Esta é un dos aneis da cadea de libros que se está a crear co Eu leo, ti les,...
Tod@s lemos!
NovecentoCorazón de tintaOnde o sol adormeceEl nombre de la rosaDráculaCazadores de sombrasEl laberinto de la rosaLa marca del escorpiónA miña planta de laranxa lima O inferno de MartaJulie y los lobos Harry Potter y el misterio del príncipeSon un cabaloConsumir preferentementePoderosaUnha estrela no vento CrepúsculoEl reino del dragón de oroEl QuijotePoetízate Nuestra especieCrime en CompostelaCartas de inverno Memorias de Idhún (La resistencia)...
Pero Raúl non veu falar do seu libro, última lectura do clube, senón que veu ensinarnos a ser un pouco poetas, e para iso sacou da súa maleta obxectos sorprendentes. Algúns deles podedes velos nas seguintes imaxes:
Con el aprendimos que a poesía pode estar en calquera cousa e en calquera lugar.
Hai libros que son unha aposta segura cando llos recomendas a alguén. Hai libros que resisten o paso do tempo e das modas. Hai libros que cando se terminan, custa deixalos outra vez no andel. Hai libros que lembras sempre. Hai libros que se renovan porque: "Eu xa o terminei pero agora estao lendo miña nai" Hai libros…
El amor en los tiempos del cólera de Gabriel García Márquez, pertence a esta categoría de libros. De feito encabeza a lista das 10 mellores novelas da lingua española do último cuarto do século XX.
Os que gozan da lectura entenderano perfectamente, e os que aínda non chegastes a ese punto: ¿Non sentides envexa da paixón que pode chegar a espertar un bo libro?
Algúns libros, entre outras moitas cousas, falan de libros. Na nosa biblioteca hai uns cantos deses. Esta é unha pequena escolma, pero se sabedes dalgún que non estea aquí, avisádenos, e incluirémolo.
A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da Unesco no ano 1995 coa idea de rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e autoras, e alentar a todos e todas, en especial aos máis xóvenes a descubrir o placer da lectura e respetar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
En Cataluña, día de Sant Jordi, é tradicional regalarlle unha rosa á persoa que merque un libro.
Para o ano 2009 a Unesco suxire que se traballe o tema do vínculo entre edición e educación, cunha énfase sobre o rol do libro no desenvolvemento dunha educación de calidade, e sobre a unión entre o libro e os dereitos humanos.
Nós, que somos moi mandadiñas e facéndolle caso á Unesco, elaboramos un boletín con recomendacións de libros que leva por título: O libro e os dereitos humanos.
Botádelle unha ollada! de seguro que atopades algo do voso interese
Ollo! Fixádevos que cambiamos o formato de "Boletíns e guías". Agora aparecen todos os publicados, só tedes que clicar naqueles que vos interesen.
A exposición de libros deste mes, mes do libro, farémola entre todas aquelas persoas que queiran festexar o goce da lectura.
- E como podemos colaborar?
- Moi doado. Só tedes que recomerdalle un libro a unha persoa que creades que lle vai gustar. Para iso, na biblioteca, temos uns folletos para cubrir co nome de quen recomenda e a quen recomenda. A condición é que o libro ten que estar entre os nosos fondos.
- Unha vez cuberto o folleto e collido o libro, pegades o folleto na corticeira da biblioteca e deixades o libro na mesa. E xa está!
- Agora tócalle a quenda á persoa elexida.
Pode participar toda a comunidade educativa, pero ollo! só terá opción a premio o alumnado.
Sentímonos moi honrados e non queremos ser desagradecidos, pero póñenos nunha moi difícil situación o feito de termos que elixir outros blogues xa que consideramos que o labor que realizan todos eles ben merece eses premios.
É DE BALDE: Non hai que pagar nin un céntimo por todos os servizos que ofrece.
VARIEDADE DE PRODUTOS:Libros, xornais, revistas, películas, música, audiolibros, auriculares, servizos de ordenadores con acceso a Internet, información das novidades, boletíns con recomendacións de lectura...
FACILIDADE NOS PRÉSTAMOS:Só tes que dispoñer do carné de socio ou socia e xa
podes levar en préstamo libros, películas e CDs de música. E lembra sempre podes facer a renovación dun libro que non puideses rematar de ler.
INFORMACIÓN XERAL DISPOÑIBLE:Podes buscar todo tipo de información para os teus traballos de clase ou de teu interese persoal a través de todos os seus recursos dispoñibles.
PARA TODO TIPO DE PÚBLICO:É un espazo que poden utilizar tanto o alumnado como o profesorado para estudar, traballar ou ler. E incluso a túa familia accederá ao noso
material facéndose socios e socias.
AMBIENTE CÓMODO:Tedes á vosa disposición mesas para o traballo en grupo, postos individuais e sofás de lectura informal.
UBICACIÓN CERCANA:Non tes que desprazarte. Está no propio lugar de traballo. Máis cómodo, imposible!
CONSULTA NA TÚA PROPIA CASA:Todos los recursos da biblioteca ( libros, películas e CDs de música) están catalogados en Internet polo que desde calquera ordenador podes localizar o material que che interese e coñecer o seu estado: dispoñible ou emprestado.
SEMPRE Á ÚLTIMA:No moble de novidades atoparás todas as novas adquisicións que se van facendo así como os boletíns que a biblioteca elabora.
Jakob Mendel é un libreiro de vello que exerce o seu oficio no café Gluck, en Viena. Alí, durante vinte e cinco anos, instálase todos os días ás sete e media e, sempre na mesma mesa, rodéase de libros. Pero as cousas van trocar, non só para Mendel senón tamén para o vello café.
Stefan Zweig na nosa biblioteca: Carta a una desconocida, Erasmo de Rotterdam, Ardiente secreto, La mujer y el paisaje.
Imprenta Babel trasládanos aos difíciles anos da ditadura franquista para contarnos a infancia e adolescencia de Pol Albión, un escritor catalán que está a piques de publicar a súa nova novela en formato dixital.
Pero Imprenta Babel é, fundamentalmente e como podemos ler na contraportada do libro, unha homenaxe á era Gutenberg, aos tempos en que a literatura se vendía na trastenda das librarías e líase ás agachadas, aos anos en que participar da maxia da literatura significaba xogar a liberdade e a vida.
Imprenta Babel é un libro de Andreu Carranza que nos fala daquelas persoas que expuxeron as súas vidas para que os libros non deixasen de formar parte das nosas vidas. E fálanos tamén dos censores da época, aqueles que decidían o que se podía e non se podía ler, aplicando criterios como o atribuído ao entón Ministro de Información, Arias Salgado: “La novela es un género que sólo merece la publicación si marido y mujer, en un matrimonio legítimamente constituido, pueden leérsela el uno al otro sin ruborizarse mutuamente y sobre todo sin excitarse”.
A illa do tesouro, O gardián entre o centeo, As aventuras de Tom Sawyer, A volta ao mundo en oitenta días, O extraño caso do doutor Jekyll e mister Hyde ou O corazón das tebras, son algúns dos títulos que asoman polas páxinas de Imprenta Babel. Cualquera destes títulos poderédelos mercar hoxe en calquera libraría ou pedilos en préstamo en cualquera biblioteca e, por supuesto, lelos libremente en calquera sitio.
Para que todas e todos entendamos mellor a que se destina cada euro que entregamos cando mercamos unha postal para oBubisherou cando lle pedimos a alguén que nola compre.
Desde esta biblioteca, cremos que todas estas persoas voluntarias merecen un recoñecemento polo seu labor desinteresado. Parabéns polo voso traballo! Graciñas por levarlles o frescor das palabras!
" O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Do mesmo xeito que ninguén nos pode obrigar a namorarnos, ninguén nos pode obrigar a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas. Pero do que si estou convencido é de que hai un libro que agarda por cada un de nós. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que se escribiu para nós"
Alberto Manguel
Na categoría de Bibliotecas Escolares
Correo
Colaboracións
Publicar no blogue
Catálogo
Fondos, novidades, os máis emprestados,...
Como atopar o que busco
Guía de uso da biblioteca
Como buscar? Como atopar? Préstamos e devolucións. Normas
Formación de lectores
Para coñecer a fondo e os fondos da nosa biblioteca