Mostrando entradas con la etiqueta Oscars 2009. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oscars 2009. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de marzo de 2009

Vals con Bashir, a Historia debuxada

"Un descenso al infierno en dibujos" ( El País)

"Ari Folman estremece con la pesadilla de Sabra y Chatila" (Público)

"As últimas e conmovedoras imaxes catapultan a animación ao drama real, arrincándolle bágoas ao espectador" ( Elle)

"Unha decisión artística que permite que os pesadelos dos exsoldados sexan aínda máis aterradores, ademais de achegar unha dimensión apocalíptica e surrealista a esta película orixinal, universal e turbadora" ( Le journal du Dimanche)

Vals con Bashir é un documental que recolle testemuños e sucesos reais sobre a matanza indiscriminada en Sabra y Chatila (1982) coa particularidade de utilizar a animación para presentalos.


Tamén na sección de banda deseñada podemos atopar dous libros baseados en feitos históricos:

Persépolis que nos achega á revolución iraní a través dos ollos de Marjane Satrapi

E Maus, gañadora do Premio Pulitzer, onde o autor narra a vida de seu pai, supervivinte dos campos de exterminio nazis.



Vals con Bashir: Nominada a mellor película en fala non inglesa

lunes, 2 de marzo de 2009

Wall-E

Despois que a Terra fose devastada pola contaminación ambiental, os humanos deciden abandoala e deixan funcionando os robots Wall-E para que a limpen. Logo de setecentos anos só queda en activo un Wall-E que recibe a inesperada visita doutro robot que busca vida neste esquecido planeta.

Esta é a trama de Wall-E, película animada de ciencia ficción, que atoparás nos andeis de Dvds da biblioteca.

Gustache a ciencia ficción?, entón achégate ata a narrativa e alí atoparás "o mellorciño" deste xénero:

Crónicas marcianas de Ray Bradbury


Robots e Imperio de Isaac Asimov




Wall-E: Mellor película de animación

domingo, 1 de marzo de 2009

Como non foi xenial, non tivo inimigos (Oscar Wilde)

Mi nombre es Harvey Milk conta a loita polo recoñecemento dos dereitos dos homosexuais nos EEUU. A película, baseada en personaxes e feitos reais, transcorre nos anos setenta na cidade de San Francisco (California).

No film, onde Sean Penn fai o papel de Milk, vemos o cambio dun home que pasa de estar “agochado no armario” a un home que reivindica, apoia, loita e defende o dereito das persoas a elexir a súa propia sexualidade sen que isto poida mermar o respecto do resto da sociedade.

Na biblioteca atoparemos as historias, reais ou ficiticias, de homes e mulleres que loitaron pola defensa dos dereitos humanos e libros que na súa temática tratan situacións onde eses mesmos dereitos son transgredidos, pero tamén atoparemos a Oscar Wilde, escritor irlándes que sufriu cadea durante dous anos ao ser denunciado por ter relacións con outro home.

Entre os libros da nosa biblioteca escritos por Wilde destacamos dous directamente relacionados coa súa experiencia na prisión, da que saíu arruinado material e espiritualmente: De profundis, carta escrita pouco antes de sair do cárcere e dirixida ao seu íntimo amigo, e A balada do cárcere de Reading, poema onde describe os seus sentimentos sobre o mundo carcerario.




Mi nombre es Harvey Milk (Milk): Mellor actor

sábado, 28 de febrero de 2009

A clase

“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.”


François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos.

A película baseada na novela e do mesmo título, rodouse nun instituto real onde os rapaces e as rapazas, os seus pais e nais e os seus profesores e profesoras, fixeron de actores e achegaron aspectos da súa vida que dotou a película dun maior realismo e autenticidade. Só o personaxe do profesor corresponde a un actor, que é ademais mestre e autor do libro.

Outras clases:


La clase (Entre les murs): Nominada a mellor película en fala non inglesa.









viernes, 27 de febrero de 2009

Mulleres con premio

Kate Winslet foi unha das premiadas nos últimos Oscars polo seu papel de Hanna na película El lector baseada no libro escrito por Bernhard Shlink do que xa falamos non unha, senón dúas veces neste mesmo blogue.

E Penélope Cruz conseguiu o seu premio pola súa interpretación de Mª Elena na película Vichy Cristina Barcelona.


Barcelona? Quen dixo Barcelona? Coas ganas que teño eu de ir alí, de pasear polo barrio gótico e visitar La catedral del Mar, de comprobar se é certo ou non a existencia do cemiterio dos libros olvidados, de pasear polo ensanche vendo os edificios modernistas de Gaudí e de practicar o inglés falando cos turistas que abarrotan a cidade. Eso sí, tamén collerei na biblioteca a guía visual de Cataluña para preparar ben a viaxe.

The Reader (El lector): Mellor actriz

Vichy Cristina Barcelona: Mellor actriz de reparto

jueves, 26 de febrero de 2009

Nacer con 80 anos

A película El extraño caso de Benjamin Button baséase nun relato escrito por F. Scott Fitzgerald en 1922 e inspirado nunha cita do escritor Mark Twain: "A vida sería infinitamente máis alegre se puidésemos nacer con 80 anos e nos achegásemos gradualmente aos 18".

Se queres ler o relato orixinal clica na imaxe e asi poderás comprobar as similitudes e diferenzas co filme que narra a historia dun neno que nace con 80 anos e, que a medida que pasa o tempo vai sendo máis xove ata que chega a converterse nun bebé.


Tamén no conto "O neno suicida", incluído no libro Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, aparece a figura dun recén nacido vello.



El curioso caso de Benjamin Button: Mellor deseño de producción , mellor maquillaxe e perruquería e mellores efectos especiais

miércoles, 25 de febrero de 2009

Que é un slum?

Na India coñécese como slum calquera barrio marxinal de calquera da súas grandes cidades.
Son asentamentos absolutamente precarios onde un é capaz de esquecer calquera resquicio de condición humana, polo menos por comparación aos seus semellantes da gran urbe. Nin educación, nin sanidade, nin seguridade, nin protección social, nin oportunidades de emprego, nin electricidade, nin auga potable. Só letrinas compartidas por centos de persoas e chabolas de lata, plástico e bambú duns 10 metros cadrados onde viven familias de oito ou dez membros.

Na India máis da metade da poboación urbana (un 55%) vive nun slum.

Na película Slumdog millonaire, máxima galardonada nos últimos oscars, recóllense as condicións de vida neses barrios e as consecuencias terribles que a miseria ten sobre os nenos e as nenas.

Tamén e desde a biblioteca podemos achegarnos a esa realidade a través do libro Sonrisas de Bombay, escrito por Jaume Sanllorente, un barcelonés que a partir dunha viaxe á India e da impresión que lle causou a desprotección deses nenos e nenas, decidiu instalarse en Bombay e dedicar a súa vida a loitar contra a pobreza.

Dúas formas, a película e o libro, de invitarnos a coñecer as vidas dos máis desfavorecidos.


Slumdog Millonaire: Mellor película, mellor director, mellor guión adaptado, mellor canción, mellor banda sonora, mellor montaxe, mellor fotografía e mellor son.
Related Posts with Thumbnails