miércoles, 27 de febrero de 2008

Buscamos mascota para a nosa biblioteca

Tantos anos de lecturas compartidas e aínda non temos mascota.

Queremos que sexas ti, quen a cree.

Por iso decidimos, xunto coa desinteresada colaboración do Departamento de Plástica, convocar un concurso.

BASES:
-Pode participar o alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO.

-Os traballos deberán incluír algún motivo relacionado co tema da lectura, e nalgunha das súas partes aparecerá a lenda: "Biblioteca IES As Mariñas".

-Prazo de entrega dos traballos ata o día 18 de abril inclusive.

-Os traballos presentaranse en tamaño A4 en sobre pechado. Dentro deste sobre grande irá outro menor co nome, apelidos e grupo do alumno o alumna.

-Entregádelle á vosa profesora de Plástica o voso traballo. Ela faránolos chegar á biblioteca.

-Establécense un primeiro premio de 40€ e un accésit de 20€ que se trocarán por libros, música, películas, material deportivo ou útiles de pintura.

-Os premios entregaranse o 23 de abril, Día do Libro, na biblioteca.

-O xurado estará composto polo equipo da biblioteca e de dirección.

Por suposto, o autor ou autora da mascota elexida terá o recoñecemento oficial da biblioteca como creador ou creadora da mascota.

lunes, 25 de febrero de 2008

Rosalía máis viva ca nunca

Así a sentimos nos nosos corazóns este luns, 25 de febreiro, na nosa biblioteca.

Rosalía voz, cando alumnos e alumnas do centro recitaban:
“Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal(...)”

“Non me olvides, queridiña,
se morro de soidás...
tantas leguas mar adentro...
¡miña casina, meu lar!”

“Castellanos de Castilla,
tratade ven aos gallegos;
cando van, van como rosas,
cando vén, ven como negros (...)”

Rosalía canto, cando os instrumentos e as voces se unían en:
“Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa (...)

(Tamén podedes escoitar está canción aquí)

Rosalía remozada, cando Monse nos dramatizou a súa vida:
“Nacín tal día como o de onte, hai xa moitos anos, un 24 de febreiro de 1837 (...)”

Rosalía madura, na interpretación de Dores:
“Algúns creron que a miña tristura tiña que ver coa orixe bastarda e sacrílega; pero non é certo, os golpes serían duros e chegarías despois. Escoitade....(...)”

Que mellor día que o de Rosalía para comezar a andaina deste blogue, non credes?

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

Related Posts with Thumbnails