena"


2ª.- É a cidade do pintor do cadro "Lección de anatomía"


3ª.- Nesta cidade viviu unha rapaza que escribiu un diario moi famoso



miércoles, 29 de junio de 2011

Agora si...




Vémonos en setembro!

viernes, 24 de junio de 2011

3.562

Chegamos ao final do curso e, coma outros anos, gústanos facer números:


Neste gráfico pódense comprobar ao detalle os préstamos de libros, DVDs, CDs e outro material desde o comezo do curso ata o 31 de maio de 2011. En conxunto chegaron a 3.132.



É salientable que o empréstito de libros ( 69,35%) é máis do dobre que o resto dos materiais (30,65%).


Como se pode visualizar no gráfico da dereita, o número total de préstamos estabilízase nos tres últimos cursos. Con todo, hai que considerar que se falamos só de libros, o seu préstamo aumenta cos anos, en detrimento das películas; o que nos fai concluír que os DVDs, entre outras utilidades, foron nun principio un aliciente para acercar o alumnado á biblioteca e descubrir "o mundo de oportunidades" que ela ofrece.

Con respecto á música, posiblemente pola facilidade que teñen para chegar a ela, temos un número escaso de préstamos.



Tamén se pode ver claramente que o número de préstamos foi claramente en aumento ata estabilizarse nos tres últimos anos. A subida máis importante con respecto ao ano anterior obsérvase no curso 06/07, que coincide coa nosa entrada no Plamble, que supuxo unha incorporación importante de fondos, un cambio físico na biblioteca e unha dinamización notable da mesma.



Se aos datos anteriores engadimos os préstamos rexistrados neste último mes de xuño (430), chegariamos aos 3.562

jueves, 16 de junio de 2011

Que lemos?

Facemos reconto do máis lido na nosa biblioteca nestes últimos meses (desde que comenza o curso en setembro ata o 31 de maio) e mostrámolo na seguinte librería:





  1. Suite francesa, Irène Némirovsky


  2. El tiempo entre costuras, María Dueñas


  3. Temblor, Maggie Stiefvater


  4. Perdona si te llamo amor, Federico Moccia


  5. La vida secreta de las abejas, Sue Monk Kidd


  6. Canciones para Paula, Blue Jeans


  7. Comer, rezar, amar, Elizabeth Gilbert


  8. A cociña de larpeiros, Benigno Campos


  9. ¿Sabes que te quiero?, Blue Jeans


  10. El ladrón del rayo, Rick Riordan


  11. El pequeño gran libro de la ignorancia, John Lloyd


  12. A praia dos afogados, Domingo Villar

  13. Tengo ganas de ti, Federico Moccia

  14. A cabeza de medusa, Marilar Aleixandre

  15. Rastro, Maggie Stiefvater

miércoles, 15 de junio de 2011

Que non se che esqueza!







De seguro que xa os ollaches pendurados por todo o centro. Aínda así queremos recordarche que a biblioteca axudarache a facer do vindeiro verán unhas vacacións moi especiais.





Carteis e slogan das campañas da lectura do Goberno de Navarra

martes, 7 de junio de 2011

Este verán, sumérxete na lectura



O verán xa está á volta da esquina; as clases están a se acabar e, por fin, teremos tempo para facer todo o que máis nos gusta: ir á praia, camiñar polo monte, facer deporte, estar cos amigos e ...: tamén porque non, teremos tempo para ler.


Ese é o motivo polo que a biblioteca quere axudarche a vivir novas aventuras a través dos libros. Non tedes máis que achegarvos a ela, escollerdes os libros que vos gustan para disfrutardes entre a maxia das súas páxinas e... Listo!


Podes levar ata 10 libros en préstamo, tanto para ti como para a túa familia.


(Cartel e slogan copiado da campaña de lectura de verán 2010 do Goberno de Navarra)

miércoles, 4 de mayo de 2011

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares


Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela o pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación. + información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado).


(Bibliotecas escolares de Galicia)


E, por suposto, nós tamén estabamos alí!!!

miércoles, 16 de marzo de 2011

Xenial!!!

Mirade que "lipdub" fixeron no instituto de A Fonsagrada para explicar o percorrido que fai un libro ata chegar ao seu sitio na biblioteca.


Animádevos a felicitalos!!!


Related Posts with Thumbnails