lunes, 15 de abril de 2013
Hmm....!!!
Toda unha regalía para os ollos e unha delicia para os paladares.
Agardamos polas receitas de tan sabrosos pratos.
Moitas grazas!
viernes, 21 de octubre de 2011
A vindeira semana en As Mariñas...
Comidas terroríficas, lecturas de pánico, películas que che faràn tremer, desfile de cabazas, contos de medo, os mundos dos mortos... e para rematar tod@s comeremos castañas.
Non cho podes perder!
miércoles, 13 de abril de 2011
A cociñar!!
A Miguel Otero Lista, alumno de PD3, gústalle moito cociñar e quere compartir con todos nós algúns dos seus trucos para que os pratos resulten máis saborosos. A súa primeira proposta é: Gambas al ajillo a la pimienta.Ingredientes: -Medio kilo de gambas
-Un diente de ajo
-Pimienta negra
-Ajo molido
-Perejil molido y en rama
-Una guindilla
-Aceite
Elaboración: Pones una sartén al fuego, le echas aceite y pones en la sartén una guindilla partida por la mitad. La dejas 6 minutos y la sacas, después coges las gambas y las echas dentro de la sartén. Al cabo de 15 minutos le echas el perejil, remueves y le echas el ajo molido. Cuando estén doraditas, le echas pimienta negra.
Presentación: Coges un plato y pones las gambas en forma de cero. Coges el perejil de rama y lo pones al lado, haciendo como si fuera una rama. Después coges el ajo y lo pones en el centro.
Se, como Miguel, tes afección pola cociña ou queres aprender como se fai, na biblioteca tes moitos libros de cociña.
martes, 27 de abril de 2010
Que trema "El Corte inglés"!
Si, si, que trema, que este ano a biblioteca decidiu facerlle a competencia e está a ofrecerlle ao alumnado o agasallo ideal para súas nais: unha hora de tempo libre.martes, 23 de febrero de 2010
Hmmm!
A cociña de Larpeiros deu o pistoletazo de saída; as 150 receitas do popular cociñeiro e o seu percorrido pola cociña tradicional galega é un dos libros máis demandados polas familias do noso alumnado e, como o boca a boca, nunca mellor dito, é a mellor publicidade, a pregunta que comezou a rular foi: tedes libros de cociña?
Logo chegou Una cocina tan grande como el mundo coa que temos a oportunidade de darlle a volta ao mundo, descubrindo países e culturas a través de 60 receitas, todas cunha preparación tan sinxela que non é preciso ser un expert@ entre os fogóns.
Pero a pregunta seguiu sendo a mesma, só que trocou o matiz : tedes máis libros de cociña?
E por iso agora decidimos ampliar a oferta con dous títulos que nos amosan como cociñar de máis de 100 xeitos diferentes dous alimentos moi cotidiáns na nosa dieta: as patacas e a pasta. Apetece, non si? Pois xa sabedes: dicídeo nas vosas casas e achegádevos á biblioteca para levalos en préstamo: Patatas, más de 100 irresistibles recetas e Buen provecho, pasta.