Mi nombre es Harvey Milk conta a loita polo recoñecemento dos dereitos dos homosexuais nos EEUU. A película, baseada en personaxes e feitos reais, transcorre nos anos setenta na cidade de San Francisco (California).
No film, onde Sean Penn fai o papel de Milk, vemos o cambio dun home que pasa de estar “agochado no armario” a un home que reivindica, apoia, loita e defende o dereito das persoas a elexir a súa propia sexualidade sen que isto poida mermar o respecto do resto da sociedade.
Na biblioteca atoparemos as historias, reais ou ficiticias, de homes e mulleres que loitaron pola defensa dos dereitos humanos e libros que na súa temática tratan situacións onde eses mesmos dereitos son transgredidos, pero tamén atoparemos a Oscar Wilde, escritor irlándes que sufriu cadea durante dous anos ao ser denunciado por ter relacións con outro home.
Entre os libros da nosa biblioteca escritos por Wilde destacamos dous directamente relacionados coa súa experiencia na prisión, da que saíu arruinado material e espiritualmente: De profundis, carta escrita pouco antes de sair do cárcere e dirixida ao seu íntimo amigo, e A balada do cárcere de Reading, poema onde describe os seus sentimentos sobre o mundo carcerario.
Mi nombre es Harvey Milk (Milk): Mellor actor
domingo, 1 de marzo de 2009
Como non foi xenial, non tivo inimigos (Oscar Wilde)
Etiquetas:
Cine e literatura,
Dereitos humanos,
Oscars 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario