lunes, 31 de enero de 2011

O loureiro do triunfo


O alumnado de Grego de 1º de Bacharelato de Humanidades está a facer uns comentarios sobre obras de arte de contido mitolóxico.

Sonia Guzmán Abeal cóntanos o que ela ve na escultura Apolo e Dafne de Bernini.

Esta escultura amósanos como a ninfa Dafne se converte en loureiro nos brazos de Apolo. Ela pedírallo ao seu pai para salvala da persecución de Apolo, aínda que este só lle quería dicir que a quería e que era o seu grande amor.

Apolo prometeulle coidala e permanecer con ela sempre ata a eternidade.


Por iso, os gañadores nas probas deportivas dos xogos píticos en Lesbos, dedicados a Apolo, recibían como premio unha coroa de loureiro.

Se queredes máis información podedes atopala na biblioteca no libro Mitos e Lendas da vella Grecia de Anisia Miranda.

martes, 25 de enero de 2011

La France visite notre bibliothèque

Bienvenus à tous dans le merveilleux monde du français et de la francophonie!!!
Dècouvrez leurs paysages, leurs recettes, et tous leurs secrets...


jueves, 20 de enero de 2011

Lecturas para 4ª de ESO

O Departamento de Galego anímavos a ler a través desta relación de obras que se irán apliando e/ou cambiando en cursos sucesivos, segundo vaian aparecendo novidades no mercado.
Comezamos con lecturas recomendadas para 4º de ESO, o que non quere dicir que sexan exclusivas para este nivel.
Sería moi interesante que, despois da lectura, fixésedes un breve comentario persoal para colgar no blogue da Biblioteca.
Adiante!


miércoles, 19 de enero de 2011

O agasallo de Borja


Borja, alumno de bacharelato, recibiu como lectura de Nadal Cazadores de sombras: Los orígenes I, por iso de que é un firme seguidor desta saga.


Este libro marca el comienzo de la nueva trilogía. Situada en el siglo XIX, cuenta la historia de una joven que llega a Londres en busca de su hermano. Pero no es a él a quien encuentra al llegar, sino a dos damas ligeramente fuera de lo común. Ellas la obligarán a descubrir un poder que hasta ella misma ignoraba tener, pero terminan poniendo este poder a disposición de la organización de Cazadores de Sombras.

viernes, 14 de enero de 2011

Emaús


Dores, unha das nosas profes de galego, tampouco quedou sen agasallo. O seu foi o libro de Alessandro Baricco, Emaús.

Descoñecía as obras deste autor italiano e foi grazas a Marga que comecei xusto pola súa última novela: Emaús. Un relato que se me fixo curto, deses que comezas e xa non deixas e ao chegar ao final sentes certa tristura porque queres máis.

Unha historia narrada por un mozo do que non chegamos a saber o nome, si o dos seus amigos: Luca co que tiña maior relación, Bobby e O Santo. Uns adolescentes cunhas vidas marcadas polos condicionantes sociais e familiares, pola fe e as crenzas relixiosas, que levan unhas vidas moi comúns: estudos, familia, colaboracións na parroquia... Pero todo se vai truncando ou muda ao interrelacionarse o seu mundo co dunha moza protagonista da historia: Andre, sen dúbida o motor nesta novela. É a vida desta rapaza, con todo o que a rodea e co que dela se nos vai desvelando, o que converte este relato en único e inesquecible.

Logo de Emaús quero achegarme a Seda e ás outras historias de Baricco.

jueves, 13 de enero de 2011

El cuento número 13



A Patricia Silva, alumna do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, lle agasallaron na campaña de Nadal co libro "El cuento número 13". Parece que lle gustou e por iso quere falarnos del:

É un libro de intriga. Trátase dunha moza á que lle encargan facer unha biografía dunha autora que nunca conta a realidade, sempre historias inventadas.

A xove ten que investigar e esclarecer a realidade da vida da dita escritora para facer a biografía real.

Unha historia que engancha. A miña opinión é que a autora líase un pouco contando algúns sucesos pero en conxunto, é un libro bo e interesante. Recoméndoo.



Grazas Patricia pola túa colaboración.

miércoles, 12 de enero de 2011

Matemáticas tamén nas vacacións


Cristina, alumna, futura matemática e colaboradora deste blogue, levou algunhas lecturas para as vacacións de Nadal e, como non podía ser doutro xeito, entre elas atopábanse tres libros do seu tema favorito: as matemáticas!


Parece ser que foron do seu agrado e por iso quere compartilos con todos nós.

Los diez magníficos

Todo aquel que crea que las matemáticas son abstractas, comete un grave error, pues nada más lejos de la realidad. Así nos lo demuestra el abuelo Filo, profesor de matemáticas ya jubilado, que intenta despertar el interés por esta ciencia en su nieto.

Debido a su afán por la profesión, el abuelo aprovecha cualquier ocasión para darle una lección matemática a su nieto con ejemplos de la vida real. En esta ocasión nos presenta los hallazgos de diez magníficos matemáticos.


La sorpresa de los números




La marcha del abuelo ha dejado muy triste a Fito que desesperado busca sistemas de cálculo para contar los días restantes para su vuelta.

Las enseñanzas de su profe, Grazzia, le han sido muy útiles pero Filo quiere lo que pocos niños quieren: ¡más matemáticas!

Así que, al regresar el abuelo y comprobar que las matemáticas han hecho mella en su nieto, se ponen manos a la obra. Esta vez Filo abre su mente a nuevos campos: la estadística y la lógica. De este modo llegará a sorprenderse con la magia de los números y se hará preguntas como: ¿qué sistema podemos establecer para tener más posibilidades de acertar la quiniela?






Mister Cuadrado

En este nuevo viaje por el universo de las matemáticas se adentran en el mundo de la geometría.

La mayoría de sus conversaciones tienen como protagonista al maravilloso cuadrado que trae consigo una apasionante historia. El abuelo, armado de papel y tijeras entre otros, descubrirá ante los ojos de Filo los numerosos misterios que encierra la geometría.

Aunque a algunos les horrorice, estamos rodeados de matemáticas, todo lo que nos rodea está hecho con matemáticas. Imaginar un mundo sin ellas es inconcebible.


Grazas Cristina, polas túas recomendacións.

lunes, 10 de enero de 2011

Benvido 2011!


Serás quen de compor este puzzle?

Related Posts with Thumbnails