miércoles, 2 de noviembre de 2011

Magosto-samaín 2011 nas Mariñas


É a mañá do 28 de outubro e nas Mariñas son todo preparativos para os festexos do magosto-samaín:

A entrada está engalanada con cabazas decoradas, libros, teas de araña, paneis de castañas e cabazas...

No campiño, entre as árbores, alumnado de PD3 prepara as brasas nun asador, artellado polo alumnado do ciclo de Automoción. Tamén encetan as castañas para que ao poñelas ao lume non boten a correr. Logo ásanas e ...

Ás 12, todas/todos a comer o doce manxar do magosto. Están sabrosísimas e asadas no punto exacto. Parabéns aos que fixeron tan bo traballo.

Logo imos para o Salón de Actos, que comezan as actuacións:

Video de imaxes e música do IES de Melide.

Entrega dos premios aos mellores artistas decorando cabazas.

Lectura do alumnado de 1º de ESO dos textos de medo que crearon.

E chégalles o turno aos de 2º que corean un "esconxuro do samaín"

E conclúen os de 4º coa lectura dramatizada dun relato de medo, acompañada de imaxes.

Despois de tanta festa, chega a hora de marchar para as casas: a disfrutar da ponte e a pensar xa no samaín 2012.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails