miércoles, 22 de diciembre de 2010

Agasallos e lecturas

Neste trimestre 1.687 préstamos: 1.196 libros, 48 cds de música e 443 películas


lunes, 20 de diciembre de 2010

Non quedes coas ganas!



Que aínda non sabes que libro recomendar?

Achégate á biblioteca e botarémosche unha man.

Lembra que tes ata o día 22 para facer un agasallo á persoa elexida.

Que non sabes de que estamos a falar?

Que estás alucinad@ pola chea de agasallos ás portas da biblioteca?
Aquí tes toda a información.



miércoles, 15 de diciembre de 2010

Tuya


Novela negra? Humor? Crítica social? Unha mestura de todo iso é a novela de Claudia Piñeiro, Tuya.

A autora narra, cunha axilidade que impide deixar de ler, como Inés nai dunha rapaza adolescente, descobre que o seu marido, Ernesto, lle é infiel.


A partir de este feito, os acontecementos entre a parella vanse sucedendo de forma vertixinosa mentres a filla vive, de xeito illado, o seu propio problema.

A novela ten, ademais, un desenlace totalmente inesperado.

Pero escoitemos a propia escritora falar do seu libro:



lunes, 13 de diciembre de 2010

Tempo de agasallos

Moi doado:

Paso 1: Busca unha lectura apropiada para a persoa que ti queiras (alumn@ ou profesor@).

Paso 2: fai o préstamo do libro escollido ao teu nome.

Paso 3: Pide a felicitación para cubrir os datos.

Paso 4: Na biblioteca encargarémonos de empaquetar o libro e poñerlle a túa tarxeta de regalo.

@s destinatari@s poderán recoller as súas “lecturas-agasallo” a partir do día 20 deste mes.

Animádevos!

O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio

sábado, 11 de diciembre de 2010

Novidades decembro

Atoparás lecturas para as vacacións de Nadal:


viernes, 10 de diciembre de 2010

Hoxe é o seu día

Non é ciencia ficción, son os dereitos humanos:
(Grazas a Trafegando ronseis, onde atopamos este video)

jueves, 9 de diciembre de 2010

No Nadal, un libro

Pode que estes días xa chegara ás vosas casas...
Ao mellor xa lle botastes unha ollada...
Se cadra xa teñades elixido algún dos libros...
Pero lembrade: No Nadal, un libro (como agasallo ou como préstamo, tanto ten)

miércoles, 1 de diciembre de 2010

De faraóns e momias


Grazas a Patricia, e a súa nai, a Rocío, Verónica, Borja, Andrea e Cristina por facer máis vistosa a exposición de libros sobre Exipto:

lunes, 29 de noviembre de 2010

A traxedia do caucho

El sueño del celta, último libro de Mario Vargas Llosa, recrea a vida de Roger Casement, diplómatico inglés que tivo a misión de elaborar dous informes para o seu goberno: o primeiro sobre as barbaridades que se estaban a cometer no Congo e, o segundo, sobre as cometidas no Perú. En ambos casos, a obtención do caucho para as grandes compañías era o motivo para a violación dos máis esenciais dereitos humanos.

O auténtico informe de Casement podémolo atopar no libro La tragedia del Congo xunto con outros escritos sobre o tema de G. W. Williams, Conan Doyle ou Mark Twain.

E, se queremos adentrarnos na vergoñenta historia da colonización do Congo ao cargo do rei Leopoldo de Bélxica, que mellor que ler o libro de Adam Hochschild, El fantasma del rey Leopoldo.

Con Sete casas en Francia de Bernardo Atxaga e O corazón do negror de Joseph Conrad, podemos achegarnos tamén a triste realidade deste país africano sometido pola man colonizadora dos belgas.

E pechando o círculo, Alberto Vázquez Figueroa na súa novela Manaos sitúanos nas plantacións do caucho na Amazonia e, baseándose en feitos reais, conta as terribles circunstancias que concurrían nestas explotacións.
Todos eles, na nosa biblioteca.
Neste mesmo blogue, "Estamos no Congo belga"

viernes, 26 de noviembre de 2010

Achegándonos a Ana María Matute, premio Cervantes 2010

A escritora fala da lectura, do amor, da guerra, da súa vida...



Logo de escoitala, nos vos gustaría ler algún dos seus libros?

jueves, 25 de noviembre de 2010

Te doy mis ojos

Dirección: Icíar Bollaín

Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, sae fuxindo da súa casa. Leva consigo apenas catro cousas e ao seu fillo, Juan. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e ademais, "deulle os seus ollos"... Ao longo da película, os personaxes irán reescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e que espérase que faga pero no que todos os conceptos están equivocados e onde di fogar lese inferno, onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.

Premios Goya 2004: Mellor película, mellor dirección, mellor guión orixinal, mellor interpretación masculina protagonista, mellor interpretación femenina protagonista, mellor interpretación femenina de reparto e mellor sonido.

Te doy mis ojos e máis cine na nosa carteleira

martes, 23 de noviembre de 2010

Camiñan descalzas polas rochas

No prólogo do libro:

Os relatos e as ilustracións foron creados polas autoras para contribuir coa campaña de Amnistía Internacional "Non máis violencia contra as mulleres", lanzada co obxetivo de poñer de relevo a gravidade e a dimensión do problema, e conseguir que os Estados asuman a súa responsabilidade ante esta violación dos dereitos humanos que é a máis estendida e que permanece oculta e impune.

A violencia contra as mulleres está presente en todas as sociedades do mundo, sexa cal sexa o seu sistema político ou económico. Non sabe de culturas, clases sociais nin etnias. Este escándalo cotiá maniféstase de diferentes maneiras e ten lugar en múltiples espazos, pero cunha raíz única: a discriminación universal que sofren as mulleres polo mero feito de selo.

Unha de cada tres mulleres no planeta sufriu abusos nalgún momento da súa vida a mans de axentes do Estado, membros da súa propia familia ou coñecidos. A violencia no ámbito familiar é a principal causa de morte e discapacidade entre as mulleres de 16 a 44 anos de idade.

A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflictos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Exipto

Unha selección de libros e películas que nos achegan a unha das civilizacións máis interesantes da historia:

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Proyecto Amanda

Leti, estudante do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, fainos un resumo deste libro, primeiro dunha nova saga, e recomenda a súa lectura ao alumnado da ESO.


El libro trata de una niña que se llama Amanda y tiene tres amigos que van al mismo instituto que ella.
Un día, Amanda, hizo una gamberrada en el instituto y desapareció. El director del colegio llama a sus tres amigos para que le expliquen qué pasó y dónde está. Ellos no tienen ni idea de lo que pasa.
Los tres tienen un totem tatuado en el brazo y Amanda, antes de desaparecer, los dibujó en sus taquillas.
Todos los días Amanda les deja pistas para que la encuentren porque está en apuros y necesita su ayuda.
Antes de desaparecer a cada uno les dió un objeto para encontrarla pero ellos no lo saben; poco a poco lo irán descubriendo y se darán cuenta de que en el colegio pasan muchas cosas extrañas.
Una de las chicas se da cuenta de que su madre desaparecida tiene algo que ver con asuntos sucios. El director lo sabe y poco a poco ella lo irá averiguando. Crean una página web para encontrarla.
Si queréis saber más pistas para descubrir el misterio, meteos en la página http://www.proyectoamanda/. com. Hay que ir eliminando pistas con lo que vais averiguando en el libro.
¡Es muy interesante!

lunes, 15 de noviembre de 2010

Rastro

Tan axiña como o veu na libraría, non se puido resistir: achegouse á biblioteca para solicitar a súa compra. Estamos a falar de Rastro de Maggie Stiefvater, continuación do tan emprestado libro Temblor, e de Malú, estudante do segundo curso de Administración e Finanzas quen nos amosa a súa opinión da citada saga:

Entre las lecturas de este verano, descubrí por casualidad el libro Temblor. Una historia diferente, de lobos, magia, sentimientos, amor... donde Grace y Sam luchan por unir sus dos mundos. Para mí la autora ha sabido transmitir al cien por cien todas las inquietudes y vivencias de sus protagonistas, aumentando la tensión y el misterio según pasan las hojas.

Y ha sabido plasmar mucho más, en el segundo libro de la saga, Rastro, que estoy segura, no defraudará. Se suman nuevos personajes y nuevas tramas, todas con un único fin. Atrapará a cualquiera que se anime a emprender esta aventura y, sin duda, será difícil dejar de leer hasta el final.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Preparadas, listas, xa!



Sonia, Cristina e Marta leváronas onte para a casa. Alba, Adrián e Daniel recolleranas mañá. Estamos a falar das mochilas viaxeiras que xa comezaron a súa andaina cos seus libros, películas e música para toda a familia.

E así, semana tras semana, irán chegando aos vosos fogares.


Gozade delas!

martes, 9 de noviembre de 2010

domingo, 7 de noviembre de 2010

El hombre del lago

Aterrou na nosa biblioteca con La mujer de verde, consolidouse como un dos escritores de novela negra máis lidos en As Mariñas con La voz, e agora Arnaldur Indridason, volve a sorprendernos con El hombre del lago.

A novela vai máis alá da investigación do achádego dun esquelete no fondo dun lago, para converterse no relato do abafante ambiente vivido nos anos sesenta por un grupo de estudantes islandeses en Leipzig, cidade de Alemaña do Leste. Alí sufrirán o paso do entusiasmo cara a unha nova sociedade á decepción por mor dos métodos utilizados por esta.

Ao mesmo tempo que devoramos as páxinas do libro para descubrir o final da historia iremos coñecendo, como nos outros libros, novos datos da complicada vida do inspector Erlendur Sveinsson.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Habelas, hailas

O alumnado de 1º da Eso debuxa o Samaín:

viernes, 29 de octubre de 2010

Ata o martes!

Mirade o contenta que se puxo a bruxa cando viu os debuxos que os rapaces e rapazas de 1º da Eso fixeron para poñer xunto á súa fotografía. A vindeira semana daremos conta deles.
Feliz Samaín! Terrorifícas lecturas!

miércoles, 27 de octubre de 2010

Entrevista a miña nai

P: A que anos empezaches a ler?
R: Con dez anos xa empecei a ler e empecei a collerlle afección á lectura.

P: Cal foi o primeiro libro que liches?
R: O primeiro libro que lin foi Las mellizas O`Sullivan de Enid Blyton

P: Cal é o teu autor favorito?
R: Gústanme moitos, pero o meu autor favorito é Gabriel García Márquez.

P: Cal é o xénero literario que máis che gusta?
R: Todos, pero sobre todo a narrativa.

P: Dos libros que levas lido, cal foi o que menos che gustou?
R: El pintor de batallas de Arturo Pérez Reverte. Non o puiden acabar de tanto que me aburría.

P: Que outros libros recomendarías?

P: Que libro andas lendo agora?
R: Trece rosas. Moi lindo, por certo.

P: Cal é o teu libro favorito?

P: Aproximadamente, cantos libros les cada ano?
R: Sobre quince ou vinte.

P: Que significa para ti a lectura?
R: Significa evasión


Ana e Andrea son nai e filla, as dúas boas lectoras e asiduas desta biblioteca.

lunes, 25 de octubre de 2010

Goza da maxia do Samaín coa mellor literatura

Cando empezaba a anoitecer, unha miaxiña inantes de pechar a casa, chegaron dous homes pola calzada. Paráronse diante da porta de chamaron petando coas cachavas na folla aberta. Traguían co iles un burro, i enriba dil un cadaleito ou caixa de morto, atado com cordas.

Á lus do candil. Ánxel Fole

Se abrió camino entre el ramaje hasta que se encontró frente a un alto muro de piedra. Hasta hacía poco, el muro había estado oculto en su mayor parte por altas zarzas y maleza espesa que le impedían acercarse lo suficiente como para ver qué había al otro lado. Por un momento, la curiosidad le hizo olvidarse del hambre y se preguntó qué habría detrás del muro.

Todo quedó en silencio y otros relatos. Nick Shadow

O cadáver, xa moi putrefacto e cheo de vísceras coaguladas, mantívose ergueito ante os ollos dos espectadores. Sobre a cabeza, cunha enorme boca vermella e un solitario ollo de fogo, estaba a horrible besta que astutamente me seducira ó asasinato, e que, coa súa voz delatora, me enviara ó verdugo. ¡Emparedara ó monstruo dentro da tomba!

O gato negro. Edgar Allan Poe


miércoles, 20 de octubre de 2010

El ladrón del fuego

Borja Pérez trocou a electricidade polos estudos de bacharelato. Pero o que non cambiou foi o seu gusto pola lectura. Agora quere recomendarnos o último libro lido: El ladrón del fuego de Terry Deary.

El titán Prometeo, libre al fin de su condena en la que moría cada día, acaba con su torturadora y huye, aunque es interceptado por su primo Zeus, que le ofrece un acuerdo: si Prometeo encuentra a un verdadero héroe entre los mortales, Zeus ayudará a los humanos a los que el titán tanto ama. Para ello, el rey de los dioses otorga a Prometeo dos alas, y le indica como viajar en el tiempo hacia el futuro donde podría encontrar su objetivo.

Este libro narra una apasionante historia desde el punto de vista de un joven ladrón, que conoce y acaba acompañando al titán en la mayor parte del libro, siendo el único que sabe quién es realmente. Además de mostrar grandes aspectos sobre la personalidad humana, y las clases más bajas, humildes y desgraciadas de la sociedad del siglo XIX, es un gran libro que todos deberían leer y que podría, en cierta medida, cambiar la visión del mundo que tiene la mayoría de la gente.

lunes, 18 de octubre de 2010

Como atopar o que busco

Terán este libro na biblioteca? Estará dispoñible a película que quero levar para a fin de semana? Onde podo atopar información para un traballo da clase? Cales son as últimas compras da biblioteca? ...? ...? ...?
Todas as respostas ás túas preguntas na seguinte guía:









viernes, 15 de octubre de 2010

Homer y Langley

Homer y Langley conta a vida dos irmáns Collyer, descendentes dunha familia adiñeirada, o que lles permitiu, a pesar dos seus estudos universitarios, non traballar durante toda a súa vida.

Os personaxes son reais, moitos dos acontecementos que narra o libro tamén, pero grande parte do contado é só a posibilidade do que puido ter ocurrido nesa casa de Harlem, Nueva York, onde chegaron a almacenarse 200 toneladas de lixo, só descubertas tras o falecemento dos irmáns en 1947.

O que hoxe coñecemos como a síndrome de Dióxenes, Doctorow abórdaa de xeito tenro, con respecto e delicadeza, tratando dignamente os seus protagonistas e distanciándose da morbosidade tan latente nos nosos días.



domingo, 10 de octubre de 2010

Mario Vargas Llosa

Non podemos pechar a semana sen facer mención ao último premio Nobel de Literatura: o escritor peruano Mario Vargas Llosa.

Se queres achegarte a súa obra ou reler algún dos seus libros, na nosa biblioteca podes atopar:

Conversación en la Catedral Elogio de la madrastra La guerra del fin del mundo La fiesta del Chivo Travesuras de una niña mala Los cachorros Los jefes

martes, 5 de octubre de 2010

Cristina, as matemáticas e o can

Unha das lecturas que Cristina Blanco, estudante de 2º de bacharelato, levou para ler nas vacacións foi a novela El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon.

O libro, que gañou varios premios, está escrito en primeira persoa por Christopher, un rapaz de 15 anos que padece a síndrome de Asperger. Pero deixemos a Cristina...

La ciencia imaginaria es el refugio de mucha gente que no es capaz de enfrentarse a la vida real. En efecto, las matemáticas son la única manera de bienestar para un niño que sufre el síndrome de Asperger. Esto y la extraña muerte de un perro, traen consigo una historia realmente emocionante que ayudará al protagonista a recrearse en el mundo para conseguir lo que quiere, aunque dificulte la existencia de sus seres queridos.


Na biblioteca en galego e mais en castelá

lunes, 4 de octubre de 2010

Unha recomendación de "manga"

Patricia, estudante do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, acaba de descubrir unha saga de cómic que a ten realmente enganchada. Por iso quere recomendarvos o que tanto lle gusta a ela.

Fullmetal alchemist de Hiromu Arakawa ( debuxante e escritor)


Trátase dunha serie de cómics manga xaponeses, publicados no mesmo sentido de lectura que nas edicións xaponesas ( lense de dereita a esquerda).

Son dous irmáns que buscan a fórmula para recuperar o que perderon cando eran pequenos. Ao longo de cada libro cóntanse as súas anécdotas e como van aprendendo pouco a pouco os segredos da alquimia.

A min recomendoume empezar a lelo un amigo. Chamoume a atención que se leran ao revés, así comencei a engancharme.


É unha forma e estilo diferentes do que se pode atopar nunha biblioteca, polo que eu recomendo que probedes a lelo: son entretidos.

Patricia Silva Orois

Aínda que estes cómics non forman parte dos fondos da biblioteca, lembrade que tedes unha folla de suxestións de lecturas, e así o mundo de manga depende de vós que estea na nosa biblioteca...

jueves, 30 de septiembre de 2010

Waris Dirie na nosa biblioteca

Waris Dirie é unha modelo somalí que traballou para firmas tan coñecidas como Chanel, Revlon, Levi`s ou Benetton. No ano 1997 foi nomeada embaixadora de Nacións Unidas para os dereitos da muller en África co obxectivo de denunciar a práctica da mutilación xenital feminina que ela mesma sufriu na nenez.

No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…

En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.

Na biblioteca poderás atopar estes dous libros e tamén a película Flor del desierto baseada na novela.

Se queres achegarte máis á problemática sufrida por milleiros de nenas ás que se lles practica a mutilación xenital, tamén tes á túa disposición a película Moolaadé.



miércoles, 29 de septiembre de 2010

Alba e Andrea recomendan

Despois das vacacións comezan a chegarnos algunhas recomendacións por parte de noso alumnano. Alba e Andrea, de 2º de Bacharelato, van ser as primeiras.

Marina de Carlos Ruíz Zafón

Cuenta una historia ambientada en la Barcelona del siglo XX sobre un niño que descubre una misteriosa casa en ruinas. Gracias a su atrevida y peligrosa intromisión en esta casa, conocerá paradójicamente a dos inolvidables personas: un hombre anclado en el pasado y su bella hija. El protagonista se enamora de ella y juntos intentarán aclarar un misterio que invade toda Barcelona.

Es una novela muy entretenida y no te cansas nunca de leerla.

Alba Fernández Pato


La llave de Sarah de Tatiana de Rosnay

¿Alguién sabría decirme lo que significa el Vel` d`Hiv? Seguro que muy pocas personas me contestarían que es la gran redada del " velódromo de invierno" que acaeció el 16 de julio de 1942 en el corazón de París. Aquí comienza la historia de Sarah, una niña judía a la que deportan junto a sus padres a un campo de concentración, pero ella esconde algo, una llave, su llave...

Unos sesenta años más tarde, Julia que es una reportera con una vida bastante desordenada, irá conociendo la historia de Sarah y su propia historia a base de casualidades y coincidencias.


Andrea Rivera Deibe

Se queredes ler estes libros, pasade a buscalos á biblioteca.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Aviso urxente

Non temos tempo para ler tantos libros que nos chegan!!!!!!!

Por iso buscamos intrépidos lectores que nos boten unha man para ler e recomendarvos as seguintes novidades.
Premede nas imaxes e atoparedes información sobre elas.


jueves, 23 de septiembre de 2010

martes, 21 de septiembre de 2010

Comezamos!

Miles de libros, centos de películas e unha chea de música agardan por ti na biblioteca!!!!!

lunes, 28 de junio de 2010

domingo, 27 de junio de 2010

As contas claras

A biblioteca non quere marchar de vacacións sen facervos partícipes dos movementos dos fondos durante este último curso.

Como vedes na imaxe, o número de préstamos acadou unha moi boa cifra: 3789.

Os libros (2567), que outro ano máis seguen sendo os gañadores, supoñen un 68% sobre o total dos préstamos; seguidos das películas (1140) con un 30%. No apartado de "outros" van a música e as revistas que cos seus 82 préstamos, representan un 2%.

Outro dato a ter en conta é os préstamos acadados na campaña de verán: desde o 1 de xuño ata o día 23 foron nada máis nin nada menos que 503 préstamos, maioritarimente de libros ( 467).


Nestoutro gráfico podemos ver a evolución da utilización da biblioteca nos últimos oito cursos.

Nel podemos comprobar como ano tras ano aumenta a cantidade total de préstamos.

Seremos quen de superar esta última cifra para o vindeiro curso?


Pode que si. No IES As Mariñas temos o san costume de ler, de ver películas e de escoitar música. Tamén nas vacacións!!

martes, 22 de junio de 2010

Os libros máis lidos

A biblioteca non quere rematar este curso sen encheros seus andeis. E, que mellor que facelo coas lecturas máis prestadas neste ano? Botémoslle unha ollada, hai para todos os gustos:


Mil soles espléndidos, O neno do pixama de raias, La soledad de los números primos, A tres metros sobre el cielo, e La extraña desaparición de Esme Lennox empatan no número de préstamos e sitúanse na cabeza da lista.
La ladrona de libros séguelles de cerca acadando un merecidísimo segundo lugar.

Crepúsculo, e a súa saga (léase Eclipse, Luna Nueva e Amanecer) resístense a deixar os primeros postos de lectura e colócase no terceiro posto.

Los sangre azul, Cazadores de sombras, La reina en el palacio de las corrientes de aire, Tengo ganas de ti, Las crónicas de Narnia, La cocina del azafrán, Los ojos amarillos de los cocodrilos e A cociña de larpeiros fan pandilla para xuntarse na cuarta posición.

Atlas de una añoranza imposible quédase só no quinto lugar.

El símbolo perdido, La mujer de verde, Cometas en el cielo, Rosas blancas para Claudia, Perdona si te llamo amor, Cartas de inverno, La lluvia antes de caer e Marcas de nacimiento rematan a listaxe dos 24 libros máis lidos.

Estiveron a piques de entrar na listaxe: Todo por una chica, El olvido que seremos, Ensayo sobre la ceguera, Medianoche e Adicción, Las reinas de África, El ladrón del rayo, La casa del propósito especial, Inés del alma mía, El lector, Alas de fuego,...

A maior parte, por non dicir toda, destes libros están agora nas vosas casas agardando que os abrades para, tamén nas vacacións, adentraros noutros mundos e noutras vidas. Gozade deles!

lunes, 21 de junio de 2010

Bookcrossing Betanzos-Mugardos



Por fin chegou o día!


Marcos, Sergio, Paula, Adrián, Jessica e Iván, todos alumnos de 1º B da ESO, percorreron o Parque do Pasatempo de Betanzos buscando os mellores recunchos para deixar libros e pequenos agasallos.

E diredes, quen serán @s destinatari@s?

O alumnado do clube de lectura do IES de Mugardos, que hoxe pola tarde chegará para atopalos.

Pero, coidado! non vai ser doado, aínda que, para facilitar o traballo, hai unhas pistas a seguir.

Boa sorte e boas lecturas!

jueves, 17 de junio de 2010

A biblioteca de Sonia

Sonia, que hoxe veu moi contenta do exame da selectividade, non quere irse do instituto sen antes deixarnos a súa biblioteca particular.

Como boa lectora a súa selección é variada. Deste xeito atopamos algo de novela histórica ( La comerciante de libros, Los pilares de la tierra, Un mundo sin fin, La catedral del mar, Os libros arden mal...), lecturas xuvenís ( Rebeldes, Llamando a las puertas del cielo...), clásicos (El mercader de Venecia, El Aleph...), misterio ( Asesinos sin rostro, El código da Vinci...), imprescindibles (¿Que me queres, amor?... ) e últimas novidades na nosa biblioteca ( La lluvia antes de caer, La carretera...).

Moitas grazas, Sonia, non só polas túas recomendacións senón tamén por todo o que tes colaborado connosco nesta biblioteca, no blogue e no club de lectura. Dende aquí desexámosche moi boa sorte!

miércoles, 16 de junio de 2010

Últimas noticias!



¿Aínda non pasaches pola Biblio para elixir as túas lecturas de verán?

¿Non sabes que libros escoller?

Apresúrate, que as estanterías empezan a baleirarse. ¡ Xa levamos 364 préstamos este mes!

E, se tes dúbidas: ¡ déixate aconsellar!!!!

Lembra: Podes levar ata 10 títulos.

martes, 15 de junio de 2010

Pepa A Loba de Carlos G. Reigosa



Agora tócalle a Noemí, Carolina, Patricia, Alba e Sara o turno das recomendacións. Todas elas mulleres como a protagonista do libro.


“Esta novela gustoume porque reflexa á perfección as inxustizas ás que estaban sometidos os labregos polos caciques da época, porque me achega máis ao pasado do pobo galego e ao seu sufrimento, por facerme ver como eran condenados por “delictos” que os propios fidalgos lles “obrigaban” a cometer para poder levar un cacho de pan á boca. Porque en obras coma estas vense as dúas caras do pobo galego: por un lado, os caciques asoballadores e, polo outro, os galegos sufridores”.
Noemi Bascoy


"Este libro empeceino a ler hai anos e pareceume aburrido. Pero agora que o volvín ler, a miña opinión cambiou radicalmente. Pareceume unha boa novela pola forza e valentía que tiña a protagonista, Pepa, alcumada a Loba, despois dos duros golpes que a vida lle dera, xa dende ben nova, pois na infancia perdera a súa nai, viuse obrigada a facer traballos impropios da súa idade... e aínda así, Pepa fíxose unha muller valente, que loitou polos seus ideais ata o fin da súa vida, contra todo e contra todos, sempre á marxe da xustiza e das leis”.
Carolina Brandariz


“A lectura da novela é gratificante... gustoume porque dende un principio enganchoume, engaioloume... isto puido ser porque se trataba dunha lenda e entón iso tiroume máis ou porque o escritor fixo ben o seu labor”.
Patricia Centoira

En canto ao tema, interesoume, xa que se fai “xustiza” ás “inxustizas” da época, e non se poderían resolver doutro xeito que non fose “tomar a xustiza pola man”.
Alba Fernández

“A obra é moi interesante dende un punto de vista psicolóxico e histórico. As enormes diferenzas sociais “enxendraban” persoas como Pepa a Loba, traumadas e infelices. A obra conta o momento dunha persoa que, dende moi pequena, tivo que desenvolver o seu espírito de supervivencia, unha muller que loitou pola igualdade, aínda que dun xeito, ao meu xuízo, moi radical. A reivindicación está ben, pero sentimentos como a rabia desembocan en problemas como o de Pepa ou outras situacións atemporais e irrefreables que non obedecen a ningún tipo de raciocinio nin de sentido común”.
Sara Vales

lunes, 14 de junio de 2010

Ollos de auga de Domingo Villar

Non sabes que libro coller para ler nas vacacións?
Non hai problema, Miguel, Iván, Andrea e Tania aconséllante:

“Pareceume, realmente, unha novela moi interesante, completa e orixinal. Presenta mortes, suspense, amores paixonais, desencontros, humor (a través de Rafael Estévez) e moitas cousas máis, que fan que, cando vas lendo, te introduzas nunha historia tan rechamante como é esta”.
Miguel Roca

“É interesante e, sobre todo, o que máis te engancha é a ansia de saber quen matou a Lois... Non é un asasinato normal, o modo en que atopan a Reigosa é algo macabro e impresionante, unha morte digna dalguén cruel e con desexos de vinganza”.
Iván Mosquera

“As novelas detectivescas non son a miña preferencia; sen embargo, este libro non me disgustou...o que fixo que me gustase foron os pequenos detalles nos que eu sempre me fixo moito: as sardiñas con cachelos, o viño das parras do pai de Leo, a area da praia, o olor da herba cortada, o silencio das rúas de Vigo pola noite, as cuncas de viño do bar Elixio, a cara pálida de Iria Ledo, a maneira de ser de Arthur, a suor de Estévez, a camisa de liño que levaba, a ausencia de Alba...”
Andrea Deibe

“A través dun simple asasinato, introduce na historia múltiples críticas que, por veces, poden pasar case desapercibidas. Ao tempo, apórtanos cultura musical, gastronómica, xeográfica, ten un compilatorio de saberes, sobre todo galegos, que son asombrosos e fascinantes”
Tania Vilariño

viernes, 11 de junio de 2010

Plan, eu si que leo


Sexas como sexas, temos unha tarifa plana para ti. Pasa pola biblioteca e leva 10 libros durante todo o verán, sen recarga nin custos adicionais. Oferta válida ata o 23 de xuño o fin de existencias.



jueves, 10 de junio de 2010

Escribindo ao xeito de Séchu Sende

Algunhas alumnas de 1º Bac Tecnolóxico animáronse a escribir tomando como punto de partida un relato de Made in Galiza, libro no que o autor, dun xeito moi crítico, fai unha análise da situación da lingua galega. Este é o resultado:

EXPECTORANTE DA RABIA E CALMANTE DA FURIA

COMPOSICIÓN:
1000 gr de latín
500 gr de árabe
200 gr de xermánico
1 kg de castrapeo
1 kg de retranca
100 gr de confianza
200 gr de desconfianza
1000 gr de positivismo (“malo será...”)
3000 gr de predición (“vas caer, vai chover”)

Produto elaborado pola combinación de expertos romanos, árabes, xermanos (moi amigos entre si) e un chisco de pobreza, prexuízo, inferioridade social, vergoña e represión.


INDICACIÓNS:
Segue as indicacións da Real Academia Galega, a non ser que a túa zona lingüística o faga dun xeito diferente.
-Situacións críticas de perigosidade de “ostias”.
-Clase de Galego (e de Filosofía).
-Na montaña galega, e en Casa Pacucho (“Salvádeme siempre”), especialidade en churrasco e sobremesas variadas (flan con nata, nata con flan).

POSOLOXÍA:
Adultos: dose normal, xa que están fortes coma buxos.
Nenos: en grandes doses, sobre todo na “idade do pavo”.

CONTRAINDICACIÓNS:
Inxerido en grandes doses pode producir grandes incomunicacións co mundo exterior.
Pode producir tamén indixestión, mesturado con outras linguas.

ADVERTENCIAS:
Non se recomenda a súa utilización en contextos formais.
Cada 1000 gr desta lingua conteñen 500 gr de palabras obscenas, polo que debe usarse con moita precaución.

INCOMPATIBILIDADES:
-Feixoada ou bilingüismo.
-Pijos de La Coru.

EFECTOS SECUNDARIOS:
Non deben producirse coas doses axeitadas. En casos moi extremos, discriminación lingüística.

INTOXICACIÓN E TRATAMENTO:
En caso de sobredose pode provocar pesadez estomacal. Se é así, consultar a RAE ou o ILGA.

PRESENTACIÓN:
En lotes pequenos, dispoñibles por vía oral e/ou escrita.


DEBE MANTERSE AO ALCANCE DE TODOS E, SOBRE TODO, DOS NENOS E NENAS.


Este traballo foi realizado por: Cristina Blanco, María Naveira, Andrea Rivera e Cristina Roel.

lunes, 7 de junio de 2010

Xa temos a buxaina!

Esta fin de semana fomos a Madrid a recoller a "peonza de bronce" que nos foi concedida nos IV Premios Edublogs na categoría de Bibliotecas Escolares.
Acompañáronnos Andrea e Cristina, alumnas de 1º de bacharelato, como representantes desa parte do alumnado que colabora neste blogue. O premio é, como non podía ser menos, para tod@s el@s tamén.

A viaxe non puido comezar mellor: aloxámonos no Barrio das Letras! Xusto ao carón da casa de Cervantes e a poucos metros da de Lope de Vega!

O sábado pola mañá acudimos á entrega de premios que foi moi emotiva. Gozamos con Alfonso Alcántara que nos demostrou que "Los blogs son unos maleducados", puxémoslle cara ás compañeiras bibliotecarias premiadas (Mireu que fem a la nostra biblioteca, Ars Legendi e A Biblioteca do Colmeiro) e recollemos a nosa buxaina.

Pola tarde visitamos a Feira do Libro de Madrid que cumpría 69 anos. A de escritoras e escritores coñecidos que alí vimos! : Camilla Lëckberg, Claudia Gray, Antonio Muñoz Molina, Javier Reverte, Eduardo Mendoza, Almudena Grandes, Asa Larsson, Julia Navarro ...

O domingo foi día de comtemplación: achegámonos ao Museo Reina Sofía para ver o Guernica; en CaixaForum impresionounos a exposición de Fotopress 09 e maravillounos a de Miquel Barceló. Aproveitamos tamén para achegarnos á Estación de Atocha e visitar a homenaxe ás vítimas do 11 M.

Ademais diso paseamos, comimos, rimos moito, pasamos moita calor e gozamos non só do premio senón tamén de Madrid. Se tedes dúbidas, preguntádelle a Andrea e a Cristina, de seguro que vos animan a que colaboredes neste blogue: ten premio!



Related Posts with Thumbnails