Por fin o pasado venres sorteouse entre os folletos acertantes o premio do concurso do Pasapalabra da multiculturalidade!
Ante a atenta mirada de parte do alumnado, a man inocente de Leticia Vales sacou o nome do gañador: Alex Yáñez de 1º B da ESO que levou para a súa casa o premio que consistía nunha cesta con libros, música e produtos típicos de diferentes países.
Noraboa a todos os que participástedes e, en especial, ao gañador!
No hay comentarios:
Publicar un comentario