viernes, 16 de diciembre de 2011

Entre tonos de gris

Diana García Rojas, alumna de 2º de Bacharelato, quere compartir con todos nós a súa última lectura: Entre tonos de gris.



Tenéis que leerlo. A pesar de que la historia la cuente Elena, una chica de 15 años, no deja de ser por ello muy dura y no suaviza nada los horrores que tuvieron que pasar muchas familias.


Es un libro que nos cuenta lo que tuvieron que sufrir millones de personas durante la Segunda Guerra Mundial. Lo más conocido de esta época es el holocausto nazi que realizó Hitler, pero Stalin también realizó actos igual de escalofriantes y este libro intenta dar a conocer tales horrores. Cuando la Unión Soviética, al mando de Stalin, llegó a Lituania, Letonia y Estonia arrasaron con todo. Crearon listas de personas declaradas antisoviéticas, personas que fueron perseguidas, asesinadas, encarceladas y deportadas como esclavas, llevando a familias enteras a campos de trabajo. Separándolos incluso de otros miembros de su familia a miles de quilómetros, haciéndoles pasar unas condiciones infrahumanas durante años y años.


Es una dura realidad que nos muestra la autora al presentarnos a Elena y su familia. La policía secreta entra violentamente en su casa y obliga a su familia a subir a un camión que los llevará a Siberia con otros detenidos. A pesar de la situación estaban llenos de esperanza con que pronto acabaría todo. Yo creo que es en esos momentos tan duros cuando la esperanza nos hace aferrarnos a la vida con uñas y dientes, y el optimismo ante las adversidades es la mejor arma.


Hay momentos realmente tristes, aunque la fuerza de Lina, la madre de Elena, y otros como ella por sobrevivir, y en especial por dejar testimonio de lo que sucedió y que no se olvide jamás, es admirable.


De esta forma te das cuenta de que hay gente maravillosa, porque en situaciones como ésta es fácil ser egoísta y mirar por uno mismo. Pero no, incluso en tragedias como ésta hay gente capaz de compartir lo poco que tienen con los demás.


El final puede parecer algo precipitado pero es que si fuese mucho más extenso puede que le quitara protagonismo al resto de la historia. Lo que tiene que perdurar en nuestras mentes es la historia en sí, sea cual sea el final.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Mercadillo solidario

Hai dous anos foi por Haití.


O pasado curso polo Bubisher.


Agora vai por Terra de homes, un proxecto de axuda á infancia desamparada sen preocupacións de orde político, racial ou confesional.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Na biblioteca, un agasallo para ti...




Paso 1.- Busca unha lectua apropiada para a persoa que ti queiras (alumn@ ou profesor@).


Paso 2.- Fai o préstamo do libro escollido ao teu nome.


Paso 3.- Pide a felicitación para cubrir os datos.


Paso 4.- Na biblioteca encargarémonos de empaquetar o libro e poñerlle a túa tarxeta de regalo.


Paso 5.- O día 20 deste mes se poderán recoller as "lecturas-agasallo"



Animádevos!

viernes, 2 de diciembre de 2011

2 de decembro, día da discapacidade: A xordeira

Moitas veces descoñecemos a cantidade de cousas singulares que temos no noso entorno simplemente porque non as vemos. Como se non existisen. Unha delas é o mundo das persoas xordas, que normalmente pasan desapercibidas na sociedade.




O que poden aportarnos e as circunstancias que viven día a día é motivo abondo para indagar, cando menos, en libros e películas desta temática. O enriquecemento persoal está garantido.







Outras discapacidades na literatura e no cine

martes, 22 de noviembre de 2011

Algunhas das novidades de novembro






Clicando nas imaxes, teredes máis información dos libros.





miércoles, 16 de noviembre de 2011

Bibliotecas escolares galegas


Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10,11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.


As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza en elas día tras día.

martes, 15 de noviembre de 2011

Para que te enteres





Cres que é certo que só usamos o 10% do cerebro?


Ou que un ano dun can equivale a sete dunha persona?


Ou que a Gran Muralla china é o único obxecto feito polo home que se ve desde o espazo?


Pois equivócaste de medio a medio...



Descubre cantas ideas que sempre consideraches verdadeiras non son máis que falsas crenzas, inexactitudes ou lendas urbanas no libro "Increíble pero mentira. La verdad sobre un sinfín de cuentos que siempre diste por ciertos".

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Gústame





Esta biblioteca está encantada de estar representada no mural que Sahara Bubisher colgou no seu facebook. A cousa non é para menos xa que o Bubisher, un marabilloso proxecto que achega a lectura aos campamentos saharauís, forma parte das nosas ilusións e por iso o club de lectura As Mariñas Lectoras quixo, hai un tempo, colaborar tamén con el.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Palabras envenenadas



Este es un libro es muy impactante. Yo sentía asco y repugnancia cuando hablaba de los abusos sexuales, del maltrato entre padre e hija.


La verdad es que está muy bien relatado, hace que te metas dentro de la lectura y tú seas la protagonista.


El único fallo que le veo es el final, me gustaría que lo alargaran un poquito más, que fuera un final más bonito.


Unha recomendación de lectura de Leticia Rosende, alumna do Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Magosto-samaín 2011 nas Mariñas


É a mañá do 28 de outubro e nas Mariñas son todo preparativos para os festexos do magosto-samaín:

A entrada está engalanada con cabazas decoradas, libros, teas de araña, paneis de castañas e cabazas...

No campiño, entre as árbores, alumnado de PD3 prepara as brasas nun asador, artellado polo alumnado do ciclo de Automoción. Tamén encetan as castañas para que ao poñelas ao lume non boten a correr. Logo ásanas e ...

Ás 12, todas/todos a comer o doce manxar do magosto. Están sabrosísimas e asadas no punto exacto. Parabéns aos que fixeron tan bo traballo.

Logo imos para o Salón de Actos, que comezan as actuacións:

Video de imaxes e música do IES de Melide.

Entrega dos premios aos mellores artistas decorando cabazas.

Lectura do alumnado de 1º de ESO dos textos de medo que crearon.

E chégalles o turno aos de 2º que corean un "esconxuro do samaín"

E conclúen os de 4º coa lectura dramatizada dun relato de medo, acompañada de imaxes.

Despois de tanta festa, chega a hora de marchar para as casas: a disfrutar da ponte e a pensar xa no samaín 2012.

jueves, 27 de octubre de 2011

A cabaciña lectora




Xa veredes que ben están as outras que están preparadas para o desfile de mañá






Como podedes observar a nosa cabaciña está lendo o libro "A illa do tesouro" de Robert L. Stevenson.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Hallow... que?




Que....? A túa cabaza aínda chega a tempo para o concurso, pero non te demores.

Pensa: orixinalidade, pavor, esforzo.... non han quedar sen recompensa o venres.


MANS Á OBRA E A PARTICIPAR TODAS E TODOS NO CERTAME DE CABAZAS!!!!!!!

lunes, 24 de octubre de 2011

Lecturas para o Samaín











Unha selección de libros e películas para estes días terroríficos



Tamén en pdf

viernes, 21 de octubre de 2011

A vindeira semana en As Mariñas...

vaise pasar moito medo.





Comidas terroríficas, lecturas de pánico, películas que che faràn tremer, desfile de cabazas, contos de medo, os mundos dos mortos... e para rematar tod@s comeremos castañas.




Non cho podes perder!

martes, 18 de octubre de 2011

jueves, 13 de octubre de 2011

Novidades do mes

Narrativa, cómic, divulgación, poesía,...





viernes, 7 de octubre de 2011

Intercambio matemático

Cristina Blanco, ex-alumna deste centro e agora estudante universitaria, non quere perder o contacto con nós e por iso nos envía un enigma para que "rompan a testa" os profes de matemáticas:




E nós, que tamén botamos en falta a Cristina e aos seus artigos neste blog, dedicámoslle estas fermosas imaxes da sucesión de números de Fibonacci:



Grazas e sorte, Cristina. Aquí tés a túa biblioteca.

miércoles, 5 de octubre de 2011

Hoxe, 5 de outubro : Día mundial da docencia

En 1993, a Internacional da Educación (IE), que agrupa case catrocentos sindicatos en máis de cento setenta países, e a Unesco declararon o 5 de outubro Día Mundial da Docencia como homenaxe ao papel central que o profesorado ten na educación das novas xeracións e no desenvolvemento dos países, e como recoñecemento á contribución vital que supón a docencia para os nenos e nenas, a mocidade e as persoas adultas durante todo ese longo proceso de aprendizaxe que é a vida. A educación é un ben común, un compromiso social que distingue e marca o progreso dun país.




Para saber máis

lunes, 3 de octubre de 2011

Primeiras recomendacións do curso

Leticia Rosende, alumna do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, comezou o curso levando algunha das novidades da biblioteca e, como lle gustaron moito, quere facernos partícipes das súas lecturas.

Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra


Ya hacía tiempo que no leía un libro que enganchara desde el momento uno, que tuviera tanta esencia e informara de todo lo que hay detrás de cada modelo, de cada persona. Lo que más me impactó fue el tema de la anorexia en niñas tan jóvenes y todo por seguir el modelo de su actriz, de su heroína, de su ídolo. Yo recomiendo leer este libro, porque, la verdad, está muy interesante.




Pomelo y limón de Begoña Oro


Este libro es muy divertido e intrigante, sobre todo porque se recrea a través de una niña de 14 años que escribía en su blog y hablaba de las cosas que suelen hablar las niñas: amor, chicos,...


Lo más fuerte es que está contando su propia historia sentimental. Si lo llegáis a leer, meteros en los enlaces que pone en el libro y así entenderéis mejor toda la historia.

martes, 27 de septiembre de 2011

Comezamos!

Que mellor comezo que unha visita á Biblioteca Central dunha cidade europea?

E que cidade?


Iso terédelo que adiviñar vos... e por iso darémosvos unhas pequenas pistas:

1ª.- Está no país do autor do libro "La cena"


2ª.- É a cidade do pintor do cadro "Lección de anatomía"


3ª.- Nesta cidade viviu unha rapaza que escribiu un diario moi famoso



miércoles, 29 de junio de 2011

Agora si...




Vémonos en setembro!

viernes, 24 de junio de 2011

3.562

Chegamos ao final do curso e, coma outros anos, gústanos facer números:


Neste gráfico pódense comprobar ao detalle os préstamos de libros, DVDs, CDs e outro material desde o comezo do curso ata o 31 de maio de 2011. En conxunto chegaron a 3.132.



É salientable que o empréstito de libros ( 69,35%) é máis do dobre que o resto dos materiais (30,65%).


Como se pode visualizar no gráfico da dereita, o número total de préstamos estabilízase nos tres últimos cursos. Con todo, hai que considerar que se falamos só de libros, o seu préstamo aumenta cos anos, en detrimento das películas; o que nos fai concluír que os DVDs, entre outras utilidades, foron nun principio un aliciente para acercar o alumnado á biblioteca e descubrir "o mundo de oportunidades" que ela ofrece.

Con respecto á música, posiblemente pola facilidade que teñen para chegar a ela, temos un número escaso de préstamos.



Tamén se pode ver claramente que o número de préstamos foi claramente en aumento ata estabilizarse nos tres últimos anos. A subida máis importante con respecto ao ano anterior obsérvase no curso 06/07, que coincide coa nosa entrada no Plamble, que supuxo unha incorporación importante de fondos, un cambio físico na biblioteca e unha dinamización notable da mesma.



Se aos datos anteriores engadimos os préstamos rexistrados neste último mes de xuño (430), chegariamos aos 3.562

lunes, 20 de junio de 2011

Ler no verán? Si, grazas

O mellor desta guía?



Que recolle recomendacións de alumn@s, profes e familias







Tamén en pdf

jueves, 16 de junio de 2011

Que lemos?

Facemos reconto do máis lido na nosa biblioteca nestes últimos meses (desde que comenza o curso en setembro ata o 31 de maio) e mostrámolo na seguinte librería:





  1. Suite francesa, Irène Némirovsky


  2. El tiempo entre costuras, María Dueñas


  3. Temblor, Maggie Stiefvater


  4. Perdona si te llamo amor, Federico Moccia


  5. La vida secreta de las abejas, Sue Monk Kidd


  6. Canciones para Paula, Blue Jeans


  7. Comer, rezar, amar, Elizabeth Gilbert


  8. A cociña de larpeiros, Benigno Campos


  9. ¿Sabes que te quiero?, Blue Jeans


  10. El ladrón del rayo, Rick Riordan


  11. El pequeño gran libro de la ignorancia, John Lloyd


  12. A praia dos afogados, Domingo Villar

  13. Tengo ganas de ti, Federico Moccia

  14. A cabeza de medusa, Marilar Aleixandre

  15. Rastro, Maggie Stiefvater

miércoles, 15 de junio de 2011

Que non se che esqueza!







De seguro que xa os ollaches pendurados por todo o centro. Aínda así queremos recordarche que a biblioteca axudarache a facer do vindeiro verán unhas vacacións moi especiais.





Carteis e slogan das campañas da lectura do Goberno de Navarra

viernes, 10 de junio de 2011

Futuro imperfecto

Sen dúbida, unha novela que non deixa indiferente, que conmove, emociona e non permite pechala ata acabar a lectura.


Unha confluencia da literatura e a realidade, unha tenra historia dunha humanidade que nos engaiola e nos fai sufrir coa dor dos protagonistas ou soñar con tanto amor como senten.



Unha etapa decisiva na vida de Xulia que a marca para sempre: a droga, o amor, a caracterización dunha época, a abstinencia, a superación, o VIH e a SIDA, a maternidade e o apoio dos amigos; en fin, eses anos vividos por Xulia e os seus que xenerosamente comparte cos lectores.



Grazas Xulia, pola túa valentía, pola túa presenza nas Mariñas e porque despertaches en min a admiración pola túa enerxía.



Dores Cao (profesora de lingua e literatura galega)


martes, 7 de junio de 2011

Este verán, sumérxete na lectura



O verán xa está á volta da esquina; as clases están a se acabar e, por fin, teremos tempo para facer todo o que máis nos gusta: ir á praia, camiñar polo monte, facer deporte, estar cos amigos e ...: tamén porque non, teremos tempo para ler.


Ese é o motivo polo que a biblioteca quere axudarche a vivir novas aventuras a través dos libros. Non tedes máis que achegarvos a ela, escollerdes os libros que vos gustan para disfrutardes entre a maxia das súas páxinas e... Listo!


Podes levar ata 10 libros en préstamo, tanto para ti como para a túa familia.


(Cartel e slogan copiado da campaña de lectura de verán 2010 do Goberno de Navarra)

lunes, 6 de junio de 2011

Faetón

A nosa especialista en cadros mitolóxicos, Sonia Guzmán Abeal, de 1º Bch. Humanidades, coméntanos esta volta A caída de Faetón do pintor Jan Van Eyck:

El personaje del cuadro es Faetón, hermano de las Helíades, hijo de Clímene y del Sol (Helios).


Faetón fue junto a su padre y le pidió poder conducir su carro por un día y repartir de modo apropiado los rayos de Helios. Este, por fin, aceptó la propuesta y dejó que su hijo manejase su carro. Faetón, tras recibir las instrucciones de su padre sobre cómo manejar el carro y, sobre todo, cómo no salirse del camino celeste trazado para la ruta, subió al carro, cogió las riendas y a volar.Los caballos, al sentir que no era la mano de Helios la que los conducía, comenzaron a hacer y a moverse a su antojo hasta el punto de que quien guiaba no era el auriga sino los caballos.


Esto trajo como consecuencias la aparición de los polos, uno al norte y otro al sur del globo terráqueo, ya que, al alejarse los rayos solares, esas zonas se helaron. Por otro lado, los rayos se acercaron demasiado a la tierra y la achicharraron, matando a bichos, plantas y animales. El incendio secó así el agua, lo que dio paso al desierto.

Faetón fue castigado por Zeus, produciéndole la muerte con un rayo enviado por él.

Ésta e outras historias mitolóxicas podedes atopalas nos libros Cuentos de la mitología griega

viernes, 3 de junio de 2011

¡Menudos inventos!

Sabías que...?



En Malasia estuvo prohibido vender chicle de 1992 a 2004 porque se había convertido en costumbre para los niños pegar en las puertas del metro. Hoy ya se pueden comprar, pero sólo en la farmacia y con receta médica. Si alguien tira un chicle al suelo y lo pillan, recibe una multa elevadísima.


Una de las latas de conserva que cerró su inventor en 1818 se abrió en 1938.¡ Su contenido todavía era comestible!


El primer coche avanzaba a una velocidad de dieciocho kilómetros por hora. El coche más rápido del mundo es el Thrust SSC. En vez de un motor tiene dos reactores y puede llegar a los 1.228 kilómetros por hora.


Estas e outras curiosidades en: ¡Menudos inventos!

jueves, 26 de mayo de 2011

Encontro en Pontedeume

Lemos a seguinte crónica no blog do IES de Mugardos na que se fala de nós:


Este martes o noso club de lectura Pata Sana tiña unha cita importante en Pontedeume. Quedamos cos colegas do IES As Mariñas de Betanzos para vivirmos unha xornada de convivencia e amizade. Pola mañá realizamos unha pequena actividade de orientación polas rúas do casco vello á busca de información, e pola tarde aínda nos quedou tempo para xogar na praia de Cabanas.


Á espera dos vosos comentarios, tiramos xa unha conclusión: para o vindeiro ano repetimos. Apuntádevos ao club de lectura.



miércoles, 25 de mayo de 2011

Da lectura

Esta vez non é unha novela. Sándor Márai sorpréndenos cunha serie de reflexións e consellos sobre diversos aspectos da vida humana: da xustiza, da tentación, da música, da fortuna, da imaxinación, do poder da alma...

Isto é o que nos di sobre a lectura:




Cando leas, le intensamente. Máis incluso: intenta ler con maior intensidade da que o propio autor puxo na súa obra. Le con entrega, paixón e atención, implacablemente. Se cadra, o autor utiliza demasiadas palabras, mais ti le só as xustas. Se parco en palabras cando leas. Concéntrate en cada verba, unha tras outra, para adiante e para atrás, escoitando atentamente o libro, seguindo as pegadas que te conducen á súa parte máis profunda. Préstalles atención aos sinais secretos que o propio autor non percibiu e deixou escapar conforme avanzaba na inmensidade da súa obra. Non leas xamais con desprezo, coma quen non quere a cousa, coma aquel a quen convidan a un banquete de deuses e coa punta do garfo petisca na comida sen entusiasmo. Le con elegancia e sobriedade. Le coma se estiveses no patíbulo e o libro que tes nas túas mans fose o último que che levou á túa cela o carceleiro. Le coma se fose unha cuestión de vida o morte, porque a lectura é o mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o único que le.

jueves, 19 de mayo de 2011

miércoles, 18 de mayo de 2011

Son Lois Pereiro: "Luisiño", "Luchi" ou "Loisón"



Iolanda e Dores, responsables do Equipo de Dinamización Lingüística dos IES de Catabois e As Mariñas respectivamente, xuntáronse un ano máis para elaborar unha guía de lectura coa que darnos a coñecer ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Lois Pereiro.



Se queredes acceder a este traballo que nos achega a vida e obra do escritor, só tedes que clicar aquí ou na imaxe.

jueves, 12 de mayo de 2011

Paula e o lobishome

O martes 10, tivemos o pracer de disfrutar da presenza de Paula Carballeira, muller polifacética dentro do panorama cultural galego.



Nesta ocasión e, aproveitando que o alumnado de 4º ESO leu o seu libro O lobishome de Candeán, ven contarnos contos e falar da obra e tamén das súas experiencias personais. Na charla participaron activamente @s alumn@s.


Grazas Paula, por esa xornada entrañable.

martes, 10 de mayo de 2011

El pentateuco de Isaac

Isaac Jacob Blumenfeld, protagonista e narrador desta novela, cóntanos, seguindo o curso da súa vida, gran parte da historia centroeuropea do século XX. Debido á súa situación xeográfica e ás vicisitudes históricas, o seu pobo natal vai pasando dun estado a outro ata pertencer a cinco diferentes. Relátanos, xa nun plano máis persoal, a súa participación nas dúas guerras mundiais, describíndonos ademais a súa familia e a súa vida no pobo.


É importante o comentario humorístico en todo o libro. O narrador ri de si mesmo e, sobre todo, do pobo xudeu. Isto fai a lectura moi entretida e as pasaxes tráxicas (que non son poucas) máis levadeiras. Porque non só encontramos bromas na novela, tamén conta con moitas reflexións sobre a situación política, a vida social, a condición humana....


Como exemplo:


Al final da igual quién triunfe porque la victoria será como una manta corta: si decides abrigarte los pies, queda al descubierto el pecho. Cuanto más dure la guerra, más corta se hará la manta y la victoria no llegará a calentar a nadie.


El pentateuco de Isaac forma xunto con Lejos de Toledo e Adiós Shangai a triloxía do autor búlgaro Angel Wagenstein sobre o destino dos xudeus europeos no século XX.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares


Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela o pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación. + información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado).


(Bibliotecas escolares de Galicia)


E, por suposto, nós tamén estabamos alí!!!

martes, 26 de abril de 2011

Ne obliviscaris



Como te sentirías se, de súpeto, ninguén te recoñecera? Se os teus amigos, os teus profesores e a túa familia no se lembraran de ti?


E que pasaría se todos os rumores se convertiran en realidade? Se deixáramos de utilizar as palabras por medo ás consecuencias?


A este misterio téñense que enfrentar cinco estudantes internos nun colexio da illa de Bran, situada no mar do Norte.


Ne obliviscaris "non esquezas" vai ser o lema que utilicen para loitar contra as forzas da Lúa chea que provoca co seu resplandor esas transformacións.


Xuntos descubrirán que, a pesar das súas diferencias de carácter, a pesar das particularidades de cada un, a amizade lles dará o valor suficente para loitar contra o olvido.


viernes, 15 de abril de 2011

Las hermanas Bunner


Dúas irmáns, Ann Eliza e Evelina, rexentan unha mercería no Nova York de finais do século XIX. A súa idade e as expectativas que nesa época se esperaba das mulleres, marcan a súa futura traxectoria que parece estar escrita de antemán. Mais un feito inesperado, o agasallo dun reloxo da irmá maior á pequena e o trato co reloxeiro, troca as súas vidas.




Edith Wharton, máis coñecida por escribir a "Idade da inocencia" que foi levada ao cine, sitúanos coas súas descripcións no ambiente desa época: percibimos o arrencedo do baixo onde viven as irmáns, escoitamos a campaíña da tenda cando alguén entra, recoñecemos aos persoaxes secundarios que aparecen no relato e sentimos a renuncia de Anna Eliza e a fustración das dúas irmáns.

miércoles, 13 de abril de 2011

A cociñar!!

A Miguel Otero Lista, alumno de PD3, gústalle moito cociñar e quere compartir con todos nós algúns dos seus trucos para que os pratos resulten máis saborosos. A súa primeira proposta é: Gambas al ajillo a la pimienta.

Ingredientes: -Medio kilo de gambas


-Un diente de ajo


-Pimienta negra


-Ajo molido


-Perejil molido y en rama


-Una guindilla


-Aceite


Elaboración: Pones una sartén al fuego, le echas aceite y pones en la sartén una guindilla partida por la mitad. La dejas 6 minutos y la sacas, después coges las gambas y las echas dentro de la sartén. Al cabo de 15 minutos le echas el perejil, remueves y le echas el ajo molido. Cuando estén doraditas, le echas pimienta negra.


Presentación: Coges un plato y pones las gambas en forma de cero. Coges el perejil de rama y lo pones al lado, haciendo como si fuera una rama. Después coges el ajo y lo pones en el centro.


Se, como Miguel, tes afección pola cociña ou queres aprender como se fai, na biblioteca tes moitos libros de cociña.

lunes, 11 de abril de 2011

Campións, campións, oe, oe, oe !!!


Si, si, iso é o que son Jesús Manuel Fuentes Verdía e Mario Barreiro Iglesias, alumnos deste centro que, capitaneados polo profesor de automoción, Manuel Fuentes Rebón, conseguiron a medalla de ouro das Olimpíadas de Formación Profesional SpainSkills 2011 na categoría de Vehículo Industrial.


Noraboa e grazas por representar tan ben As Mariñas!!!

miércoles, 6 de abril de 2011

A casa da luz



O pasado domingo, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, estreouse oficialmente a película " A casa da luz", baseada na novela do mesmo título de Xabier Docampo.


Como o propio autor do libro dixo en dita presentación: "O libro sempre é mellor cá película"; polo que vos recomendamos, primeiro, botarlle unha ollada ao libro e, despois, cando se estree de xeito comercial, ir ver a película.


O filme trata dunha historia de aventuras onde un grupo de rapaces pon de manifesto o valor da amizade e a forza da unión.


Para nós, ademais, ten un atractivo especial: boa parte dos exteriores están rodados en Betanzos, que, como non podía ser doutro xeito, sae precioso, e as tomas de interior están gravadas no pavillón do noso instituto. Así, podemos ver que nos créditos finais, un dos agradecementos é para o IES As Mariñas. Sentiredes, por tanto, que a película tamén é un pouco nosa.







lunes, 4 de abril de 2011

As Mariñas co Bubisher

Como ben sabedes, na cafetería do instituto temos montado o "mercadillo solidario" coas aportacións que moitos de vós fixestes para colaborar co Bubisher, un proxecto que leva a lectura aos campamentos saharuís.

Esta é a nosa pequena achega a un gran proxecto:



martes, 22 de marzo de 2011

Lejos de Toledo


O profesor Albert Cohen, experto bizantinólogo, regresa de Israel ao seu Plóvdiv natal para participar nun congreso.

Unha vez alí, irá rememorando a súa infancia nesta cidade búlgara, entretecendo os seus recordos co reencontro cos seus coñecidos que aínda viven.

Preséntasenos, entón, toda unha galería de personaxes entrañables e inolvidables: Abraham o Borrachón, o seu avó, a avoa Marzal (xudeus descendentes dos expulsados de Toledo en 1492 polos Reis Católicos), o fotógrafo Kostas Papadopoulos (que coa súa cámara participaba en todos os eventos importantes, públicos e privados), o músico Manush Aliev, o mestre Stóichev... e todos os habitantes do barrio do Cementerio do Medio onde convivían xudeus, musulmáns e ortodoxos.

Hai unha mestura de sentimentos que deixa unha sensación extraña no lector: a amargura ante a situación persoal dos personaxes únese ao humor con que se contan as historias da nenez. Pero sempre queda un pouso de tristeza polo "paraíso perdido".

viernes, 18 de marzo de 2011

Alex en el país de los números

Sabedes quen foi a primeira lectora desta novidade da biblioteca?

Efectivamente: Cristina Blanco, a nosa particular reporteira do mundo matemático.

En este libro Alex nos muestra el maravilloso mundo de las matemáticas, que no deja nunca de sorprendernos.

En un primer momento nos adentra en el aprendizaje de las mismas en los diferentes lugares del mundo, para luego remontarnos a la antigua Grecia con sus increíbles pensadores.

Luego, nos muestra desde la realidad matemática más inminente hasta la abstración más absorbente, recalcando que las matemáticas no fueron inventadas por el hombre, sino que este lo único que hizo fue descubrirlas, pues la naturaleza está escrita en lenguaje matemático, como afirmaba Pitágoras.

En conclusión, explica infinitud de cosas: el ábaco, pi, la proporción áurea, la distribución normal, el beneficio económico a partir de las matemáticas, el infinito, la magia de los números...

Debido a su nivel de comprensión, recomendaría este libro a partir de 4º de ESO en adelante. Y seguro que a los que les encantaría sería a los profesores de matemáticas.

Moitas grazas, Cristina.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Xenial!!!

Mirade que "lipdub" fixeron no instituto de A Fonsagrada para explicar o percorrido que fai un libro ata chegar ao seu sitio na biblioteca.


Animádevos a felicitalos!!!


martes, 15 de marzo de 2011

Mercadillo solidario polo Bubisher

Bubisher é un proxecto que leva libros aos campamentos saharauís.

Faino a través dun autobús que percorre os distintos campamentos, aínda que nestes intres estase a construír unha biblioteca en Smara.

A biblioteca As Mariñas quere contribuír neste proxecto co mercadillo solidario que se celebrará durante a Semana Cultural no noso centro.

Por iso solicitamos a vosa colaboración.

Que podemos aportar?

Libros, Cds, Dvds, xogos, obxetos decorativos, bisutería… que estean en bo estado e sen deterioro.

Onde os entregamos?

Na biblioteca á hora do recreo.

Axudemos a que a lectura tamén chegue ao Sahara !!!

viernes, 11 de marzo de 2011

Clara dice

Clara dice contén os dous ingredientes básicos da novela negra: unha morte misteriosa e un inspector de policia que ten que resolver o caso.

Sen embargo, o principal atractivo do libro está no tema tan actual que presenta: o perigo do anonimato que ten internet.

Clara é unha rapaza de trece anos que descobre un novo amigo a través dun chat. Pouco a pouco os momentos diante do ordenador pasan a ser os máis importantes da súa vida, imaxinando unha personalidade detrás da pantalla que pouco ten que ver coa realidade e que a levarán a un tráxico final.

A novela de Carlos Roncero, inspirada en feitos reais, entretén; pero sobretodo alerta tanto aos pais como aos adolescentes do aspecto máis escuro que poden chegar a ter as redes sociais como forma de comunicación.

Neste mesmo blog: Pénsao antes de publicar

viernes, 4 de marzo de 2011

Tren a Pakistán


1947. Tras a independencia da coroa inglesa, o territorio indio queda dividido en dous paises: India e Pakistán.

Comunidades hindús, sijs e musulmanas, que ata entón conviviran pacificamente, vense envoltas nunha ondanada de violencia imparable.

Comenza o éxodo. Por propia vontade, para fuxir dunha morte segura, ou ben obrigados á forza, os musulmáns marchan para Pakistán e os sijs volven para a India. Dez millóns de persoas abandonan os seus fogares.

Pero, formando parte desas fuxidas, comeza tamén o tráfico de fantasmais trens cheos de cadáveres, que atravesan as fronteiras recén creadas.

Na aldea de Mano Majra a convivencia entre os habitantes era pacífica, independentemente da súa relixión. Pero as cousas non tardan en cambiar...

Esta novela, publicada en 1956, é un clásico da literatura india. Permítenos coñecer a complexidade dun país e dun conflito aínda latente.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Pampanitos verdes


Hoxe estreamos autor na biblioteca. Chámase Óscar Esquivias e o libro titúlase Pampanitos verdes.
Certamente é un estreno de luxo porque é un libro de relatos co que se disfruta.
Os protagonistas das historias son xente común: un vendedor de piscinas, un carteiro, un técnico de son...
todos xoves ou adolescentes. Pero iso precisamente é o que fai os relatos sumamente atractivos e entretidos, ademais da cotidianeidade dos temas: as relacións familiares, as primeiras experiencias sexuais, o traballo, os estudos...
Co seu inxenio, Óscar Esquivias sabe iluminar o día a día na vida dos protagonistas.
Un libro para gozar e recomendar.
Related Posts with Thumbnails