sábado, 14 de febrero de 2009

Emma e Charles

Darwin era un mozo solteiro que pensaba dunha forma burguesa sobre o matrimonio, pero logo de sopesar concienzudamente os pros e os contras decide casar, polo que se dispón á busca da muller adecuada.

Non tivo que buscar moi lonxe. A elección recaeu sobre a súa curmá Emma Wedgwood, a quen coñecía desde a infancia.

A parella casa o 29 de xaneiro de 1839 na igrexa de Maer. Os primeiros anos de matrimonio, vívenos en Londres para trasladarse posteriormente ao que sería o seu domicilio definitivo: Down House, no condado de Kent. Aquí organízanse ao seu xeito, compaxinando a vida campestre coas posibilidades que ofrece a proximidade de Londres.

Emma e Charles tiveron 10 fillos.

Ao final da súa vida Darwin escribiu sobre a súa esposa: "A súa bondade, chea de comprensión cara a min, foi inalterable, e soportaba coa maior paciencia as miñas eternas queixas sobre o malestar e as incomodidades... Admírame o ter a inmensa sorte de que ela, unha persoa que polas cualidades morais era infinitamente superior a min, aceptase ser a miña muller. Durante a miña vida, que sen ela tería sido en moitas épocas desgraciada e pesarosa polas enfermidades, foi para min unha sabia conselleira e un ledo consolo".

Información recollida nesta páxina


Este ano será a estrea da película Creation que reflicte a vida de Darwin e os conflitos que houbo no matrimonio por mor das fortes crenzas relixiosas da súa muller.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails