miércoles, 17 de diciembre de 2008

Eu para Nadal pido...

Aínda non mercastes os agasallos?
Anotastes xa na listaxe dese libro que vos interesaba?
Non sabedes moi ben que libro pedir?
Se queredes unha axuda, preguntádelles aos vosos pais, de seguro que eles vos botarán unha man á hora de elixir algún título interesante.


Ademais, xa tedes na vosa casa o boletín de recomendacións desta biblioteca.
Como? Que aínda non vos chegou? Que non sabedes onde se meteu? Non hai problema! Clica aquí e, ademais dun agasallo para ti, atoparás algo para os teus.

Boas lecturas de Nadal!

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Non quedou outra!



Ante a listaxe de espera que se estaba formando para poder levar á casa este libro, a biblioteca decidiu aumentar o número de exemplares de Crepúsculo.


Descoñecemos se o que funcionou foi o boca a boca, a estrea da película (o pasado día 5) ou ambas as cousas á vez. Pero o que é ben certo é que o libro engancha, e se non, que llo pregunten a todas e todos aqueles que xa o leron.


Avisados quedades: 4 novos exemplares de Crepúsculo á vosa disposición na biblioteca.

martes, 9 de diciembre de 2008

Xogando cos libros


Ler ten premio é unha iniciativa promovida por CEDRO, o Plan de Fomento da Lectura, o Servizo de Orientación á Lectura e a Federación de Gremios de Editores de España, unha proposta máis para incentivar a lectura: un xogo online sobre literatura.
Hai que situar 20 personaxes que fuxiron dos seus libros a través das pistas que proporcionan. A primeira tarefa é deter o personaxe que corre e se agocha entre os libros; cantas máis pistas, menos puntos; os personaxes secundarios dan máis puntos cós protagonistas.
Poderedes xogar durante todo o mes de decembro.

Os premios son:

: Un smartphone modelo HTC ou similar.
y : Un GPS G350, deseño slim, con pantalla táctil e navegación por voz.
al 10º: Un marco dixital modelo Vision Middle, con pantalla TFT LCD de 5,6 pulgadas.

Premede na imaxe e... a xogar!!!

Facilitounos esta información Trafegando ronseis

lunes, 1 de diciembre de 2008

1 de Decembro: Loita contra a SIDA

Ravi, o protagonista de "El secreto mejor guardado" é un dos 14 millóns de menores no mundo que son orfos a causa da SIDA.

A curtametraxe forma parte do documental "En el mundo a cada rato" onde 5 directores a través de 5 historias denuncian a falta de dereitos básicos de nenos e nenas en distintas partes do mundo.


Related Posts with Thumbnails