martes, 29 de septiembre de 2009

lunes, 28 de septiembre de 2009

La mecánica del corazón

Imagina la noche más fría de la historia. La nieve cae sobre la ciudad de Edimburgo. En lo alto de una colina nace el pequeño Jack, pero su corazón está dañado. Y por eso necesitará reemplazarlo por un reloj de madera, un corazón artificial del que dependerá su vida. Acompañemos a Jack en su aventura quijotesca desde las frías callejuelas escocesas hasta una radiante ciudad andaluza, en busca del amor.
Pero, ¡cuidado!, Jack debe seguir unas reglas para sobrevivir.
Uno: NO TOQUES LAS AGUJAS.
Dos: DOMINA TU CÓLERA.
Tres: NO TE ENAMORES NUNCA.
LA MECÁNICA DEL CORAZÓN DEPENDE DE ELLO.

Deseemos suerte a Jack, y recuerda que, como en este cuento para niños grandes, todos hemos sufrido alguna vez por nuestro voluble corazón.


La mecánica del corazón xa na nosa biblioteca !

jueves, 24 de septiembre de 2009

As vidas de Galileo



Xa temos na biblioteca a tradución galega do cómic oficial do Ano Internacional da Astronomía. Amósanos un retrato de Galileo feito en seis épocas claves para a historia da Astronomía. Galileo protagoniza cada unha delas á vez que nos presenta os descubrimentos que cambiaron o mundo:

En Babilonia aprende a escribir con arxila e ler o ceo.
En Alexandría mide a Terra con Eratóstenes usando un pau.
A beiras do Ganges, Ariabhata explícalle que a Terra vira sobre si mesma.
En Venecia mira máis aló e descobre un universo revolucionario.
En Greenwich coñece a Newton e Halley e o "seu" cometa.
E no ano 2009? Galileo regresou! Animate a coñecelo!
Pero non vos impacientedes, mentres agardades ao luns para pedilo en préstamo podedes ir botandolle unha ollada:

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Mirando ao ceo

No primeiro trimestre deste curso non só o alumnado deste centro vai estar na lúa senón que tamén o profesorado vai ver as estrelas.
Pero non, non nos interpretedes mal: nin os alumnos e alumnas deste instituto van despistarse nos seus estudos, nin os profes imos sufrir ningún percance.

O que ocorre é que o Plan Lector comeza a súa andaina, é para estes primeiros tres meses decidiuse que todos xuntos imos aprender un pouco, ou non tan pouco, de Astronomía.

Asi que non vos estrañedes se algún día nos vedes a tod@s mirando ao ceo: estamos aprendendo.

A partir do vindeiro venres o programa Stellarium estará instalado nos ordenadores da biblioteca así como unha páxina con enlaces sobre o Universo.

Ah! E non esquezades onde están os libros de Astronomía: no andel que ten a CDU 52.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Unha recomendación de lectura

La extraña desaparición de Esme Lennox é a historia dunha muller a quen lle tocou vivir nunha época que non era a súa; nunha época e nunha familia onde as apariencias tiñan máis importancia que a propia felicidade dos seus membros.
O libro lese como se dun puzzle se tratase: as pezas encaixan á perfección, pero só ao final vese o resultado.

Ante el inminente cierre del viejo hospital psiquiátrico de Cauldstone, en Edimburgo, las autoridades comunican a Iris que debe haerse cargo de su tía abuela Esme Lennox, quien será puesta en libertad tras sesenta y un años de internamiento. El desconcierto inicial de la joven, que desconocía la existencia de la anciana, se verá pronto superado por una genuina curiosidad. ¿Qué circunstancia llevó a la reclusión de Esme cuando sólo tenía dieciséis años? ¿Por qué se ocultó su historia ante el resto de la familia durante décadas?

sábado, 19 de septiembre de 2009

Próximamente, nos andeis da biblioteca...




Capitanes intrépidos, un clásico do cine de aventuras.

La clase, unha película tan fermosa como necesaria. Baseada no libro que tés a túa disposición na biblioteca.

El jardín secreto, preciosa película, excelente banda sonora. Clicando aquí poderás acceder a unhas actividades sobre ela.

El mundo de Sofía, baseada no libro de Jostein Gaarden do mesmo título que tamén atoparás na biblioteca.

El curioso caso de Benjamín Button, unha historia sobre a vida, a morte e o amor.

Hace mucho que te quiero, o director desta magnífica película, Philippe Claudel, é tamén un dos escritores máis demandados na nosa biblioteca.

El secreto de Esma, película gañadora do Oso de Ouro do Festival de Berlín 2006.

Slumdog Millionaire, a gran triunfadora nos últimos Oscars. Nada máis nin nada menos que 8!

Máis cine na Nosa Carteleira

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Abrimos as portas


Benvid@s á biblioteca!


Miles de libros, centos de películas, decenas de gravacións musicais e moitas revistas están á espera. Pero xa queda menos: mañá tamén a biblioteca comeza o curso.

E mentres, podedes ir botando unha ollada ao tríptico que nos conta como funciona isto.

Vémonos!

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Baila, baila, Zarité

La isla bajo el mar, o novo libro de Isabel Allende, agarda por ti na biblioteca.

"Baila, baila, Zarité, porque esclavo que baila es libre...mientras baila"



jueves, 3 de septiembre de 2009

Da lectura

Cando leas, le intensamente. Máis incluso: intenta ler con maior intensidade da que o propio autor puxo na súa obra. Le con entrega, paixón e atención, implacablemente. Se cadra, o autor utiliza demasiadas palabras, mais ti le só as xustas. Se parco en palabras cando leas. Concéntrate en cada verba, unha tras outra, para diante e para atrás, escoitando atentamente o libro, seguindo as pegadas que te conducen á súa parte máis profunda. Préstalles atención aos sinais secretos que o propio autor non percibiu e deixou escapar conforme avanzaba na inmensidade da súa obra. Non leas xamais con desprezo, coma quen non quere a cousa, coma aquel a quen convidan a un banquete de deuses e coa punta do garfo petisca na comida sen entusiasmo. Le con elegancia e sobriedade. Le coma se estiveses no patíbulo e o libro que tes nas túas mans fose o último que che levou á túa cela o carcereiro. Le coma se fose unha cuestión de vida ou morte, porque a lectura é o mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o único que le.


Texto: Sándor Márai (Herbario)

Imaxe: Pablo Picasso (A lectura)

Related Posts with Thumbnails