Lembrade que hoxe é o Día do Libro. Que mellor xeito de celebralo que collendo en préstamo un dos que hai expostos na entrada da biblio:
DÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022
Hace 3 meses
Blog da biblioteca do IES "As Mariñas" de Betanzos
Pode participar todo o alumnado do centro.
O concurso consiste en cubrir o folleto coas respostas correctas e os datos persoais, e despois deposítalo na urna que haberá na biblioteca.
Para a busca das respostas pódese consultar os libros, películas, cds e ordenadores da biblioteca.
O prazo para entrega das solucións acabará o día 4 de maio ás 11,30 da mañá.
O premio consistirá nunha cesta con produtos italianos e libro, película e música relacionada co país.
Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas sortearíase o premio entre os acertantes.