Mostrando entradas con la etiqueta Multiculturalidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Multiculturalidade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de mayo de 2013

O gañador do Pasapalabra



Por fin o pasado venres sorteouse entre os folletos acertantes o premio do concurso do Pasapalabra da multiculturalidade! 

Ante a atenta mirada de parte do alumnado,  a man inocente de Leticia Vales sacou o nome do gañador: Alex Yáñez de 1º B da ESO que levou para a súa casa o premio que consistía nunha cesta con libros, música e produtos típicos de diferentes países. 

Noraboa a todos os que participástedes e, en especial, ao gañador!

Esperámosvos para os seguintes concursos!


jueves, 18 de abril de 2013

O pasapalabra multicultural

Como remate da actividade da multiculturalidade que estes  días inundou o centro, a biblioteca pon en marcha  o pasapalabra multicultural. 

  • Pode participar todo o alumnado do centro.
  • O concurso consiste en cubrir este folleto coas respostas correctas,os datos persoais e despois depositalo na furna que hai na biblioteca.
  • Para a búsqueda das respostas pódense consultar os libros e ordenadores da biblioteca.
  • O prazo para a entrega das solucións acabará o día 30 de abril ás 11,30 da mañá.
  • O premio consistirá nunha cesta con produtos de distintos países.
  • Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas, sortearíase o premio entre os acertantes. 

miércoles, 17 de abril de 2013

A nosa multiculturalidade






Aproveitando a variada orixe do noso alumnado, o departamento de Orientación organizou, en colaboración cos títores da ESO e da biblioteca, unha semana adicada á multiculturalidade na que os rapaces e rapazas dos distintos cursos  fixeron unhas magníficas exposicións  sobre os puntos tratados. 

Así fomos descubrindo as costumes, danzas,música, gastronomía, monumentos... dos distintos países que nestes días sentimos especialmente cercanos. 

lunes, 15 de abril de 2013

Hmm....!!!

O pasado venres puidemos disfrutar dos postres que as familias do alumnado doutros países trouxeron ao instituto como colofón a unha semana adicada á multiculturalidade.

Toda unha regalía para os ollos e unha delicia para os paladares.

Agardamos polas receitas de tan sabrosos pratos. 

Moitas grazas!
Related Posts with Thumbnails