Alfredo Crespo, alumno de 3º de ESO do IES As Mariñas, o noso xove escritor vén de gañar nada menos que o 1º premio (300 €) con varios poemas e o accésit (150€) cun relato no III Concurso de Creación Literaria do Concello de Betanzos.
E toda a Comunidade Educativa das Mariñas dálle a noraboa polo éxito e comparte con el a ledicia, aínda que xa nos ten afeito sao seu bo facer que xa lle supuxeron máis recoñecementos e éxitos.
Toda unha promesa literaria e un orgullo: NORABOA!!!!!