martes, 22 de diciembre de 2009

Vémonos no 2010

Hoxe tamén a biblioteca recibiu os resultados da primeira avaliación deste curso. E, como a algúns de vós, as notas non deixan lugar a dúbidas: 1.355 préstamos (849 libros, 472 películas e 34 gravacións sonoras).

Así que tamén nós merecemos un descansiño. Vémonos o vindeiro ano!

Bo Nadal! e...



jueves, 17 de diciembre de 2009

A biblioteca de Lucía e Verónica


Lucía Garrido e Verónica Rodríguez, boas amigas, grandes lectoras, eficaces axudantes da biblioteca no seu tempo libre e aplicadas alumnas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, quixeron facer a súa estantería para mostrarnos o que elas consideran os seus libros máis "especiais".
Como pasan xuntas moito tempo é lóxico que tamén compartan lecturas. Así lles ocorre coa Saga Crepúsculo (aínda hai alguén no centro que non a lese?).

Polo demais parece que Verónica se decata pola literatura fantástica (Eragón, Mandrágora, Memorias de Idhún, Os Megatoxos) aínda que tamén deixa un curruncho para a historia ( El niño con el pijama de rayas).
Lucía le tamén en galego e por iso colocou na estantería Noite de voraces sombras e Mecanoscrito da segunda orixe sen olvidar os vampiros co libro de Marcada.

Todos estes libros tédelos á vosa disposición na biblioteca e, de igual xeito que Lucía e Verónica, podedes gozar da súa lectura en calquera momento.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Os 12 principais.

Esta estantería de propostas de lectura está feita con aqueles libros que teñen moita demanda na nosa biblioteca.
Así que, se queres levar para as vacacións algún deles, xa sabes: hai que estar "ao loro" para pillalos.

Por se non ves ben os títulos pasámovos a listaxe:

Cazadores de sombras, Crazy, La vergüenza del mastín, O único que queda é o amor, Made in Galiza, La ladrona de libros, La comerciante de libros, El cuento número trece, Ollos de auga, La mecánica del corazón, A tres metros sobre el cielo e La lluvia antes de caer.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Un agasallo? Un libro




De seguro que xa lle botaches unha ollada, ou non?

Se ti es de 1º ou 2º da ESO, esta guía con recomendacións de agasallo de libros xa debeu chegar á túa casa.


Dende a biblioteca queremos animarte a que busques as lecturas que che resulten máis apetecibles, ben na nosa guía, ben nas librarías, para incluílas dentro das túas propostas de agasallos.


Un último consello: unha vez co libro nas mans, dedicálle un pequeno tempo das túas vacacións para adentrarte na súa lectura e á volta, cóntanos se che gustou ou non.











A guía en pdf

viernes, 11 de diciembre de 2009

Ulysses Moore


Novos personaxes, novos misterios e máis aventuras están agardando por ti no novo libro da saga de Ulysses Moore, La ciudad escondida.

E mentres esperas o luns para collelo en préstamo, podes ir botándolle unha ollada ás primeiras páxinas do libro.

Ana Bloom tiene 12 años y vive en una antigua casa en el centro de Venecia. Un día, mientras busca a su gato Mioli, que ha desaparecido misteriosamente, encuentra un cuaderno escrito en una caligrafía incomprensible. Mientras lo hojea, Anita experimenta una sensación extraña, como si alguien le estuviera observando desde el otro lado de las páginas del libro... Pocos días después, gracias a la ayuda de un amigo, la chica descubre que, en realidad, el libro es una guía para llegar a una misteriosa ciudad, la Ciudad Escondida, y que todas las referencias que se mencionan tienen que ver con el mítico Ulysses Moore. Por ello, Ana decide viajar al Reino Unido para encontrarse con Julia, Jason y Rick...

Que non liches os outros libros da saga? Non hai problema! Tamén os tes na nosa biblioteca.

jueves, 10 de diciembre de 2009

De tod@s e para tod@s

Igualdade de todos os seres humanos Contra a discriminación Dereito á vida, á liberdade e á seguridade persoal Contra a escravitude Contra a tortura e os malos tratos Recoñocemento das persoas como suxeitos de dereitos Igualdade ante a lei Dereito a recorrer ante os tribunais Contra as detencións arbitrarias Dereito a un tribunal imparcial Dereito á presunción de inocencia Dereito á vida privada Dereito á libre circulación é á emigración Dereito de asilo Dereito a unha nacionalidade Dereito ao matrimonio Dereito á propiedade Dereito á liberdade de pensamento, conciencia e relixión Dereito á liberdade de expresión Dereito á liberdade de reunión e de asociación Dereito a participar no goberno Dereitos económicos, sociais e culturais Dereito ao traballo Dereito ao descanso Dereito a un nivel de vida digno Dereito á educación Dereito á cultura e ao progreso científico Dereito a unha orde internacional respectuosa cos dereitos humanos Deberes do individuo cara á humanidade A declaración non pode interpretarse en contra dos dereitos que proclama.
Lecturas que falan de dereitos humanos



jueves, 3 de diciembre de 2009

El mundo sobre ruedas

"Quiero contaros una historia. Es la historia de un niño que nació el 18 de julio de 1990 en Barcelona. Con el paso de los años sufrí algunos contratiempos. Uno de los que más se esforzaron para ganarse un sitio en el hall de la fama fue, seguramente, la leucemia que tuve a los cinco años y que me dejó en silla de ruedas a los ocho. Un buen día descubrí que tenía catorce años y ya no podía aguantar más las ganas de viajar, y tuve la suerte de tener unos padres que no intentaron encerrarme en un manicomio por el hecho de plantearles la idea de viajar a los catorce años.

Ya he estado en más de 25 países, entre ellos, Francia, Alemania, Bélgica, Holanda, Dinamarca, Grecia, Gran Bretaña, Italia, Bosnia, Serbia, Croacia, Hungría, Rumanía, Tailandia, Malasia, Singapur, Japón, Argentina, Chile, Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia, Panamá,... No obstante, lo que más suele sorprender a la gente no es que haya viajado a tantos lugares, sino la forma en la que me gusta hacerlo: totalmente solo. Ni familia, ni amigos, ni nada, sólo yo, mi silla de ruedas y mi mochila... y en el peor de los casos solamente gasto unos tres euros diarios, que es todo lo que me hace falta para comer. Lo mejor será explicaros la historia desde un principio."






Hoxe, Día da Discapacidade, pode ser un bo momento para comezar a viaxar con Albert Casals en "El mundo sobre ruedas"


Outras lecturas e películas coas que poderás achegarte a discapacidade

miércoles, 2 de diciembre de 2009

martes, 1 de diciembre de 2009

A mesa está servida

Cociñeiro, mesa e mantel, bandexas, menú, decoración de Nadal e... o mellor de todo: películas e libros listos para meterlle o dente. Vaste resistir?

Grazas as alumnas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa pola súa colaboración.

Related Posts with Thumbnails