Mostrando entradas con la etiqueta Natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natureza. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de febrero de 2010

Home

Home, un documental para ver, gozar e reflexionar neste


Gustouche? Queres velo enteiro? Témolo na biblioteca

jueves, 18 de junio de 2009

Imos a Corfú e cazamos uns cantos bechos?

A compañía non pode ser máis apropiada: Gerald Durrell e a súa familia (Mi familia y otros animales, Bichos y demás parientes, El jardín de los dioses). Con eles poderemos non só gozar da maravillosa illa grega de Corfú, senón tamén dedicarnos á caza de todo tipo de animaliños, mentres botamos unhas risas.

E se quedamos con ganas de viaxar máis poderemos acompañar a Gerald ao Zoo de Jersey (Atràpame ese mono), á Guayana Británica ( Tres billetes hacia la aventura), á Illa Mauricio (Murciélagos dorados y palomas rosas), á Pampa arxentina e á costa occidental africana (Encuentros con animales) ou, incluso, buscándolle un noivo para súa nai (Un novio para mamá y otros relatos).

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

viernes, 5 de junio de 2009

El hombre que plantaba árboles

Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente escollimos un relato de Jean Giono que narra a historia dun home que durante moitos anos se dedicou a plantar árbores e convertiu un erial desolado nunha terra chea de vida e verdor.

El hombre que plantaba árboles tamén na biblioteca
Videos tu.tv

jueves, 28 de mayo de 2009

Loitando contra a natureza

En agosto de 1914, días antes do estalido da primeira guerra mundial, o famoso explorador Ernest Shackleton e unha tripulación de 27 homes partiron cara ao Atlántico, en busca dun obxectivo nunca antes acadado: realizar a primeira viaxe a pé pola Antártida. Tras cinco meses de travesía, chegaron ao xélido mar de Weddell, onde o seu barco, o Endurance, quedou atrapado no xeo e a tripulación, abandonada á súa sorte. A súa terrible experiencia durou 20 meses, nos que realizaron dous intentos case fatais de escapar antes do rescate final.

Na biblioteca hai un fascinante relato desta expedición, unha das maiores epopeas na loita do home fronte á Natureza. O libro preséntanos, ademais, fotos e ilustracións que recrean a impresionante beleza do océano Austral, a terrible destrución do barco e a heroica loita diaria da tripulación para sobrevivir, un miragre que se logrou, en boa medida, grazas ao liderado de Shackleton.
E ademais, tamén podes vivir máis de cerca esta impresionante aventura coa película-documental do mesmo título que tes á túa disposición na biblioteca. Aquí podedes ver un pequeno avance:


Atrapados en el hielo na biblioteca

miércoles, 18 de febrero de 2009

Rhinoderma darwinii

A ra de Darwin é un anfibio moi pequeno (3 ou 4 cm de largo) de cor verde, café ou incluso amarela co ventre negro brillante e manchas brancas. Estas cores, asociadas ao veneno no mundo animal, evítanlle ser devorada por outros animais. Ademais a súa forma, parecida a unha folla, proporciónalle unha boa camuflaxe.





O seu método de reprodución é único entre os anfibios, xa que as femias poñen os ovos en "racimos" de 30 ou 40 unidades, depositándoos na terra e o macho, cando ve que os pequenos cágados adquiriron o tamaño adecuado, trágaos e sen pasalos ao aparato dixestivo, deposítaos nunha bolsa gutural.

Cando os cágados medran, a bolsa dilátase, permitindo a protección das crías e manténdoas a salvo de calquera perigo. Despois de tres semanas, expúlsaos da súa boca.

A ra, que actualmente está en perigo de extinción, foi descuberta por Darwin na súa estancia en Chile, durante a viaxe do Beagle.

martes, 17 de febrero de 2009

Mira que ben ollo!


O ilustrador Carlos Puche recreou as observacións de Darwin sobre a anatomía do ollo, que é resultado da selección natural. Desde as primeiras células fotosensibles ata os ollos capaces de rotar en todas as direccións e protexidos por párpados, existiu un cúmulo de modificacións que, lonxe dun deseño preconcebido, é produto de cambios azarosos seleccionados pola natureza.

Na ilustración da dereita hai grandes diferenzas entre os ollos das diversas especies.

Serías quen de adiviñar a quen pertencen?

Caimán Gato 1 Formiga Falcón Cabalo Ra 1 Peixe Humano León Chimpancé Azor Araña Gato 2 Galápago Ra 2
Entre os acertantes deste xogo no que puidestes participar durante este mes a gañadora foi Ada Meritxell Álvarez Vilariño de 1º de Bacharelato Sociais.

Información recollida do suplemento Magazine

martes, 10 de febrero de 2009

O solitario George

Este que vedes aquí, son eu: George, o solitario George.

Queredes coñecer máis cousas de min?, pois lede con atención:

Son unha tartaruga xigante das Illas Galápagos pertencente á especie Geochelone nigra abingdoni. Levamos na Terra máis de 30 millóns de anos.
O de Solitario vén porque son a derradeira da miña especie.


Estou no mellor momento da vida xa que só teño 106 anos, aínda que espero vivir ata os 200 ou máis que é a esperanza de vida dos que son coma min.

No parque onde vivo comparto espazo con dúas fermosas tartarugas (femias) dunha especie parecida á miña coa esperanza de que poidamos procrear. Pero, malia que os ovos foron moi ben coidados, non chegaron a eclosionar. Pode que cando eu morra, a miña especie se extinga.

Meus pais coñeceron a Charles Darwin cando veu visitar as nosas illas. A de cousas que me teñen contado de cando estivo aquí! Ata se subía enriba deles…


Levo unha dieta moi sa: son herbívora. Os meus pratos favoritos son: herbas rastreiras, froitas, follas e cactus. A pesar disto, peso case 100 quilos...pero, claro, tede en conta que mido 1,45 por 1,40 m.

E preguntarédesvos: “Como é que a vosa especie está a piques de desaparecer?” Os homes dedicáronse a cazarnos, e especies invasoras como as cabras e as ratas axudaron a mermar a nosa comunidade.

jueves, 5 de febrero de 2009

Viaxando con Darwin


Como parece que isto dos xogos vos gusta, non hai máis que ver como se vai enchendo a urna, ímosvos propoñer un novo: As maletas do coñecemento.Darwin.
Ten actividades para os que cursan a ESO e para os que xa están no Bacharelato. Aínda máis, tamén as hai para os que están empezando: os de primaria. Así que, se tedes irmáns máis novos que vós, tamén lles podedes botar unha man.

Outras páxinas nas que podedes xogar e ampliar os vosos coñecementos de zooloxía son:




jueves, 27 de noviembre de 2008

A natureza en imaxes

Yann Arthus-Bertrand é un fotógrafo francés famoso polas súas fotografías aéreas da Terra. Un dos seus traballos máis coñecido é "A terra vista desde o ceo" con fotos dos cinco continentes.


Ten publicados máis de 60 libros con fotos tomadas desde helicópteros e globos aerostáticos. Algúns deles telos á túa disposición na biblioteca e con eles gozarás coas súas imaxes mentres te achegas á natureza.

La Tierra vista desde el cielo

El futuro de la tierra

La tierra explicada a los niños

jueves, 5 de junio de 2008

"La tierra herida": unha lectura para o Día mundial do medioambiente.



Que futuro lle agarda ao noso planeta? Que mundo herdarán os nosos fillos? Ata que punto é o ser humano o responsable de todos estes inquedantes cambios? E sobre todo, ata que punto estamos a tempo de evitalos ou de paliar os seus efectos?

A estas e outras moitas preguntas responden no seu iluminador diálogo Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro: un pai escritor de enorme prestixio, que se define a si mesmo como cidadán preocupado por estes temas pero profano na materia; un fillo científico que leva anos traballando sobre o terreo os problemas ecolóxicos.

E se queredes coñecer opinións sobre este libro, que mellor que ler as que deixaron no seus comentarios os do club de lectura do IES Auga de Laxe de Gondomar.

La tierra herida, na nosa biblioteca, no andel de Ecoloxía e Biodiversidade (574)

viernes, 23 de mayo de 2008

A orixe da vida

Periquitos namorados, arañas coquetas, cabaliños de mar galantes, sapos caníbales, iguanas mariñas que recordan o poderío dos extintos dinosauros e cangrexos iracundos son protagonistas do filme “Génesis” elaborado pacientemente durante seis anos e dirixido polos biólogos Claude Nuridsany e Marie Pérennou.

O documental, rodado en Islandia, as illas Galápagos, Madagascar e o sur de Francia, reflexa a loita pola supervivencia- o grande come sen reparos o pequeño- pero os autores pon énfases noutros aspectos menos virulentos aclaran: “Aínda que a violencia existe no mundo animal, non pensamos que o seu sexa un universo violento, senon sereno. Puidémolo comprobar nos anos que levamos dedicándonos á bioloxía. Por exemplo, os animais non practican a guerra e a tortura”




A túa disposición na biblioteca

lunes, 28 de abril de 2008

Tierra




Tierra rodouse do 10 de outubro de 2003 ao 16 de setembro de 2006 na Península Antártica; Arxentina; Illa Banks, Canadá; Val de Danum, Borneo; Val do Everest, Nepal; Gabón, Golfo de México; Himalaya, Nepal; Xapón; Deserto do Kalahari, Botswana; Val de Kali Gandaki, Nepal; Karakórum, Paquistán; Bosque Kibale, Uganda; Laponia, Suecia; Territorios do Noroeste, Canadá; Delta do Okavango, Botswana; Costa do Pacífico, California, EE.UU.; Rurutu, Polinesia Francesa; Deserto do Sahara, Níxer; Illa Seal, Sudáfrica; Svalbard, Noruega; Reino Unido; Venezuela; Vermont, EE.UU.; Vladivostok, Siberia; e Highlands Occidentais, Papúa Nova Guinea.


A túa disposición na biblioteca: 10516/DVD/664

Related Posts with Thumbnails