Ten publicados máis de 60 libros con fotos tomadas desde helicópteros e globos aerostáticos. Algúns deles telos á túa disposición na biblioteca e con eles gozarás coas súas imaxes mentres te achegas á natureza.
jueves, 27 de noviembre de 2008
A natureza en imaxes
martes, 25 de noviembre de 2008
As crónicas de Narnia
Na nosa biblioteca podes atopar os cinco primeiros libros:
- El sobrino del mago Narnia..., un lugar polo que deambulan bestas parlantes..., onde agarda unha bruxa..., onde un novo mundo está a piques de nacer.
- El león, la bruja y el armario Narnia..., un mundo conxelado..., unha terra agarda a súa liberación.
- El caballo y el muchacho Narnia..., un lugar onde os cabalos falan..., onde se maquina unha traición..., onde o destino agarda o seu momento.
- El príncipe Caspián Narnia..., un lugar onde os animais falan..., onde as árbores andan..., onde se está a piques de librar unha gran batalla.
- La travesía del caballero del Alba Narnia..., onde un dragón esperta..., onde as estrelas deambulan pola terra..., onde calquera cousa pode suceder.
E despois de lelos, lembra, na nosa carteleira atoparás as dúas películas que se fixeron baseadas nestes libros: "El león, la bruja y el armario" e " El príncipe Caspián".
Non as perdas!
lunes, 24 de noviembre de 2008
Violencia machista
Una de las principales enseñanzas que se extrae de esas charlas es que la semilla del machismo germina pronto. "No me gusta que te pongas esa falda tan corta". "¿De qué hablaste con ese chico durante una hora?". " No te pintes tanto". " No quiero que vayas sola a la discoteca". No, no, no... Es la convivencia de lo negativo. O el negativo de la convivencia. Son frases que pronuncian chavales de quince o dieciséis años, según sondeos realizados entre alumnas de instituto. La llamada violencia de género también se da entre parejas conformadas por menores.
El fenómeno de maltrato no entiende de edades. Según un estudio de la Universidad de Sevilla, el 6 por ciento de las mujeres son agredidas por sus parejas ya en la adolescencia. El problema se da más frecuentemente entre los catorce y dieciséis años, y la mayoría de las chicas - el 70 por ciento - mantiene su amistad con el maltratador. Muchas de las víctimas creen que los abusos de que son objeto son normales.
Tampoco en esos se diferencian de los adultos.
"Mis sentencias ejemplares", Emilio Calatayud ( Xuíz de menores de Granada)
miércoles, 19 de noviembre de 2008
Para coñecer mellor a nosa biblioteca
Viredes en grupos pequenos, e xuntos localizaremos libros, colocarémolos no seu sitio nos andeis, buscaremos información nos xornais e revistas, aprenderemos a sacarlle máis proveito aos dicionarios e enciclopedias, ... e ademais fuchicaremos niso que tanto vos gusta: o ordenador. Pero, iso si, para a busca de información, como está mandado. Non imos romper as normas!
Clicando na imaxe poderás coñecer mellor a biblioteca.
lunes, 17 de noviembre de 2008
Póñame unha de números, por favor
jueves, 13 de noviembre de 2008
Ciencia
Para saber máis da ciencia e dos seus científicos achégate á biblioteca. Temos unha pequena exposición para ti.
miércoles, 12 de noviembre de 2008
Cursos en Torres de Malory
Conta a historia dun internado de alumnas nas que sempre sucede algo.
A protagonista chámase Darrel, é unha nena con algo de xenio...
Dentro das súas amigas hainas bromistas como Alicia, algo creídas, estudosas...
pero non hai ninguén como a súa amiga da alma.
Bueno agora non vos conto máis, se queredes saber algo sobre el, lédeo.
Haino na biblioteca.
Un saúdo, Eva.
domingo, 9 de noviembre de 2008
Como, quen, cando?
Como pode un barco flotar no mar?
Quen gravou a primeira canción?
Cando se espertan os volcáns?
Como....?
Quen....?
Cando...?
jueves, 6 de noviembre de 2008
El laberinto de la rosa
lunes, 3 de noviembre de 2008
Os difuntos falaban castelao
Os mortos regresan ás Mariñas. Desta volta veñen da man do alumnado de Literatura Galega do século XX de 2º de Bacharelato e capitaneados pola profesora Marisé. Eles foron quen lles puxeron voz ao relato de Ánxel Fole "Os difuntos falaban castelao", incluído no libro: Á lus do candil. A biblioteca encargouse de darlle animación coa presentación que vedes enriba, e o Departamento de música recomendounos a melodía para acompañalo.
Hoxe asistiron ao acto os nosos primeiros de ESO. Durante esta semana a biblioteca será a lareira onde se contarán máis historias de medo.