Mostrando entradas con la etiqueta Novela negra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novela negra. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de marzo de 2011

Clara dice

Clara dice contén os dous ingredientes básicos da novela negra: unha morte misteriosa e un inspector de policia que ten que resolver o caso.

Sen embargo, o principal atractivo do libro está no tema tan actual que presenta: o perigo do anonimato que ten internet.

Clara é unha rapaza de trece anos que descobre un novo amigo a través dun chat. Pouco a pouco os momentos diante do ordenador pasan a ser os máis importantes da súa vida, imaxinando unha personalidade detrás da pantalla que pouco ten que ver coa realidade e que a levarán a un tráxico final.

A novela de Carlos Roncero, inspirada en feitos reais, entretén; pero sobretodo alerta tanto aos pais como aos adolescentes do aspecto máis escuro que poden chegar a ter as redes sociais como forma de comunicación.

Neste mesmo blog: Pénsao antes de publicar

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Tuya


Novela negra? Humor? Crítica social? Unha mestura de todo iso é a novela de Claudia Piñeiro, Tuya.

A autora narra, cunha axilidade que impide deixar de ler, como Inés nai dunha rapaza adolescente, descobre que o seu marido, Ernesto, lle é infiel.


A partir de este feito, os acontecementos entre a parella vanse sucedendo de forma vertixinosa mentres a filla vive, de xeito illado, o seu propio problema.

A novela ten, ademais, un desenlace totalmente inesperado.

Pero escoitemos a propia escritora falar do seu libro:



domingo, 7 de noviembre de 2010

El hombre del lago

Aterrou na nosa biblioteca con La mujer de verde, consolidouse como un dos escritores de novela negra máis lidos en As Mariñas con La voz, e agora Arnaldur Indridason, volve a sorprendernos con El hombre del lago.

A novela vai máis alá da investigación do achádego dun esquelete no fondo dun lago, para converterse no relato do abafante ambiente vivido nos anos sesenta por un grupo de estudantes islandeses en Leipzig, cidade de Alemaña do Leste. Alí sufrirán o paso do entusiasmo cara a unha nova sociedade á decepción por mor dos métodos utilizados por esta.

Ao mesmo tempo que devoramos as páxinas do libro para descubrir o final da historia iremos coñecendo, como nos outros libros, novos datos da complicada vida do inspector Erlendur Sveinsson.

lunes, 14 de junio de 2010

Ollos de auga de Domingo Villar

Non sabes que libro coller para ler nas vacacións?
Non hai problema, Miguel, Iván, Andrea e Tania aconséllante:

“Pareceume, realmente, unha novela moi interesante, completa e orixinal. Presenta mortes, suspense, amores paixonais, desencontros, humor (a través de Rafael Estévez) e moitas cousas máis, que fan que, cando vas lendo, te introduzas nunha historia tan rechamante como é esta”.
Miguel Roca

“É interesante e, sobre todo, o que máis te engancha é a ansia de saber quen matou a Lois... Non é un asasinato normal, o modo en que atopan a Reigosa é algo macabro e impresionante, unha morte digna dalguén cruel e con desexos de vinganza”.
Iván Mosquera

“As novelas detectivescas non son a miña preferencia; sen embargo, este libro non me disgustou...o que fixo que me gustase foron os pequenos detalles nos que eu sempre me fixo moito: as sardiñas con cachelos, o viño das parras do pai de Leo, a area da praia, o olor da herba cortada, o silencio das rúas de Vigo pola noite, as cuncas de viño do bar Elixio, a cara pálida de Iria Ledo, a maneira de ser de Arthur, a suor de Estévez, a camisa de liño que levaba, a ausencia de Alba...”
Andrea Deibe

“A través dun simple asasinato, introduce na historia múltiples críticas que, por veces, poden pasar case desapercibidas. Ao tempo, apórtanos cultura musical, gastronómica, xeográfica, ten un compilatorio de saberes, sobre todo galegos, que son asombrosos e fascinantes”
Tania Vilariño

jueves, 4 de marzo de 2010

Algo máis que asasinatos

La modelo descalza de Jordi Sierra i Fabra
Alejandra é unha moza que da noite á mañá se converteu nunha top model. Jon é periodista dunha prestixiosa revista que hai tempo mantivo unha relación coa modelo.
Cando Alejandra se ve envolta nunha acusación de asasinato, Jon acudirá na súa axuda.

Esta é a trama da última novela de Jordi Sierra i Fabra, unha historia de misterio que se achega ao lado escuro da moda: a fama rápida, o éxito mal dixerido, a soidade, as drogas,...

La voz de Arnaldur Indridason
No soto dun hotel de Reykjavik aparece acoitelado o corpo de Gulli, un home maior que leva máis de vinte anos traballando como porteiro no hotel.
O inspector Erlendur Sveinsson leva o caso ao tempo que ten que conciliar a convivencia coa súa filla Eva, que ten problemas coas drogas.

Unha historia que fala da soidade das personas "distintas", das relacións familiares e dos conflitos sen resolver. Unha historia onde non hai "malos", hai situacións difíciles.

La princesa de hielo de Camille Läckberg

Erica é unha xove escritora que volve a Fjällbacka, unha localidade de Suecia, tras a morte de seus pais. Alí atópase con que a súa amiga da infancia, Alex, acaba de suicidarse. Pero..., é un suicidio ou é un asasinato?

Unha novela que amosa a crueldade da violencia de xénero, así como as nefastas consecuencias que pode ter ocultar determinados problemas pensando nas comeniencias sociais.

Máis novela negra na guía de lectura do pasado mes de outubro:

A letra con sangue entra

viernes, 16 de octubre de 2009

A letra con sangue entra


Xa volo advertimos onte: o mellor que podedes facer estes días é non achegarvos á biblioteca!

Pero moit@s de vós, atraídos quizais polo sangue do chan ou polas pegadas do asasino (ou asasina?), non fostes capaces de mantervos na distancia. Os máis atrevid@s ata collestes libros ou películas que había enriba da mesa. Ben, alá vós, estabades avisad@s: agora, non seredes quen de deixar de ler…

Para os máis cautelos@s, deixamos o boletín neste blogue; pero, coidado!, se comenzades algunha das propostas de lectura, pasaravos o mesmo que aos outr@s.

domingo, 11 de enero de 2009

Para non deixar de ler

“Los hombres que no amaban a las mujeres” e “La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina” son dúas das novidades deste mes na biblioteca. Os dous libros, escritos polo sueco Stieg Larsson, forman parte da triloxía Milennium, aínda que teremos que esperar uns meses para ler o terceiro xa que non se editará en España ata o próximo mes de xuño.

Stieg Larsson, activista e defensor dos dereitos humanos, non puido gozar do grande éxito que os seus libros están tendo xa que faleceu dun ataque cardíaco días antes da publicación da primeira entrega.


E falando de Suecia, de novela negra e de dereitos humanos, non podemos deixar de facer referencia a Henning Mankell, tamén na nosa biblioteca.


Se as intrigas nas que se ven envoltos o xornalista Michael Blomkvist e a inadaptada Lisbeth Salander nos impiden deixar de lado o libro, o mesmo ocorre cos asasinatos que ten que resolver o inspector Kurt Wallander.
Related Posts with Thumbnails