viernes, 31 de octubre de 2008

Calacús, caveiras e libros.

Xa os romanos dedicaban polo menos un día ao ano a lembrar os seus mortos.


Nos primeiros días de novembro, coincidindo coas festividades de defuntos, celebramos o Samaín. Tamén coñecida como das Caliveras ou dos Calacús. Na crenza do pobo, servía para protexer a casa e afastar os males. Probablemente a súa orixe proveña do costume celta e doutros pobos bárbaros de cortar as cabezas dos inimigos tras a batalla e penduralas diante das portas e das murallas, ás veces alumeándoas cunha luz.



Non só a celebramos en Galiza, senón tamén en diversas zonas de Aragón, Asturias, Cáceres, Cuenca, León, Portugal e Zamora. Por outra banda, estamos ante unha tradición moi espallada por diversos países atlánticos, exportada a América, especialmente a EE UU.



Por que entón celebrar o Hallowen?



jueves, 30 de octubre de 2008

Preparándonos para o Samaín

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.



Noite de defuntos. Relatos de medo ao carón das lareiras, e por que non, tamén na biblioteca. Estes fragmentos perderon o seu fogar. De que libro cres que desapareceron?

Boeno; o conto foi que un día collín o camiño do cimeterio e atopéi ao enterrador un pouquiño non sei cómo e dispóis de falarmos moito díxome que tiña de contarme en segredo unha cousa (...)
-Apopéi uns papeles nunha caixa!... Nunha caixa que non sei de quén sería. O esquelete tiña na calivera un ollo de vidro que me fitaba con xenreira. (...)
Eran cachos de periódico, papeles de fumar..., todos numerados, e no primeiro campaban istas verbas: "Memorias dun esquelete".

En honor a la verdad, debo decir que aquel caserón, al que nosotros denominábamos con orgullo el Palacio de la Medianoche (en consideración al horario de nuestras sesiones plenarias), nunca estuvo encantado. La fama de su embrujo, empero, no era ajena a nuestra labor subterránea. Uno de nuestros miembros fundadores, Siraj, asmático profesional y experto erudito en historias de fantasmas, aparecidos y encantamientos de la ciudad de Calcuta, tramó una leyenda convenientemente siniestra y verosímil respecto a un supuesto antiguo inquilino.

Poñámonos eiquí, preto da Catedral. Poñámonos eiquí a agardar. ¿Seica é o medo quen apuxa de nós? ¿Seica é o sabere da sua seguranza o que leva os nosos pés onde a Catedral? ¿E logo qué medos pode habere pra nós, as probes, as probiñas mulleres de Cantórbery?

Demurral exclamó en la noche:
-¡Olas y viento, fuego y agua! ¡Trueno, rayo y granizo, oíd mis deseos, oíd mis palabras! Surgid del norte y de las profundidades. Tormenta, tempestad y viento enfurecido, haced que el barco naufrague en esta orilla, traedme el querubín. (...)
Entonces sucedió. (...) Del mar negro oscuro surgió un coro de selot: gráciles, etéreas criaturas femeninas que cantaban y daban vueltas alrededor del barco, despertadas de su letargo por la llamada del sacerdote.

jueves, 23 de octubre de 2008

24 de outubro, Día da Biblioteca

Como di o premiado Agustín Fernández Paz, o pregoeiro desta efeméride, e como ilustra á perfección Xosé Cobas no cartel conmemorativo deste día: "onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros", nós engadimos: unha luz que enriquece, que complementa a nosa educación. Nos libros atopamos "os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas páxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos". Na nosa biblioteca estes días tamén atopades os testemuños directos de persoas de diversas profesións, orixe, raza..., todas elas unidas pola lectura, a lectura dun libro que as marcou e que quixeron compartir connosco falándonos deses medos, desas risas, deses amores, deses soños...

Este ano o Día da Biblioteca celébrase ben pertiño de nós, en Compostela. No IES As Mariñas celebrámolo todos os días, como non, na nosa biblioteca.

miércoles, 22 de octubre de 2008

A nosa carteleira

Cando queirades consultar a lista de películas que hai na biblioteca só tedes que ir á nosa páxina de cine, no lateral deste mesmo blogue, e picar no abecedario.

Alí atoparedes: unha listaxe alfabética de todo o noso cine, información detallada da maioría das películas e unha clasificación temáticas das mesmas.
Tamén poderas ler distintas opinións sobre elas.

E se che animas a deixar a túa?


Que empece a función!

martes, 21 de octubre de 2008

El lector

Hanna é unha muller de trinta e seis anos que seduce a Michael, un mozo de quince. Nos seus encontros amorosos Michael, a petición de Hanna, le textos de Schiller, Goethe, Tolstói, Dickens… ata que un día ela desaparece sen ningunha explicación.

Anos máis tarde atópanse nunha situación completamente distinta: el é un estudante de Dereito e ela ...

Ata aquí pódese contar. O resto teredes que descubrilo vós cando leades este magnífico relato de Bernhard Schlink.

"El lector", proximamente no moble de novidades.







jueves, 16 de octubre de 2008

E ti que les?

BubbleShare: Share photos - School Crafts

Acaso nunca te preguntaches: que lerá o humorista Luis Piedrahita? E a artista Mercedes Peón? E Sergio, o futbolista do Dépor, lerá só o Marca? E o escritor Xavier Docampo, terá tempo para ler?

Se queredes resolver estas preguntas, pasádevos pola biblioteca. Ata finais de mes poderedes ver a exposición que nos cedeu o IES de Sabón sobre as lecturas de persoeiros relevantes do mundo do espectáculo, do deporte e mais da cultura galega.

BubbleShare: Share photos - Craft Supplies



lunes, 13 de octubre de 2008

Ramiro Fonte sempre entre nós.

Desde esta biblioteca queremos unirnos ás voces que non esquecerán este autor da nosa literatura.

LUCES DO MEDIODÍA

O mediodía escribe
As mellores palabras sobre a noite;

No seu xardín a flor
Amígase coa estrela insubornable.

Nas copas en que xuntos afogamos
As augas moribundas doutras lúas,
Xa estaba a luz
Serena para sempre, presentida.

Aqueles ollos meus
Que nunca se cansaron de mirarte.


(De Luz do mediodía)

sábado, 11 de octubre de 2008

Só quedan 3 días...



Sabémolo: moitos de vós estades a agardar o día da súa chegada á nosa biblioteca. Como o cazador que venta a súa presa vides día a día polo mostrador preguntando por eles. Pois ben, o vindeiro martes xa os teredes listos para levar.

Estamos a falar de Amanecer, de Stephenie Meyer, cuarta entrega da serie comentada no artigo anterior, e de Los guardianes de piedra, quinto libro da serie de Ulisses Moore.

Para facer máis curta a espera podedes ir recompoñendo a portada dun deles. Para iso só tedes que clicar nela e... atentos, o tempo empeza a contar!

miércoles, 8 de octubre de 2008

Crepúsculo

Cando lin este título pregunteime: que demos ten este libro para engaiolar a xente? Ben, esta pregunta, en realidade, fíxenma cando vin este libro no andel do meu queridísimo amigo Elros Yavetil. Cando lle preguntei se mo prestaba (pareceume interesante o que me comentou sobre el), díxome que o estaba relendo. Caeume a alma ao chan. Mais o caso é que como van botar a peli dixen: Por que non lelo? Cando o vin na bilioteca do meu instituto a pregunta de antes volveume á mente. Pero, en realidade, ao ver o libro (e as dúas partes seguintes) alí, foi coma se o anxo da Anunciación me iluminase e viñese cara a min. Isto foi o venres.

O sábado xa o tiña lido. O luns xa collín o segundo Luna nueva e o martes o terceiro: Eclipse. Estarédesvos preguntando como podo facer iso. Ben, eu respondo co seguinte: "As noites de inverno son longas (e escuras)". Considérome un bibliófilo.

Ben, despois de toda a parrafada anterior para comentarvos a odisea con estes libros, pásovos a comentar un pouco por riba o primeiro, Crepúsculo, para non quitarlle a emoción.

Este primeiro libro comeza coa aburrida personaxe principal (a personaxe é a aburrida, non eu) pois marcha á vila de seu pai (seus pais están separados), un lugar de América cuxo nome non quero desvelar, e é máis ben un lugar escuro, dado que sae pouco o sol por alá. En fin, Bella, que é como se chama a nosa aburrida personaxe, vai a esa vila para estudar e para estar lonxe de súa nai e do actual noivo desta.

No colexio, Bella coñece un grupo de xente estraña. Un deles é Edward, e é un vampiro.

Só podo engadir que se namoran (e de que xeito!), e a partir de aí, comeza unha serie de enredos que irás descubrindo ao longo do libro e que continúan en Luna nueva e Eclipse.

Está a piques de saír a última entrega desta fantástica colección. O seu título: Amanecer.

lunes, 6 de octubre de 2008

E logho, iso que é?


Víchelo ben? Si? Que de que falo? Acaso non reparaches nese lapis simpático que está embaixo da foto da esquerda? Ahhhhhhhhhhhhh! Agora si, verdade? O noso logho!

Que vos parece a nosa mascota? Ideouna o voso compañeiro Daniel Ferreiro Presedo e Cristina , a profe de plástica, axudounos a retocarlle as liñas para que lucise en todo o seu esplendor.

Tivemos moitos pretendentes no concurso para buscar a nosa mascota. Foi tamén moi votada a formiguiña lectora de Darío Bugallo Sánchez que conseguiu o segundo premio.
Precisabamos alguén que nos representase pola blogosfera bibliotecaria adiante e velaí está.

Agora só nos queda buscarlle un nome, e gustaríanos que fósedes vós quen lle puxese un ben chuliño.

viernes, 3 de octubre de 2008

Comeza o espectáculo!


Nin a Xbox 360, nin a Playstation 3, nin a volta aos clásicos da consola virtual da Wii que está a retomar o Mario e o Sonic iniciais, son quen de desbancar a emoción, a maxia e os mundos paralelos que atopamos nos libros .

Chega setembro, comezan as clases, e o fascinante circo dos libros reinicia as súas funcións na nosa biblioteca. Velaí xa tedes o Sr. Boletín de outubro presentando algunhas das estrelas que atoparedes nos andeis.

Ocupen os seus asentos, abran as súas mentes ante a fascinación e a maxia do que van ler.

jueves, 2 de octubre de 2008

Éche ben doado! Mochila viaxeira en só tres pasos

Por segundo ano as mochilas viaxeiras están preparadas para comezaren o seu percorrido polos vosos fogares. Como xa sabedes algúns de vós, van equipadas con libros, películas e música axeitada para toda a vosa familia.

Pasos que tedes que seguir para facervos con elas:

Paso 1: mirade nos carteis que hai repartidos polo instituto ou no blogue desta biblioteca cal é o contido das mochilas e elixide aquela que máis vos guste.


Paso 2: acudide á biblioteca e pedídelle ao profesor ou profesora de garda a mochila que elixistes. Se xa estivese emprestada podedes pedir que vos apunten na lista de espera desa mochila ou pedir outra que estea libre.


Paso 3: Lembrade que tedes 15 días para gozar delas. Despois dese prazo é preciso devolvela na biblioteca. Hai moitos fogares que as agardan.

Ah! unha cousiña máis, agradeceriámosvos que deixásedes a vosa opinión sobre esta actividade.
Related Posts with Thumbnails