jueves, 12 de febrero de 2009

Que dobre bicentenario!


CHARLES DARWIN

1831. Termina os seus estudos en Cambridge e enrólase na expedición científica que a bordo do HSM Beagle pretendía cartografar as costas de América do Sur.

1839. Contrae matrimonio coa súa prima Emma Wedgwood coa que tería 10 fillos.

1859. Logo de dedicar 20 anos a dar forma ás súas investigacións, Darwin publica A orixe das especies.

1860. As teorías evolucionistas son sometidas a debate nunha memorable sesión na Universidade de Oxford.

1882. O 19 de abril de 1882 Darwin morre en Downe (Inglaterra) e é enterrado na Abadía de Westminster, en Londres.

ABRAHAM LINCOLN

1842. Contrae matrimonio con Mary Todd.

1860. Convértese no décimosexto presidente de Estados Unidos e o primeiro do Partido Republicano.

1863. No Discurso de Gettysburg, unha das súas grandes demostracións de oratoria, anuncia a emancipación dos escravos.

1865. No mes de marzo, inicia o seu segundo mandato presidencial consecutivo.

1865. O 14 de abril é asasinado por John Wilkes Booth, un actor e simpatizante do Sur, mentres asistía a unha representación no Teatro Ford, en Washington.

Información recollida do suplemento de El Mundo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Aínda que sempre é un gusto pasar por onda vós, o tempo non dá para visitar a todos os que quereriamos. Estou abraiada con ides traballando no de Darwin... e nada, iso, que volo tiña que dicir.
Graciñas e parabéns

biblioteca dijo...

A idea é conseguir que todo o alumnado do centro achéguese dalgún modo á figura de Darwin. Libros,cine,xogos,debuxos, curiosidades,... todo vale.
E parece que o imos conseguir.

Graciñas polos teus ánimos.

Related Posts with Thumbnails