martes, 15 de marzo de 2011

Mercadillo solidario polo Bubisher

Bubisher é un proxecto que leva libros aos campamentos saharauís.

Faino a través dun autobús que percorre os distintos campamentos, aínda que nestes intres estase a construír unha biblioteca en Smara.

A biblioteca As Mariñas quere contribuír neste proxecto co mercadillo solidario que se celebrará durante a Semana Cultural no noso centro.

Por iso solicitamos a vosa colaboración.

Que podemos aportar?

Libros, Cds, Dvds, xogos, obxetos decorativos, bisutería… que estean en bo estado e sen deterioro.

Onde os entregamos?

Na biblioteca á hora do recreo.

Axudemos a que a lectura tamén chegue ao Sahara !!!

1 comentario:

Biblioteca IRIS. dijo...

Fermoso poema en si e no que representa.
"Roubámolo" para que faga chegar a súa mensaxe á nosa comunidade escolar. Pero como somos ladróns honrados enlazamos co voso blog.
Biblioiris

Related Posts with Thumbnails