jueves, 25 de octubre de 2012

A xogar!

Hai tempo para todo, tamén para os xogos. Por iso a biblioteca pon á vosa disposición desta volta:




Este é o primeiro dunha serie de xogos educativos de mesa dos que a biblioteca disporá para que os poidades disfrutar en familia ou cos amigos aquí no instituto nas horas de recreo.
A duración do préstamo será de 15 días e queremos facear fincapé en que antes de devolvelos deberán estar en perfecto estado para que todos poidamos disfrutar deles.

Coidádeos. Son de todos!!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

Concurso de cabazas


Ánimo, participa e non deixes pasar a ocasión!

miércoles, 10 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación


As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.

Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

miércoles, 3 de octubre de 2012

Lecturas e películas para o mes de outubro




Na entrada da biblioteca podedes atopar unha selección de libros e películas centradas en  temas dos días especiais deste mes de outubro. 

Títulos como Sang Woo y su abuela, Enrugas, Memorias dun raposo, De camino a la escuela, La milla verde, Deep Blue, Ser y tener, O vello e o mar, Diarios de la calle, Animales al límite e moitos máis, sensibilizarannos nas persoas de idade, os animais, os alimentos, ou a loita contra a violencia, a pena de morte e a pobreza. 
Related Posts with Thumbnails