miércoles, 25 de febrero de 2009

Que é un slum?

Na India coñécese como slum calquera barrio marxinal de calquera da súas grandes cidades.
Son asentamentos absolutamente precarios onde un é capaz de esquecer calquera resquicio de condición humana, polo menos por comparación aos seus semellantes da gran urbe. Nin educación, nin sanidade, nin seguridade, nin protección social, nin oportunidades de emprego, nin electricidade, nin auga potable. Só letrinas compartidas por centos de persoas e chabolas de lata, plástico e bambú duns 10 metros cadrados onde viven familias de oito ou dez membros.

Na India máis da metade da poboación urbana (un 55%) vive nun slum.

Na película Slumdog millonaire, máxima galardonada nos últimos oscars, recóllense as condicións de vida neses barrios e as consecuencias terribles que a miseria ten sobre os nenos e as nenas.

Tamén e desde a biblioteca podemos achegarnos a esa realidade a través do libro Sonrisas de Bombay, escrito por Jaume Sanllorente, un barcelonés que a partir dunha viaxe á India e da impresión que lle causou a desprotección deses nenos e nenas, decidiu instalarse en Bombay e dedicar a súa vida a loitar contra a pobreza.

Dúas formas, a película e o libro, de invitarnos a coñecer as vidas dos máis desfavorecidos.


Slumdog Millonaire: Mellor película, mellor director, mellor guión adaptado, mellor canción, mellor banda sonora, mellor montaxe, mellor fotografía e mellor son.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails