martes, 22 de marzo de 2011

Lejos de Toledo


O profesor Albert Cohen, experto bizantinólogo, regresa de Israel ao seu Plóvdiv natal para participar nun congreso.

Unha vez alí, irá rememorando a súa infancia nesta cidade búlgara, entretecendo os seus recordos co reencontro cos seus coñecidos que aínda viven.

Preséntasenos, entón, toda unha galería de personaxes entrañables e inolvidables: Abraham o Borrachón, o seu avó, a avoa Marzal (xudeus descendentes dos expulsados de Toledo en 1492 polos Reis Católicos), o fotógrafo Kostas Papadopoulos (que coa súa cámara participaba en todos os eventos importantes, públicos e privados), o músico Manush Aliev, o mestre Stóichev... e todos os habitantes do barrio do Cementerio do Medio onde convivían xudeus, musulmáns e ortodoxos.

Hai unha mestura de sentimentos que deixa unha sensación extraña no lector: a amargura ante a situación persoal dos personaxes únese ao humor con que se contan as historias da nenez. Pero sempre queda un pouso de tristeza polo "paraíso perdido".

viernes, 18 de marzo de 2011

Alex en el país de los números

Sabedes quen foi a primeira lectora desta novidade da biblioteca?

Efectivamente: Cristina Blanco, a nosa particular reporteira do mundo matemático.

En este libro Alex nos muestra el maravilloso mundo de las matemáticas, que no deja nunca de sorprendernos.

En un primer momento nos adentra en el aprendizaje de las mismas en los diferentes lugares del mundo, para luego remontarnos a la antigua Grecia con sus increíbles pensadores.

Luego, nos muestra desde la realidad matemática más inminente hasta la abstración más absorbente, recalcando que las matemáticas no fueron inventadas por el hombre, sino que este lo único que hizo fue descubrirlas, pues la naturaleza está escrita en lenguaje matemático, como afirmaba Pitágoras.

En conclusión, explica infinitud de cosas: el ábaco, pi, la proporción áurea, la distribución normal, el beneficio económico a partir de las matemáticas, el infinito, la magia de los números...

Debido a su nivel de comprensión, recomendaría este libro a partir de 4º de ESO en adelante. Y seguro que a los que les encantaría sería a los profesores de matemáticas.

Moitas grazas, Cristina.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Xenial!!!

Mirade que "lipdub" fixeron no instituto de A Fonsagrada para explicar o percorrido que fai un libro ata chegar ao seu sitio na biblioteca.


Animádevos a felicitalos!!!


martes, 15 de marzo de 2011

Mercadillo solidario polo Bubisher

Bubisher é un proxecto que leva libros aos campamentos saharauís.

Faino a través dun autobús que percorre os distintos campamentos, aínda que nestes intres estase a construír unha biblioteca en Smara.

A biblioteca As Mariñas quere contribuír neste proxecto co mercadillo solidario que se celebrará durante a Semana Cultural no noso centro.

Por iso solicitamos a vosa colaboración.

Que podemos aportar?

Libros, Cds, Dvds, xogos, obxetos decorativos, bisutería… que estean en bo estado e sen deterioro.

Onde os entregamos?

Na biblioteca á hora do recreo.

Axudemos a que a lectura tamén chegue ao Sahara !!!

viernes, 11 de marzo de 2011

Clara dice

Clara dice contén os dous ingredientes básicos da novela negra: unha morte misteriosa e un inspector de policia que ten que resolver o caso.

Sen embargo, o principal atractivo do libro está no tema tan actual que presenta: o perigo do anonimato que ten internet.

Clara é unha rapaza de trece anos que descobre un novo amigo a través dun chat. Pouco a pouco os momentos diante do ordenador pasan a ser os máis importantes da súa vida, imaxinando unha personalidade detrás da pantalla que pouco ten que ver coa realidade e que a levarán a un tráxico final.

A novela de Carlos Roncero, inspirada en feitos reais, entretén; pero sobretodo alerta tanto aos pais como aos adolescentes do aspecto máis escuro que poden chegar a ter as redes sociais como forma de comunicación.

Neste mesmo blog: Pénsao antes de publicar

viernes, 4 de marzo de 2011

Tren a Pakistán


1947. Tras a independencia da coroa inglesa, o territorio indio queda dividido en dous paises: India e Pakistán.

Comunidades hindús, sijs e musulmanas, que ata entón conviviran pacificamente, vense envoltas nunha ondanada de violencia imparable.

Comenza o éxodo. Por propia vontade, para fuxir dunha morte segura, ou ben obrigados á forza, os musulmáns marchan para Pakistán e os sijs volven para a India. Dez millóns de persoas abandonan os seus fogares.

Pero, formando parte desas fuxidas, comeza tamén o tráfico de fantasmais trens cheos de cadáveres, que atravesan as fronteiras recén creadas.

Na aldea de Mano Majra a convivencia entre os habitantes era pacífica, independentemente da súa relixión. Pero as cousas non tardan en cambiar...

Esta novela, publicada en 1956, é un clásico da literatura india. Permítenos coñecer a complexidade dun país e dun conflito aínda latente.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Pampanitos verdes


Hoxe estreamos autor na biblioteca. Chámase Óscar Esquivias e o libro titúlase Pampanitos verdes.
Certamente é un estreno de luxo porque é un libro de relatos co que se disfruta.
Os protagonistas das historias son xente común: un vendedor de piscinas, un carteiro, un técnico de son...
todos xoves ou adolescentes. Pero iso precisamente é o que fai os relatos sumamente atractivos e entretidos, ademais da cotidianeidade dos temas: as relacións familiares, as primeiras experiencias sexuais, o traballo, os estudos...
Co seu inxenio, Óscar Esquivias sabe iluminar o día a día na vida dos protagonistas.
Un libro para gozar e recomendar.
Related Posts with Thumbnails