lunes, 9 de marzo de 2009

A muller innovadora na ciencia

A mostra, desde hoxe no noso centro, consta de 20 paneis coa vida e obra doutras tantas mulleres de distintas épocas que desenvolveron o seu traballo principalmente no campo das matemáticas.

Con ela quérese demostrar que non é verdade que non existisen mulleres dedicadas á ciencia senón que ficaron ocultas. Por iso, preténdese reescribir a historia cun ollar novo para rescatalas do esquecemento e ver que a contribución feminina no ámbito científico-tecnolóxico foi importante.

Na biblioteca tés a túa disposición unha guía para facilitar o seu percorrido.


Para sacar á luz a ocultación da que foron obxecto as mulleres matemáticas

Para poñer de relevo os logros científicos no seu contexto histórico

Para estimular vocacións entre as rapazas

Porque a coeducación é labor de todas e todos

2 comentarios:

Andrade39A dijo...

Paréceme unha guía fantástica e unha maneira moi axeitada de sacarlle partido a unha exposición que senón ás veces pasan sen pena nin gloria.
Parabéns por ese traballo.
Tomo nota.
Saúdos dende Pontedeume.

biblioteca dijo...

Estamos totalmente de acordo contigo. Por iso temos tamén na biblioteca, a disposición do alumnado e profesorado, unha puzzle sobre a exposición e uns xogos matemáticos para completar a visita

Related Posts with Thumbnails