Mostrando entradas con la etiqueta Entrevistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entrevistas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de junio de 2008

David (3º ESO). Pai e fillo falan de lectura.

- Ola papá! Importaríache contestarme a unhas preguntas relacionadas coa lectura?
- Non, podes empezar xa.
- Soes ler libros a miúdo?
- Non agora non leo nunca, tan só leo os xornais, a maioría deportivos.
- E entón, antes si acostumabas a ler moito?
- Aínda lía bastante pero funo deixando e deixando ata que parei de todo.
- E que lias?
- Lia un pouco de todo.
- Non había ningún tipo que che gustase en especial?
- Home si, a min o que máis me gustaba era ler novelas de vaqueiros. - Cantas levas lido?
- Bbuufff, moitas, nunca me parara a pensar niso.
- E, como facías para conseguilas?
- Eu mais os meus compañeiros cambiabámonolas.
- Todos liades o mesmo tipo de novelas?
- Si, a todos nos gustaban e, ademais era unha forma de pasar o tempo e non se aburrir.
- Ben pois, moitas grazas por contestarme as preguntas papá.
- De nada ho! Eu tamén o paso ben cando che falo das cousas da miña xuventude.

Escrito polo reporteiro David Gómez García.

martes, 17 de junio de 2008

Miguel (3º ESO) entrevista unha lectora novel: súa irmá.

É nova, ten 8 anos; pero isto non lle impide ser una afeccionada á lectura; non le libros grosos nin libros q a xente di que están moi ben, non, le libros pequenos e curtos adaptados á súa idade e o que é máis importante, que lle gustan a ela.
Xa sei que é una persoa nova, pero a que idade comezou a ler libros de historias?
Non o sei seguramente, pero arredor dós 4 ou 5 anos.
Cando adoita ler?
Adoito ler sobretodo pola noite, antes de me acostar, aínda que tamén leo de vez en cando pola tarde.
Canto tempo lle adica á lectura? Pois depende do libro, se me gusta ou non, pero arredor de media hora diaria, e normalmente sobre uns 4 días á semana.
Intento adiviñar a resposta á seguinte pregunta, pero, que tipo de libros acostuma ler?
Infantís, sobretodo baseados en debuxos animados.
As bandas deseñadas están a coller forza nos últimos anos, é seguidora deste tipo de literatura?
Si, poderíase decir que si, gústanme moito xa que combinan dúas das cousas que máis me gustan, debuxo e lectura.
Gustaríame que nos comentase un pouco o último libro que leu.
O último libro que estiven a ler foi o de Os Bolechas fan maxia, son una seguidora desta serie porque son libros fáciles de entender e moi divertidos. Nel fálase dunha familia, os Bolechas, neste caso Loli fai maxia como espectáculo para a súa familia.
Por último quería pedirlle que nos recomendase algún libro que lera e que lle gustara especialmente.
Gústanme moito mos libros de Disney basados nas películas de animación, como Cars e A Cincenta, ademais da serie de libros dos Bolechas. Divírtome moito lendo estes libros. Non vos arrepentiredes de lelos.

miércoles, 11 de junio de 2008

Alba (3º ESO). Entrevista a un lector: seu pai.

Cando meu pai entra entra na miña habitación para decirme se quería ir con el a dar un paseo por Sada eu dígolle que máis tarde xa que lle quería facer unha entrevista sobre a lectura , e el acepta encantado. E mentres se acomodaba sobre a miña cama ,comezan as preguntas:
- Que é para ti un libro?
- Para min un libro é unha guía para descubrir e interpretar o mundo.
- Gústache ler?
- Si, moito, porque me encanta a linguaxe, as linguas , os, as, uns, unhas…
- Cal é o teu libro favorito?
- O meu libro favorito? Non teño libro favorito pero penso que os meus libros favoritos o son por etapas, son os que pasan pola miña mesiña de noite, de onde nunca caen o Evanxeo nin a Biblia .
- Estas lendo algún libro agora?
- Si
- Cal?
- El Viento de la Luna , de Antonio Muñoz Molina , regaláchesmo ti en Reis,non te acordas? Pero como estaba lendo El Nombre de la Rosa , de Umberto Eco e Las Manos del Buen Dios de Rilke ,pois non tivera tempo para empezalo .
- Acabaches de ler El Nombre de la Rosa?
- Non, non fun quen de terminalo.
- Por que?
- Porque era moi denso; as descricións eran demasiado extensas .E unha cousa é que me guste ler e outra que teña tempo para facelo. Hai momentos pola semana en que non teño tempo ou pouco tempo para dedicarme a lectura dun libro.
- A que idade empezaches a ler?
- Sobre os 4 ou os 5 anos.
- Cando te empezaches a interesar pola lectura de libros?
- Tiven uns amigos que eran moi bos lectores, era estudantes de filosofía, e a min me impresionaba o caudal expresivo e de relación que eles tiñan grazas a lectura, así que sobre os 20 anos. Pero agora que me lembro, tamén cando tiña 15 anos e estaba na escola, empecei a pensar que o mundo necesitaba ser interpretado e que escodía misterios e que un libro é como aquela visión que desexases pusuír e da que tes que contentarte; mirar todo polo burato dunha porta .
- Soes ler en galego?
- Bueno, non moito xa que me costa bastante pero encántame o galego.
- Soes comprar xornais?
- Si, os sábados e os domingos ; El País, El Mundo, La Voz de Galicia e non me soen pasar desapercividos os suplementos literarios e semanais destes xornais . Mais ben , son lector de suplementos que de libros (risas) .
- Regalaches algunha vez un libro teu?
- Si, agora mesmo venme a memoria un libro que boto de menos na miña biblioteca chamado, Industrias y Andanzas de Alfanhuí , de Rafael Sánchez Ferlosio, estou interesado en seguir lendo este autor .
- De que trata?
- Trata dun neno pequeno que non sabe ler nin escribir e que se inventa un idioma.
- Do que estou convencido é de que un libro hai que lelo “sen soltalo da man” demasiado tempo.
- Ben, moitas grazas, e deséxoche que poidas encher o tempo libre con boas lecturas .

Escrito pola nosa reporteira: Alba Fernández Pato.

martes, 29 de abril de 2008

Todos os libros son imprescindibles.

Charla cun lector de 78 anos.

1. Cal foi o primeiro libro que liches?
As miñas primeiras lecturas remóntanse á escola. Primeiro foi o silabario, logo o Catón e canda este, tiñamos que aprender de memoria, cada día, un anaco da cartilla.

2. Que libros lías de mozo?
Aos 17, 18 anos lía novelas do oeste. Mercabámolas na libraría de Ordes. Tamén as había de segunda man, nas mesmas librarías por 25 céntimos dos de antes (1 real). Lembro que aos 21 anos, costaba cambialas 1 peseta. Todos liamos novelas do oeste, era a moda. Nas cidades chegaban antes as novidades.

A época en que máis lin foi en Lugo, durante o servizo militar (quinta do 50). Todos os soldados tiñan novelas do oeste.

3. Por que deixaches de ler tanto?
En canto rematei a mili comecei a traballar en serio e xa non tiña moito tempo.

4. Cando comezaches coa aventura da lectura outra vez?
Haberá sete ou oito anos, desde que me xubilei, máis ou menos.

5. Cantos libros les ao mes?
Segundo como sexan. Leo unhas 200 ou 300 páxinas á semana. Nun día de invernía, cando non saio fóra, chego a ler unhas 150, 175 páxinas. Non me dedico só a ler, teño que traballar tamén no campo: crío faisáns, coellos, galiñas... De cando en vez restauro algún moble, culetas de escopetas de caza que me traen...

6. Que libro consideras imprescindible?
Todos os libros son imprescindibles.

A min gústanme os de intriga, os de historia, os de aventuras, os que se basean en feitos reais...
De entre os que máis me gustaron están: O clan do oso cavernario, Los pilares de la tierra (mellor o segundo que o primeiro), as aventuras do capitán Alatriste, El código Davinci, Un médico en el Congo de Joaquín Sanz Gadea, os de Agatha Christie, os de Harry Potter...

El Quijote lino polo 50, en 8 tomos de 40 x 30 cm, tiña letras douradas, títulos xigantes... era unha edición moi rica que me deixara un canónico en Santiago.

7. Que libro lles recomendarías aos nosos alumnos?
Á parte dos de Harry Potter, que sabemos que lles gusta a todos os rapaces, ou os de Agatha Christie, eu recomendaríalles El hombre sin cara, a historia do home invisible; e para os máis maiores: El clan del oso cavernario ou Un médico en el Congo.

8. Que libro lles recomendarías aos teus netos?
A neta, de 10 anos, é tamén moi lectora. Agora está lendo os meus do Harry Potter e Las aventuras del pequeño Nicolás que lle regalou o outro neto, Alberto, de 23 anos, el tamén me deixa os seus libros para ler; gustárame moito Sinuhé el egipcio.

Imprescindibles para Antonio Sánchez Suárez, pai da profesora Iolanda.
Related Posts with Thumbnails