martes, 16 de marzo de 2010

Quen é quen?

Seredes quen de emparellar as portadas destes libros de biografías coas pistas que poñemos a continuación...?


Naturista que elaborou unha teoría moi importante e polémica coñecida como A Evolución das especies despois de facer unha longa viaxe por boa parte do mundo a bordo do Beagle Deulle A volta ao mundo en oitenta días, viaxou Cinco semanas en globo e percorreu Vinte mil leguas de viaxe submarina Xunto cos seus amigos George, Ringo e Paul formou Os Beatles que revolucionaron o mundo da música Morreu con dezaseis anos nun campo de concentración pero antes escribiu un famoso diario mentres estivo escondida, xunto coa súa familia, para que non os apresaran os nazis polo feito de seren xudeos Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 1979 pola súa xenerosa axuda aos máis pobres e necesitados na India Este vagabundo, cun inconfundible bigote, leva sombreiro e bastón pero só cando vai o cine Pintor e escultor, foi un dos maiores artistas do século XX. Tal vez un día Las señoritas de Avignon visiten Guernica Diseñou en 1882 a Sagrada Familia, impresionante templo de Barcelona aínda en construción Científica pioneira no campo da radiactividade que consiguiu dous premios Nobel e foi a primeira muller profesora na Universidade de París Foi rei de Macedonia e un dos líderes militares máis importantes da historia Todo é relativo, este personaxe suspendeu o exame de ingreso na Politécnica para converterse no home que revolucionou a Física Pintou o seu autorretrato no que aparece cunha orella vendada despois de que el mesmo a cortase cunha navalla

As solucións? Nos libros que tes á túa disposición na biblioteca

2 comentarios:

BIBLOS dijo...

Interesante juego. No sé cómo no hay codazos para dejar un comentario aquí. Yo me los sé todos, pero me callo para no desvelar el misterio. Saúdos.

Anónimo dijo...

Soy david, esta bien el juego..pero es bastante facil!

Related Posts with Thumbnails