miércoles, 6 de abril de 2011

A casa da luz



O pasado domingo, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, estreouse oficialmente a película " A casa da luz", baseada na novela do mesmo título de Xabier Docampo.


Como o propio autor do libro dixo en dita presentación: "O libro sempre é mellor cá película"; polo que vos recomendamos, primeiro, botarlle unha ollada ao libro e, despois, cando se estree de xeito comercial, ir ver a película.


O filme trata dunha historia de aventuras onde un grupo de rapaces pon de manifesto o valor da amizade e a forza da unión.


Para nós, ademais, ten un atractivo especial: boa parte dos exteriores están rodados en Betanzos, que, como non podía ser doutro xeito, sae precioso, e as tomas de interior están gravadas no pavillón do noso instituto. Así, podemos ver que nos créditos finais, un dos agradecementos é para o IES As Mariñas. Sentiredes, por tanto, que a película tamén é un pouco nosa.







No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails