martes, 23 de marzo de 2010

Lemos, escoitamos e vemos

Estes son os resultados da nosa segunda avaliación, pero...

Que lemos? La extraña desaparición de Esme Lennox, La soledad de los números primos, La ladrona de libros, A tres metros sobre el cielo, Mil soles espléndidos, La reina en el palacio de las corrientes de aire, Eclipse, Tengo ganas de ti, Ensayo sobre la ceguera, El callejón de los milagros,...

Que escoitamos? Música folk, clásica, jazz, rock, rap, pop,...

Que vemos? Slumdog millionaire, El niño del pijama de rayas, En busca de la felicidad, El curioso caso de Benjamin Button, Noche en el museo, A ciegas, Madagascar, Gran torino, Hace mucho que te quiero, Déjame entrar, Bee Movie, Monsieur Batignole,...

O número de préstamos corresponde aos feitos desde o comezo do curso ata o día de hoxe; a relación de títulos a aqueles máis prestados no mesmo período.

lunes, 22 de marzo de 2010

A biblioteca de Alba e Patricia


Alba e Patricia queren compartir biblioteca, do mesmo xeito que comparten estudos e parte do seu tempo libre. As dúas, estudantes de 1º de Bacharelato, decoraron os seus andeis con temáticas moi variadas:

Clásicos da literatura (Os dous de sempre e El guardián entre el centeno), lecturas de clase (Pepa a loba e Cuentos de la selva), intriga ( El código da Vinci e Los espejos venecianos), sagas (Crepúsculo e Los sangre azul), un pouco de amor ( A tres metros sobre el cielo), lecturas famosas (Charlie e a fábrica de chocolate) e outras non tan coñecidas (Zapatos de caramelo) pero non por iso menos apetecibles.

Grazas ás dúas polas vosas recomendacións.

martes, 16 de marzo de 2010

Quen é quen?

Seredes quen de emparellar as portadas destes libros de biografías coas pistas que poñemos a continuación...?


Naturista que elaborou unha teoría moi importante e polémica coñecida como A Evolución das especies despois de facer unha longa viaxe por boa parte do mundo a bordo do Beagle Deulle A volta ao mundo en oitenta días, viaxou Cinco semanas en globo e percorreu Vinte mil leguas de viaxe submarina Xunto cos seus amigos George, Ringo e Paul formou Os Beatles que revolucionaron o mundo da música Morreu con dezaseis anos nun campo de concentración pero antes escribiu un famoso diario mentres estivo escondida, xunto coa súa familia, para que non os apresaran os nazis polo feito de seren xudeos Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 1979 pola súa xenerosa axuda aos máis pobres e necesitados na India Este vagabundo, cun inconfundible bigote, leva sombreiro e bastón pero só cando vai o cine Pintor e escultor, foi un dos maiores artistas do século XX. Tal vez un día Las señoritas de Avignon visiten Guernica Diseñou en 1882 a Sagrada Familia, impresionante templo de Barcelona aínda en construción Científica pioneira no campo da radiactividade que consiguiu dous premios Nobel e foi a primeira muller profesora na Universidade de París Foi rei de Macedonia e un dos líderes militares máis importantes da historia Todo é relativo, este personaxe suspendeu o exame de ingreso na Politécnica para converterse no home que revolucionou a Física Pintou o seu autorretrato no que aparece cunha orella vendada despois de que el mesmo a cortase cunha navalla

As solucións? Nos libros que tes á túa disposición na biblioteca

lunes, 15 de marzo de 2010

Na biblioteca das Mariñas escóitase un ano máis a Rosalía

Por 5º ano consecutivo, este xoves, día 11, as alumnas de 3º de ESO e 2º de Bacharelato, Lucía, Noelia, Laura, Estefanía, Inma, Rocío, Cristina, Alba, Claudia, Judit, Estela, Carla, Eva e Mª José, recrearon con voces nítidas a vida e a obra de Rosalía de Castro na nosa biblioteca.
Con diferentes protagonistas, o noso centro leva anos conmemorando a figura da gran escritora galega, contando en primeira persoa a súa vida e poñendo voz a distintas creacións súas. Ademais, nos dous últimos cursos englobamos dúas datas significativas: O Día de Rosalía e O Día da Muller, xa que encaixan á perfección: Quen mellor ca ela para data reivindicativa como esa? Para as Mariñas, ninguén.

sábado, 13 de marzo de 2010

El hereje


El Hamburg, una galeaza a remo y vela, de tres palos, línea enjuta y setenta y cinco varas de eslora, dedicada al cabotaje, rebasó lentamente la bocana y salió a mar abierta. Amanecía. Se iniciaba el mes de octubre de 1557 y la calima sobre la superficie del mar y la estabilidad de la nave presagiaban bonanza, una jornada calma, tal vez calurosa, de sol vivo y suave viento del norte. Era el Hamburg un pequeño barco de carga, dotado con cincuenta y dos marineros, al que su capitán, Heinrich Berger, con un agudo sentido de la economía personal, superponía en el buen tiempo dos pequeñas tiendas de campaña sobre las cuadernas de toldilla para alojar a cuatro posibles pasajeros de confianza, mediante un módico estipendio.
En la primera de estas tiendas, viniendo de proa, viajaba ahora un hombre menudo, aseado, de barba corta, al uso de Valladolid, de donde procedía, tocado de sombrero, con calzas, jubón y ropilla de Segovia, que, acodado en el pasamanos de babor, oteaba con anteojo el puerto que acababan de abandonar. Una bandada de gaviotas que sobrevolaba la estela del Hamburg se reunía, graznando destempladamente, preparando el regreso a puerto. Por la amura, sobre la silueta de tierra, la bruma comenzaba a rasgarse y permitía divisar, entre los flecos, fragmentos del cielo azul que la calma chicha de la madrugada auguraba. El hombre menudo y aseado hurgó con su mano pequeña y nerviosa en el bolso de la ropilla, extrajo el papel plegado que le había entregado un marinero al embarcar y leyó de nuevo el breve mensaje que contenía: "Bienvenido a bordo. Le espero a almorzar en mi camareta a la una del medidía. El capitán Berger".

miércoles, 10 de marzo de 2010

Os premios Óscar están na biblioteca

De seguro que sabedes que Kathryn Bigalow se converteu, a pasada noite do domingo, na primeira muller que recibiu un Óscar á mellor dirección coa película En tierra hostil.

Pode ser que tamén saibades que estoutro filme, Up, levou dous premios: á mellor película animada e á mellor banda sonora.

O que pode ser que descoñezades é que esta encantadora película, para todas as idades, xa está na biblioteca. Mentres esperades a pedila, podedes ir botandolle unha ollada ao trailer:


Outros premios foron para as cintas El secreto de tus ojos (mellor película en fala non inglesa) e Precious (mellor actriz de reparto e mellor guión adaptado). As dúas baseadas en cadanseu libro (El secreto de tus ojos e Push) que tamén temos na biblioteca. Se tedes curiosidade en lelos, adiantámosvos a sipnose:

Treinta años atrás, cuando Benjamín Chaparro era prosecretario en un juzgado de instrucción, llegó a su oficina la causa de un homicidio que no pudo olvidar. Ahora, ya jubilado, repasa buena parte de su vida, las instancias de ese caso y sus insospechadas derivaciones, y la historia de un amor secreto que lo mantiene acorralado entre la pasión y el silencio.
(Editorial Alfaguara)
Precious Jones tiene dieciséis años, es negra y casi analfabeta, y espera su segundo hijo. El primero lo tuvo a los doce años, y el padre de ambos es su propio padre. Vive en Harlem con su madre, una reclusa obesa y cruel que mira la televisión sin cesar, devora la comida que la jovencita le prepara y la somete a los más denigrantes abusos. Forzada a abandonar la escuela, Precious acaba en un instituto para casos desesperados. Pero allí está la señorita Rain que le dará la oportunidad de recuperar su dignidad. (Editorial Anagrama)

lunes, 8 de marzo de 2010

Lendo os xornais

Non imos deixar pasar o día sen facer ningunha mención á celebración de hoxe: Día Internacional da Muller. E para iso collemos os artigos da prensa que nos pareceron máis interesantes para poñelos á vosa disposición. Botádelles unha ollada, vale a pena!

El País. Toda una vida trabajando:
" Las mujeres, aunque no en las profesiones más prestigiosas y bien remuneradas, han trabajado siempre"
A nosa terra:
"As galegas ocupan unicamente o 6 por cento dos postos directivos no país e cobran polo mesmo traballo un 25,5 por cento menos que os homes polo que, ao ritmo actual de redución das diferenzas, necesitarían 80 anos para igualar o soldo dos homes"
Seguir lendo...

Galicia hoxe.Unha carreira de fondo:

"Cúmprense cen anos da Real Orde que lles permitiu ás donas accederen á universidade, decretada tras o nomeamento de Emilia Pardo Bazán como conselleira de instrución pública"

Seguir lendo...

jueves, 4 de marzo de 2010

Algo máis que asasinatos

La modelo descalza de Jordi Sierra i Fabra
Alejandra é unha moza que da noite á mañá se converteu nunha top model. Jon é periodista dunha prestixiosa revista que hai tempo mantivo unha relación coa modelo.
Cando Alejandra se ve envolta nunha acusación de asasinato, Jon acudirá na súa axuda.

Esta é a trama da última novela de Jordi Sierra i Fabra, unha historia de misterio que se achega ao lado escuro da moda: a fama rápida, o éxito mal dixerido, a soidade, as drogas,...

La voz de Arnaldur Indridason
No soto dun hotel de Reykjavik aparece acoitelado o corpo de Gulli, un home maior que leva máis de vinte anos traballando como porteiro no hotel.
O inspector Erlendur Sveinsson leva o caso ao tempo que ten que conciliar a convivencia coa súa filla Eva, que ten problemas coas drogas.

Unha historia que fala da soidade das personas "distintas", das relacións familiares e dos conflitos sen resolver. Unha historia onde non hai "malos", hai situacións difíciles.

La princesa de hielo de Camille Läckberg

Erica é unha xove escritora que volve a Fjällbacka, unha localidade de Suecia, tras a morte de seus pais. Alí atópase con que a súa amiga da infancia, Alex, acaba de suicidarse. Pero..., é un suicidio ou é un asasinato?

Unha novela que amosa a crueldade da violencia de xénero, así como as nefastas consecuencias que pode ter ocultar determinados problemas pensando nas comeniencias sociais.

Máis novela negra na guía de lectura do pasado mes de outubro:

A letra con sangue entra

miércoles, 3 de marzo de 2010

A biblioteca de Cristina

Está claro que Cristina, alumna de 1º de bacharelato, e boa lectora, vai ser matemática. E se tedes algunha dúbida botádelle unha ollada á súa biblioteca: El diablo de los números; Matemagia; La sonrisa de Pitágoras; Números pares, impares e idiotas; El asesinato del profesor de matemáticas e La soledad de los números primos.

Vichedes, non? Ata cando elixe un libro de narrativa chámalle o "gusanillo" dos números.

Pero Cristina, tamén deixa un oco para outras temáticas, e así aparecen: El secreto que nos une, La ladrona de libros, Maus e Cometas en el cielo.

Para terminar, Cristina quere incluír na súa biblioteca dúas lecturas "de clase": Pepa a Loba e The Rabbit Proof Fence. Para que logo digan que as profes de galego e de inglés non atinan cos gustos do alumnado!

Que a ti tamén che gustan as mates? Pois achégate ao andel 51 e atoparás un lote de libros moi divertidos que resolverán todas, ou case todas, as túas incógnitas.

martes, 2 de marzo de 2010

Le e viaxa

Como o Plan Lector deste trimestre vai de Viaxes e Expedicións, a biblioteca preparou unha mostra de libros cos que podemos percorrer o mundo.

Elixide destino, facede as maletas e vide polas vosas pasaxes:

Grazas a Elena e a Nuria, profesoras de plástica, pola súa colaboración.

lunes, 1 de marzo de 2010

El ladrón del rayo

Borja, que xa fixo máis veces recomendacións de lectura neste blogue, quere facernos partícipes do seu entusiasmo por esta nova saga.

El ladrón del rayo es un excelente libro que espero que mucha gente más lea. Con un estilo que recuerda ligeramente a la saga de Harry Potter, esta nueva saga parece tener la intención y las capacidades para conquistar a los seguidores del joven mago. Yo hace poco he leído el primer libro, que no escasea en falsas apariencias, traiciones, engaños e inesperadas sorpresas.

Mi opinión es que cualquiera debería de leer este libro y dejarse atrapar por su historia. Dudo que nadie se arrepienta, ya que es un gran libro, tanto para los que frecuenten este género, como para los que no sienten interés por él.

Sólo me queda añadir, una vez más, que todo el mundo debería leerlo, aunque no vuelvan a leer nada de este género.
Related Posts with Thumbnails