Isaac Jacob Blumenfeld, protagonista e narrador desta novela, cóntanos, seguindo o curso da súa vida, gran parte da historia centroeuropea do século XX. Debido á súa situación xeográfica e ás vicisitudes históricas, o seu pobo natal vai pasando dun estado a outro ata pertencer a cinco diferentes. Relátanos, xa nun plano máis persoal, a súa participación nas dúas guerras mundiais, describíndonos ademais a súa familia e a súa vida no pobo.
É importante o comentario humorístico en todo o libro. O narrador ri de si mesmo e, sobre todo, do pobo xudeu. Isto fai a lectura moi entretida e as pasaxes tráxicas (que non son poucas) máis levadeiras. Porque non só encontramos bromas na novela, tamén conta con moitas reflexións sobre a situación política, a vida social, a condición humana....
Como exemplo:
Al final da igual quién triunfe porque la victoria será como una manta corta: si decides abrigarte los pies, queda al descubierto el pecho. Cuanto más dure la guerra, más corta se hará la manta y la victoria no llegará a calentar a nadie.
El pentateuco de Isaac forma xunto con Lejos de Toledo e Adiós Shangai a triloxía do autor búlgaro Angel Wagenstein sobre o destino dos xudeus europeos no século XX.
No hay comentarios:
Publicar un comentario