Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Magosto-samaín 2011 nas Mariñas


É a mañá do 28 de outubro e nas Mariñas son todo preparativos para os festexos do magosto-samaín:

A entrada está engalanada con cabazas decoradas, libros, teas de araña, paneis de castañas e cabazas...

No campiño, entre as árbores, alumnado de PD3 prepara as brasas nun asador, artellado polo alumnado do ciclo de Automoción. Tamén encetan as castañas para que ao poñelas ao lume non boten a correr. Logo ásanas e ...

Ás 12, todas/todos a comer o doce manxar do magosto. Están sabrosísimas e asadas no punto exacto. Parabéns aos que fixeron tan bo traballo.

Logo imos para o Salón de Actos, que comezan as actuacións:

Video de imaxes e música do IES de Melide.

Entrega dos premios aos mellores artistas decorando cabazas.

Lectura do alumnado de 1º de ESO dos textos de medo que crearon.

E chégalles o turno aos de 2º que corean un "esconxuro do samaín"

E conclúen os de 4º coa lectura dramatizada dun relato de medo, acompañada de imaxes.

Despois de tanta festa, chega a hora de marchar para as casas: a disfrutar da ponte e a pensar xa no samaín 2012.

jueves, 12 de mayo de 2011

Paula e o lobishome

O martes 10, tivemos o pracer de disfrutar da presenza de Paula Carballeira, muller polifacética dentro do panorama cultural galego.



Nesta ocasión e, aproveitando que o alumnado de 4º ESO leu o seu libro O lobishome de Candeán, ven contarnos contos e falar da obra e tamén das súas experiencias personais. Na charla participaron activamente @s alumn@s.


Grazas Paula, por esa xornada entrañable.

martes, 4 de mayo de 2010

A tropa de trapo

A hora azul foi o espectáculo que a pasada semana trouxo A tropa de trapo ao noso centro. O alumnado da ESO disfrutou coas historias que, acompañadas de música, nos transportan a outros mundos.


Pero deixemos que sexan eles e elas quen opinen:



"Foi unha actividade entretida a cal enseñaba algo" ( Darío, 3º)

"Divertiume bastante o feito de que transmitiran tan ben as historias que contaban" (Silvia, 2º)

"Me gustó, fue algo diferente a otros años" (Rogelio, 1º)

"Estivo ben, me gustó" (Manuel, 1º)

"Gustoume moito pola variedade de historias que contaron" (Daniel, 3º)

"Gustoume porque contaron historias con instrumentos" (Adrián, 1º)

"Gustaronme as historias do deserto" (Asier, 1º)

"Gustoume o taller que fixemos e as historias que contaron" ( Víctor, 1º)

"Gustáronme as súas historias e o conto que fixemos do taller" (Gartzen, 1º)

" A tropa de trapo foi moi divertida e gustoume moito" (Claudia, 3º)

Related Posts with Thumbnails