Como di o premiado Agustín Fernández Paz, o pregoeiro desta efeméride, e como ilustra á perfección Xosé Cobas no cartel conmemorativo deste día: "onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros", nós engadimos: unha luz que enriquece, que complementa a nosa educación. Nos libros atopamos "os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas páxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos". Na nosa biblioteca estes días tamén atopades os testemuños directos de persoas de diversas profesións, orixe, raza..., todas elas unidas pola lectura, a lectura dun libro que as marcou e que quixeron compartir connosco falándonos deses medos, desas risas, deses amores, deses soños...
Este ano o Día da Biblioteca celébrase ben pertiño de nós, en Compostela. No IES As Mariñas celebrámolo todos os días, como non, na nosa biblioteca.
jueves, 23 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario