Mostrando entradas con la etiqueta Plan Lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Lector. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de marzo de 2010

Le e viaxa

Como o Plan Lector deste trimestre vai de Viaxes e Expedicións, a biblioteca preparou unha mostra de libros cos que podemos percorrer o mundo.

Elixide destino, facede as maletas e vide polas vosas pasaxes:

Grazas a Elena e a Nuria, profesoras de plástica, pola súa colaboración.

martes, 13 de octubre de 2009

E seguimos mirando ao ceo

Novos enderezos para achegarnos ao Universo:


El juego del Big Bang


Astronomía.Un misterio en continua evolución



Heavens above (en inglés)




Estas ligazóns e moitas outras na páxina de Astronomía que tedes instalada nos ordenadores da biblioteca.

sábado, 3 de octubre de 2009

Tres soles

Grazas a Estela, Rocío e Sonia, alumnas deste centro, que dedicaron a tarde do xoves a montar a exposición dos libros de Astronomía.

Por facelo tan ben: quedades contratadas!


miércoles, 23 de septiembre de 2009

Mirando ao ceo

No primeiro trimestre deste curso non só o alumnado deste centro vai estar na lúa senón que tamén o profesorado vai ver as estrelas.
Pero non, non nos interpretedes mal: nin os alumnos e alumnas deste instituto van despistarse nos seus estudos, nin os profes imos sufrir ningún percance.

O que ocorre é que o Plan Lector comeza a súa andaina, é para estes primeiros tres meses decidiuse que todos xuntos imos aprender un pouco, ou non tan pouco, de Astronomía.

Asi que non vos estrañedes se algún día nos vedes a tod@s mirando ao ceo: estamos aprendendo.

A partir do vindeiro venres o programa Stellarium estará instalado nos ordenadores da biblioteca así como unha páxina con enlaces sobre o Universo.

Ah! E non esquezades onde están os libros de Astronomía: no andel que ten a CDU 52.
Related Posts with Thumbnails