miércoles, 29 de febrero de 2012

Novos talentos



O IES “As Mariñas” participa na 4ª edición do Concurso NOVOS TALENTOS organizado por Coca-Cola.
Seis alumnos e alumas de 2º da ESO foron finalistas nunha primeira fase: Daniel Costa, Alfredo Crespo, Kelly Estramil, Adrián Popescu, Noelia Roel e Marta Varela.
Tras longas deliberacións do xurado, composto polo departamento de lingua galega e literatura e mais a colaboración especial de Xulio Loureiro, saíron elixidos tres representantes para participar na fase seguinte. Son Adrián Popescu, Noelia Roel e Alfredo Crespo. Parabéns!



O 16 de marzo medirán os seus talentos con representantes de toda Galicia, no “Liceo La Paz” da Coruña.




O premio é unha viaxe que pode ser a calquera parte do mundo. Anúnciase no último momento, así que... sorpresa!




O tempo para elaborar a redacción será de dúas horas e o tema, escollido para a ocasión, anunciarase nese momento.




Os nosos concursantes terán sesións de "adestramento".




Noraboa e sorte!

sábado, 25 de febrero de 2012

En febreiro...




Os alumnos de electricidade, axudados polos seus profes, sustituiron as lámpadas vellas da biblioteca por unhas novas que se compraron co diñeiro recibido para mobiliario. Unha vez terminado o seu traballo, foron outros profes os que entraron a pintar o teito. Podedes ver o resultado nas imaxes. Grazas a todos pola labor realizada, e moi en especial para os alumnos que desinteresadamente interviñeron nesta mellora.
E chegou San Valentín co seu saco de poemas de amor... e un grupo de alumnas de 2º da ESO fixeron de carteiras repartindo as postais aos seus destinatarios.



E non podía faltar unha exposición de libros e películas de amor.
O Entroido trouxo novas cores ao instituto. Todo o centro participou activamente na celebración, incluso as CDUs sairon da biblioteca para darse a coñecer mellor. A fin de festa marcouna unha degustación de doces típicos e un desfile de disfraces no salón de actos.







viernes, 10 de febrero de 2012

Somos finalistas!




Las tres Gracias (Laura, Lucía e Sofía), As Nereidas (Sonia e Cecilia) e Artemis e Atenea (Paula e Yamila) son os nomes dos equipos que acaban de quedar finalistas do concurso Odisea 2012 organizado pola Sociedade de Estudos Clásicos de Galicia.


O concurso consiste en responder durante catro días a unha batería de preguntas que nesta edición estaban relacionadas con "As viaxes no mundo clásico".


Agora temos que esperar ao desempate que será o vindeiro día 15.

A nosa noraboa para todos os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades por participar nesta actividade, en especial para Os Olímpicos (Diego e Jacobo) porque moralmente eles tamén foron finalistas.



Related Posts with Thumbnails