domingo, 1 de febrero de 2009

Que sabes da túa orixe? De onde vés?

Que cousa!
Sabías que xa no século V a.C. un señor chamado Anaximandro dixo que os animais proviñan da auga e os homes dos animais? Por estraño que che pareza esta afirmación poderiámola considerar o primeiro paso do Evolucionismo.

Uns anos máis tarde... máis ou menos 600
No século I con Xesuscristo, o home faise fillo de Deus á súa imaxe e semellanza . Nin somos animais nin deuses: estamos na metade do camiño.

Por certo, e ti sabes o que é a Paleontoloxía?
Pois é unha ciencia que nace no século XVIII e que fala dos seres orgánicos desaparecidos a partir dos seus restos fósiles.

Neste século considerouse, a falta dunha teoría máis crible, que os fósiles atopados eran restos de animais deformes.

E apareceu Darwin...
Charles Darwin, no século XIX interpretou dunha forma radicalmente distinta estes achádegos e, a través da súa Teoría da Evolución, espallou a idea de que o home xa non é fillo de Deus senón dun mono.

Esta afirmación baséase na teoría da selección natural: aquelas especies que se adaptan mellor son as que sobreviven.

E para saber máis?
Só tes que visitar durante o mes de febreiro o vestíbulo do instituto.



Comezamos o mes Darwin!!

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails