Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de mayo de 2012

Xogando coas palabras

O derradeiro venres Mª Inés Cuadrado fíxonos pasar unha hora moi entretida ensinándonos a recitar poesías. Participou neste taller o alumnado dos clubes de lectura de 2º e 3º da ESO. Os rapaces aprenderon a poñerse diante dun auditorio e "dar vida" á poesía.
Unha vez superada a vergoña e esas risas nerviosas que provoca o medo escénico, Adrián, Paula e Aroa leron os poemas que eles mesmos elexiron: "Como tú" de León Felipe, "Hagamos un trato" de Mario Benedetti e "Muerte en el olvido" de Ángel González.


jueves, 26 de mayo de 2011

Encontro en Pontedeume

Lemos a seguinte crónica no blog do IES de Mugardos na que se fala de nós:


Este martes o noso club de lectura Pata Sana tiña unha cita importante en Pontedeume. Quedamos cos colegas do IES As Mariñas de Betanzos para vivirmos unha xornada de convivencia e amizade. Pola mañá realizamos unha pequena actividade de orientación polas rúas do casco vello á busca de información, e pola tarde aínda nos quedou tempo para xogar na praia de Cabanas.


Á espera dos vosos comentarios, tiramos xa unha conclusión: para o vindeiro ano repetimos. Apuntádevos ao club de lectura.



miércoles, 27 de mayo de 2009

Anxo Fariña coas "Mariñas Lectoras"

Onte, o clube de lectura "As Mariñas Lectoras I" tivo a oportunidade de charlar co autor dos Megatoxos.
Foi unha reunión moi ilustrada, e nunca mellor dito, porque a Anxo Fariña ademais de escribir, o que lle gusta é o mundo do deseño.

Aí o tedes, en plena faena.


Imaxinades a quen está debuxando?

Preguntádelles ás socias do clube.

Os personaxes dos Megatoxos, adolescentes coma vós, teñen uns poderes extraordinarios, e foron seleccionados especialmente para cumprir unha misión. Viaxan no tempo e viven unhas aventuras que enganchan á lectura.

Se queres coñecelos mellor, non tes máis que pedilos na biblioteca. De momento hai dúas entregas. Anxo xa nos prometeu a terceira para o ano.

miércoles, 29 de abril de 2009

Poesía de cartón

Onte, Raúl Vacas, autor do libro de poemas Consumir preferentemente, reuniuse con As Mariñas Lectoras.

Pero Raúl non veu falar do seu libro, última lectura do clube, senón que veu ensinarnos a ser un pouco poetas, e para iso sacou da súa maleta obxectos sorprendentes. Algúns deles podedes velos nas seguintes imaxes:






Con el aprendimos que a poesía pode estar en calquera cousa e en calquera lugar.

lunes, 30 de marzo de 2009

Bubisher


As Mariñas Lectoras sacan o seu lado máis solidario e queren colaborar no proxecto Bubisher coa venta dunhas postais.

O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…

- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!

E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.
Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.



BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

jueves, 5 de junio de 2008

De librarías pola Coruña

Que día tan esgotador! Coller o bus, ir ao insti e outra vez en bus, rumbo á Coruña. Os clubs de lectura ían de visita cultural.

Pero... que día para lembrar!

Begoña, da libraría Nova Colón fíxonos viaxar pola historia do libro. Sabedes o que son as "gardas" dos libros? E as camisas? Logo veu a primeira sorpresa do día: Álvaro, do Teatro do Andamio dramatizounos na Nova Colón un relato inédito precioso que falaba de xente que se reúne puntualmente para meterse na pel doutra xente e vivir outra realidade... Segunda sorpresa: os propios integrantes das "Mariñas lectoras" tiveron que mercar libros para a biblioteca. Elixir, saber se lles gustará aos seus compañeiros e compañeiras, mirar que non sexan moi caros para que todos poidan mercan un... E lelo durante o verán para despois recomendalo... Vaia responsabilidade!

Que rico ese chocolate con churros! Sóubonos a ghloria bendita! A continuación o Fnac, pero antes... a "sorpresa" non programada da gaivota. Mercamos cómics, fixemos fotos... Xantamos no Palexco. Alí xantamos, alimentamos o corpo para a continuación, alimentar o espírito coas Cousas da vida de Castelao.

De volta para Betanzos quixeron examinar a súa compra coma se fose o último "pantaca" mercado.

15 minutos antes de coller o transporte escolar de volta á casa, foron abondos para cuñar as novas adquisicións.

Uf! Isto de ser do club de lectura..., vaia trafego!

Related Posts with Thumbnails