lunes, 15 de marzo de 2010

Na biblioteca das Mariñas escóitase un ano máis a Rosalía

Por 5º ano consecutivo, este xoves, día 11, as alumnas de 3º de ESO e 2º de Bacharelato, Lucía, Noelia, Laura, Estefanía, Inma, Rocío, Cristina, Alba, Claudia, Judit, Estela, Carla, Eva e Mª José, recrearon con voces nítidas a vida e a obra de Rosalía de Castro na nosa biblioteca.
Con diferentes protagonistas, o noso centro leva anos conmemorando a figura da gran escritora galega, contando en primeira persoa a súa vida e poñendo voz a distintas creacións súas. Ademais, nos dous últimos cursos englobamos dúas datas significativas: O Día de Rosalía e O Día da Muller, xa que encaixan á perfección: Quen mellor ca ela para data reivindicativa como esa? Para as Mariñas, ninguén.

6 comentarios:

Serafín dijo...

Xa cinco anos. Como pasa o tempo! Parabéns a todos/as pola homenaxe a Rosalía.

biblioteca dijo...

A verdade é que as rapazas fixérono moi ben. Incluíndo, por suposto, a Dores.

Iolanda dijo...

Grazas por facernos lembrar un ano máis esta significativa muller da nosa literatura. O espírito rosaliano revive nas Mariñas

BIBLOS dijo...

Que sea por muchos años más. La voz de Rosalía no debe olvidarse nunca, y mucho menos en Galicia. Parabéns.

Ana Peña dijo...

Mágoa non poder estar aí un ano máis, seguro que foi tan emotivo coma sempre. Un bico para Dores e para as nenas.

Mariña dijo...

É moi gratificante ver mociñas emocionadas coa voz da nosa escritora, que mesmo se senten atrapadas nos seus versos... para que algún fale de "cultura acomplexada". E si, Serafín, o tempo pasa e nas Mariñas temos morriñas de vós: Serafín, Ioli ou Ana, e doutros que abordastes noutro porto. Dores

Related Posts with Thumbnails