Mostrando entradas con la etiqueta Aventuras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aventuras. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de noviembre de 2014

Comezamos a viaxe!

O próximo xoves, 20 de novembro, os rapaces de 3º A e B da ESO asistirán á presentación do libro "Los viajes de Shackleton a la Antártida" na libraría Biblos de Betanzos. 
Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar " A Antártida" que  organiza e coordina  a biblioteca para este curso.


miércoles, 6 de abril de 2011

A casa da luz



O pasado domingo, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, estreouse oficialmente a película " A casa da luz", baseada na novela do mesmo título de Xabier Docampo.


Como o propio autor do libro dixo en dita presentación: "O libro sempre é mellor cá película"; polo que vos recomendamos, primeiro, botarlle unha ollada ao libro e, despois, cando se estree de xeito comercial, ir ver a película.


O filme trata dunha historia de aventuras onde un grupo de rapaces pon de manifesto o valor da amizade e a forza da unión.


Para nós, ademais, ten un atractivo especial: boa parte dos exteriores están rodados en Betanzos, que, como non podía ser doutro xeito, sae precioso, e as tomas de interior están gravadas no pavillón do noso instituto. Así, podemos ver que nos créditos finais, un dos agradecementos é para o IES As Mariñas. Sentiredes, por tanto, que a película tamén é un pouco nosa.







viernes, 11 de diciembre de 2009

Ulysses Moore


Novos personaxes, novos misterios e máis aventuras están agardando por ti no novo libro da saga de Ulysses Moore, La ciudad escondida.

E mentres esperas o luns para collelo en préstamo, podes ir botándolle unha ollada ás primeiras páxinas do libro.

Ana Bloom tiene 12 años y vive en una antigua casa en el centro de Venecia. Un día, mientras busca a su gato Mioli, que ha desaparecido misteriosamente, encuentra un cuaderno escrito en una caligrafía incomprensible. Mientras lo hojea, Anita experimenta una sensación extraña, como si alguien le estuviera observando desde el otro lado de las páginas del libro... Pocos días después, gracias a la ayuda de un amigo, la chica descubre que, en realidad, el libro es una guía para llegar a una misteriosa ciudad, la Ciudad Escondida, y que todas las referencias que se mencionan tienen que ver con el mítico Ulysses Moore. Por ello, Ana decide viajar al Reino Unido para encontrarse con Julia, Jason y Rick...

Que non liches os outros libros da saga? Non hai problema! Tamén os tes na nosa biblioteca.
Related Posts with Thumbnails