Bill Bryson descubriu este debuxo, ou un moi parecido, nun libro de texto cando estudaba os últimos cursos de Primaria. A imaxe dun sinfín de coches caendo desde o alto dun repentino precipicio de case 6.440 kilómetros de altura cara ao centro do planeta, cautivouno inmediatamente e foi o primeiro indicio da súa curiosidade en coñecer como era realmente o planeta en que vivía.
E ti, non tes curiosidade por saber como pasamos da nada ao que agora somos?
Pois pide na biblioteca os libros onde Bill Bryson, de forma amena e clara, nos conta o verdadeiro milagro da vida.
Ademais dispós de dúas versións do seu libro: Una breve historia de casi todo, para os maiores e Una muy breve historia de casi todo, con ilustracións para os máis novos.
Non perdas esta oportunidade!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario