miércoles, 3 de marzo de 2010

A biblioteca de Cristina

Está claro que Cristina, alumna de 1º de bacharelato, e boa lectora, vai ser matemática. E se tedes algunha dúbida botádelle unha ollada á súa biblioteca: El diablo de los números; Matemagia; La sonrisa de Pitágoras; Números pares, impares e idiotas; El asesinato del profesor de matemáticas e La soledad de los números primos.

Vichedes, non? Ata cando elixe un libro de narrativa chámalle o "gusanillo" dos números.

Pero Cristina, tamén deixa un oco para outras temáticas, e así aparecen: El secreto que nos une, La ladrona de libros, Maus e Cometas en el cielo.

Para terminar, Cristina quere incluír na súa biblioteca dúas lecturas "de clase": Pepa a Loba e The Rabbit Proof Fence. Para que logo digan que as profes de galego e de inglés non atinan cos gustos do alumnado!

Que a ti tamén che gustan as mates? Pois achégate ao andel 51 e atoparás un lote de libros moi divertidos que resolverán todas, ou case todas, as túas incógnitas.

3 comentarios:

BIBLOS dijo...

Me parece interesantísima esta sección de vuestro blog. Es envidiable la calidad de vuestros jóvenes lectores. Parabéns.

biblioteca dijo...

Es una manera de mostrar libros y lo mejor de todo, recomendados por los propios alumn@s. También a nosotras nos parece muy interesante así que habrá más bibliotecas.

mili8951 dijo...

stylish design
Ed Hardy Wholesale
fashion excellent quality
wholesale Ed Hardy
ED Hardy clothing bring you a super surprise!
ed hardy wholesale clothing

Related Posts with Thumbnails