Waris Dirie é unha modelo somalí que traballou para firmas tan coñecidas como Chanel, Revlon, Levi`s ou Benetton. No ano 1997 foi nomeada embaixadora de Nacións Unidas para os dereitos da muller en África co obxectivo de denunciar a práctica da mutilación xenital feminina que ela mesma sufriu na nenez.
No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…

En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.
Na biblioteca poderás atopar estes dous libros e tamén a película Flor del desierto baseada na novela.
Se queres achegarte máis á problemática sufrida por milleiros de nenas ás que se lles practica a mutilación xenital, tamén tes á túa disposición a película Moolaadé.