Por iniciativa do alumnado de 2º curso do ciclo de Administración e Finanzas fíxose no Instituto unha recollida de alimentos e xoguetes con destino á Cruz Vermella de Betanzos.
En total recolléronse 256 kilos de produtos non perecedeiros.
Todo un éxito de colaboración e solidariedade da comunidade educativa do Centro!
"A caridade é
humillante porque se exerce verticalmente e desde arriba; a solidariedade é
horizontal e implica respecto mutuo."
Eduardo Galeano