Mostrando entradas con la etiqueta Cine e literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine e literatura. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de diciembre de 2012

Iván e Sergio van ao cine


-Sabedes quen foron  os gañadores do concurso Cine e Literatura?

-Pois... Iván e Sergio.

- E que tiñan de premio?

- Dúas entradas para o cine con dereito a palomitas, bebidas e golosinas.

- Para que película?

- Poden elixir a que queiran. Teñen todo o curso para decidir a película que máis lles apeteza.


Disfrutade do premio!

martes, 20 de noviembre de 2012

Concurso cine e literatura

Exposición libros e películas

Bases: 

Poderá participar todo o alumnado do centro, ben de forma individual ou por parellas.

O prazo do concurso será desde o día 19 de novembro ata o día 30.

No momento da inscrición, recollerase unha ficha onde irán escribindo as respostas das preguntas.

As preguntas, unha cada día, iranse poñendo no taboleiro exterior da biblioteca.

O día 30 será o prazo final para a entrega da ficha de respostas.

Haberá un premio para a ficha que teña todas as respostas correctas. En caso de haber varias farase un sorteo.  

viernes, 9 de marzo de 2012

Óscars na biblioteca

Nestes días e coindindo coa entrega dos premios cinematográficos, a exposición da biblioteca vai de cine.


Pero de cine do bo, de aquelas películas que no seu momento recibiron un ou máis Óscars nas categorías de mellor dirección, película, actor, actriz, vestiario, banda sonora, guión... E non podían faltar, por suposto, os libros sobre cine e aqueles nos que se basearon algunhas das pelis.




Tedes un montón para elixir.




Deixádevos acompañar polo cine.

miércoles, 6 de abril de 2011

A casa da luz



O pasado domingo, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, estreouse oficialmente a película " A casa da luz", baseada na novela do mesmo título de Xabier Docampo.


Como o propio autor do libro dixo en dita presentación: "O libro sempre é mellor cá película"; polo que vos recomendamos, primeiro, botarlle unha ollada ao libro e, despois, cando se estree de xeito comercial, ir ver a película.


O filme trata dunha historia de aventuras onde un grupo de rapaces pon de manifesto o valor da amizade e a forza da unión.


Para nós, ademais, ten un atractivo especial: boa parte dos exteriores están rodados en Betanzos, que, como non podía ser doutro xeito, sae precioso, e as tomas de interior están gravadas no pavillón do noso instituto. Así, podemos ver que nos créditos finais, un dos agradecementos é para o IES As Mariñas. Sentiredes, por tanto, que a película tamén é un pouco nosa.







martes, 25 de mayo de 2010

África

Hoxe, 25 de maio, é o Día de África. Nós imos celebralo da mellor maneira que coñecemos:

Co poema de Liman Boicha

"Un beso,

solamente un beso,

separa

la boca de África

de los labios de Europa"

Coa guía de lectura e cine sobre África


E c0a música de Mariem Hassan

miércoles, 10 de marzo de 2010

Os premios Óscar están na biblioteca

De seguro que sabedes que Kathryn Bigalow se converteu, a pasada noite do domingo, na primeira muller que recibiu un Óscar á mellor dirección coa película En tierra hostil.

Pode ser que tamén saibades que estoutro filme, Up, levou dous premios: á mellor película animada e á mellor banda sonora.

O que pode ser que descoñezades é que esta encantadora película, para todas as idades, xa está na biblioteca. Mentres esperades a pedila, podedes ir botandolle unha ollada ao trailer:


Outros premios foron para as cintas El secreto de tus ojos (mellor película en fala non inglesa) e Precious (mellor actriz de reparto e mellor guión adaptado). As dúas baseadas en cadanseu libro (El secreto de tus ojos e Push) que tamén temos na biblioteca. Se tedes curiosidade en lelos, adiantámosvos a sipnose:

Treinta años atrás, cuando Benjamín Chaparro era prosecretario en un juzgado de instrucción, llegó a su oficina la causa de un homicidio que no pudo olvidar. Ahora, ya jubilado, repasa buena parte de su vida, las instancias de ese caso y sus insospechadas derivaciones, y la historia de un amor secreto que lo mantiene acorralado entre la pasión y el silencio.
(Editorial Alfaguara)
Precious Jones tiene dieciséis años, es negra y casi analfabeta, y espera su segundo hijo. El primero lo tuvo a los doce años, y el padre de ambos es su propio padre. Vive en Harlem con su madre, una reclusa obesa y cruel que mira la televisión sin cesar, devora la comida que la jovencita le prepara y la somete a los más denigrantes abusos. Forzada a abandonar la escuela, Precious acaba en un instituto para casos desesperados. Pero allí está la señorita Rain que le dará la oportunidad de recuperar su dignidad. (Editorial Anagrama)

miércoles, 27 de enero de 2010

A orde de factores si altera o produto

O venres estréase a película Invictus dirixida por Clint Eastwood e baseada no libro El factor humano de John Carlin.
Hoxe estréase na biblioteca o libro El factor humano que inspirou Invictus, a última película de Clint Eastwood.

Que mellor para coñecer esta historia real, centrada en Nelson Mandela, que ler o libro antes de ver a película?

Para saber máis: Entrevista con John Carlin

Outras películas do mesmo director que tes á túa disposición na biblioteca

martes, 27 de octubre de 2009

Coraline


Xa podes gozar das aventuras de Coraline, personaxe creado por Neil Gaiman. Non tardes moito en pedir o libro na biblioteca xa que axiña teremos a película para ti.

E se queres ir vendo o trailer aquí o tes:



sábado, 19 de septiembre de 2009

Próximamente, nos andeis da biblioteca...




Capitanes intrépidos, un clásico do cine de aventuras.

La clase, unha película tan fermosa como necesaria. Baseada no libro que tés a túa disposición na biblioteca.

El jardín secreto, preciosa película, excelente banda sonora. Clicando aquí poderás acceder a unhas actividades sobre ela.

El mundo de Sofía, baseada no libro de Jostein Gaarden do mesmo título que tamén atoparás na biblioteca.

El curioso caso de Benjamín Button, unha historia sobre a vida, a morte e o amor.

Hace mucho que te quiero, o director desta magnífica película, Philippe Claudel, é tamén un dos escritores máis demandados na nosa biblioteca.

El secreto de Esma, película gañadora do Oso de Ouro do Festival de Berlín 2006.

Slumdog Millionaire, a gran triunfadora nos últimos Oscars. Nada máis nin nada menos que 8!

Máis cine na Nosa Carteleira

martes, 17 de marzo de 2009

Un cadro, un libro, unha película

Parábola dos cegos (1568)

Só se pode agardar a desgraza cando un ciego guía outro cego. Esta parábola da Biblia é a que ilustra Brueghel neste cadro. Unha ringleira de cegos, grotescos, ridículos, séguense uns aos outros, cos ollos secos e as cabezas en alto. O primeiro, o xefe, xa caeu no río, mentres o segundo está a piques de seguilo. A cegueira humana á que se refire Brueghel é de natureza moral e non agarda nada bo dos demais. (Artehistoria)




Un home parado ante un semáforo en vermello queda cego de súpeto. É o primeiro caso dunha "cegueira branca" que se expande de xeito fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de máis primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.
José Saramago obríganos a parar, pechar os ollos e ver. Recuperar a lucidez e rescatar o afecto son dúas propostas fundamentais dunha novela que é, tamén, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade.


A ciegas (2008)

Dirixida por Fernando Meirelles (El jardinero fiel) e baseada no libro Ensayo sobre la ceguera.

A rodaxe comenzou en xullo de 2007. Fieis ao desexo de Saramago de que a película, igual que a novela, estivese ambientada nunha cidade non identificada que achegue unha universalidade atemporal, foi rodada en tres países diferentes, sen que sexan identificables. A meirande parte dos exteriores do principio foron rodados en São Paulo, a cidade natal de Meirelles. A parte central da película, ambientada no psiquiátrico convertido en campo de corentena, rodouse no antigo cárcere de Guelph (Canadá); e o clímax, que se desenvolve na paisaxe arrasada dunha metrópole dominada polo caos, foi rodado en São Paulo e Montevideo. (Zinema)



martes, 3 de marzo de 2009

Vals con Bashir, a Historia debuxada

"Un descenso al infierno en dibujos" ( El País)

"Ari Folman estremece con la pesadilla de Sabra y Chatila" (Público)

"As últimas e conmovedoras imaxes catapultan a animación ao drama real, arrincándolle bágoas ao espectador" ( Elle)

"Unha decisión artística que permite que os pesadelos dos exsoldados sexan aínda máis aterradores, ademais de achegar unha dimensión apocalíptica e surrealista a esta película orixinal, universal e turbadora" ( Le journal du Dimanche)

Vals con Bashir é un documental que recolle testemuños e sucesos reais sobre a matanza indiscriminada en Sabra y Chatila (1982) coa particularidade de utilizar a animación para presentalos.


Tamén na sección de banda deseñada podemos atopar dous libros baseados en feitos históricos:

Persépolis que nos achega á revolución iraní a través dos ollos de Marjane Satrapi

E Maus, gañadora do Premio Pulitzer, onde o autor narra a vida de seu pai, supervivinte dos campos de exterminio nazis.



Vals con Bashir: Nominada a mellor película en fala non inglesa

lunes, 2 de marzo de 2009

Wall-E

Despois que a Terra fose devastada pola contaminación ambiental, os humanos deciden abandoala e deixan funcionando os robots Wall-E para que a limpen. Logo de setecentos anos só queda en activo un Wall-E que recibe a inesperada visita doutro robot que busca vida neste esquecido planeta.

Esta é a trama de Wall-E, película animada de ciencia ficción, que atoparás nos andeis de Dvds da biblioteca.

Gustache a ciencia ficción?, entón achégate ata a narrativa e alí atoparás "o mellorciño" deste xénero:

Crónicas marcianas de Ray Bradbury


Robots e Imperio de Isaac Asimov




Wall-E: Mellor película de animación

domingo, 1 de marzo de 2009

Como non foi xenial, non tivo inimigos (Oscar Wilde)

Mi nombre es Harvey Milk conta a loita polo recoñecemento dos dereitos dos homosexuais nos EEUU. A película, baseada en personaxes e feitos reais, transcorre nos anos setenta na cidade de San Francisco (California).

No film, onde Sean Penn fai o papel de Milk, vemos o cambio dun home que pasa de estar “agochado no armario” a un home que reivindica, apoia, loita e defende o dereito das persoas a elexir a súa propia sexualidade sen que isto poida mermar o respecto do resto da sociedade.

Na biblioteca atoparemos as historias, reais ou ficiticias, de homes e mulleres que loitaron pola defensa dos dereitos humanos e libros que na súa temática tratan situacións onde eses mesmos dereitos son transgredidos, pero tamén atoparemos a Oscar Wilde, escritor irlándes que sufriu cadea durante dous anos ao ser denunciado por ter relacións con outro home.

Entre os libros da nosa biblioteca escritos por Wilde destacamos dous directamente relacionados coa súa experiencia na prisión, da que saíu arruinado material e espiritualmente: De profundis, carta escrita pouco antes de sair do cárcere e dirixida ao seu íntimo amigo, e A balada do cárcere de Reading, poema onde describe os seus sentimentos sobre o mundo carcerario.




Mi nombre es Harvey Milk (Milk): Mellor actor

sábado, 28 de febrero de 2009

A clase

“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.”


François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos.

A película baseada na novela e do mesmo título, rodouse nun instituto real onde os rapaces e as rapazas, os seus pais e nais e os seus profesores e profesoras, fixeron de actores e achegaron aspectos da súa vida que dotou a película dun maior realismo e autenticidade. Só o personaxe do profesor corresponde a un actor, que é ademais mestre e autor do libro.

Outras clases:


La clase (Entre les murs): Nominada a mellor película en fala non inglesa.









viernes, 27 de febrero de 2009

Mulleres con premio

Kate Winslet foi unha das premiadas nos últimos Oscars polo seu papel de Hanna na película El lector baseada no libro escrito por Bernhard Shlink do que xa falamos non unha, senón dúas veces neste mesmo blogue.

E Penélope Cruz conseguiu o seu premio pola súa interpretación de Mª Elena na película Vichy Cristina Barcelona.


Barcelona? Quen dixo Barcelona? Coas ganas que teño eu de ir alí, de pasear polo barrio gótico e visitar La catedral del Mar, de comprobar se é certo ou non a existencia do cemiterio dos libros olvidados, de pasear polo ensanche vendo os edificios modernistas de Gaudí e de practicar o inglés falando cos turistas que abarrotan a cidade. Eso sí, tamén collerei na biblioteca a guía visual de Cataluña para preparar ben a viaxe.

The Reader (El lector): Mellor actriz

Vichy Cristina Barcelona: Mellor actriz de reparto

jueves, 26 de febrero de 2009

Nacer con 80 anos

A película El extraño caso de Benjamin Button baséase nun relato escrito por F. Scott Fitzgerald en 1922 e inspirado nunha cita do escritor Mark Twain: "A vida sería infinitamente máis alegre se puidésemos nacer con 80 anos e nos achegásemos gradualmente aos 18".

Se queres ler o relato orixinal clica na imaxe e asi poderás comprobar as similitudes e diferenzas co filme que narra a historia dun neno que nace con 80 anos e, que a medida que pasa o tempo vai sendo máis xove ata que chega a converterse nun bebé.


Tamén no conto "O neno suicida", incluído no libro Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, aparece a figura dun recén nacido vello.



El curioso caso de Benjamin Button: Mellor deseño de producción , mellor maquillaxe e perruquería e mellores efectos especiais

miércoles, 25 de febrero de 2009

Que é un slum?

Na India coñécese como slum calquera barrio marxinal de calquera da súas grandes cidades.
Son asentamentos absolutamente precarios onde un é capaz de esquecer calquera resquicio de condición humana, polo menos por comparación aos seus semellantes da gran urbe. Nin educación, nin sanidade, nin seguridade, nin protección social, nin oportunidades de emprego, nin electricidade, nin auga potable. Só letrinas compartidas por centos de persoas e chabolas de lata, plástico e bambú duns 10 metros cadrados onde viven familias de oito ou dez membros.

Na India máis da metade da poboación urbana (un 55%) vive nun slum.

Na película Slumdog millonaire, máxima galardonada nos últimos oscars, recóllense as condicións de vida neses barrios e as consecuencias terribles que a miseria ten sobre os nenos e as nenas.

Tamén e desde a biblioteca podemos achegarnos a esa realidade a través do libro Sonrisas de Bombay, escrito por Jaume Sanllorente, un barcelonés que a partir dunha viaxe á India e da impresión que lle causou a desprotección deses nenos e nenas, decidiu instalarse en Bombay e dedicar a súa vida a loitar contra a pobreza.

Dúas formas, a película e o libro, de invitarnos a coñecer as vidas dos máis desfavorecidos.


Slumdog Millonaire: Mellor película, mellor director, mellor guión adaptado, mellor canción, mellor banda sonora, mellor montaxe, mellor fotografía e mellor son.

lunes, 12 de enero de 2009

El lector


A actriz británica Kate Winslet recibiu onte un Globo de Ouro polo seu papel na película "El lector".


O filme dirixido por Stephen Daldry ,que xa dirixiu películas como Billy Elliot ou Las horas, está baseado na novela do mesmo título escrita polo alemán Bernhard Schlink.


Desde este blogue queremos animarvos, como xa fixemos fai uns meses, a ler esta historia de amor e contradicións, mentres esperamos o estreo da película para o próximo mes de febreiro.


martes, 25 de noviembre de 2008

As crónicas de Narnia

"Las crónicas de Narnia" é unha saga de libros xuvenís escrita por C.S.Lewis entre os anos 1949 e 1954. Narnia é unha terra de fantasía e maxia onde hai animais que falan e criaturas mitolóxicas.

Na nosa biblioteca podes atopar os cinco primeiros libros:

  • El sobrino del mago Narnia..., un lugar polo que deambulan bestas parlantes..., onde agarda unha bruxa..., onde un novo mundo está a piques de nacer.

  • El león, la bruja y el armario Narnia..., un mundo conxelado..., unha terra agarda a súa liberación.

  • El caballo y el muchacho Narnia..., un lugar onde os cabalos falan..., onde se maquina unha traición..., onde o destino agarda o seu momento.

  • El príncipe Caspián Narnia..., un lugar onde os animais falan..., onde as árbores andan..., onde se está a piques de librar unha gran batalla.

  • La travesía del caballero del Alba Narnia..., onde un dragón esperta..., onde as estrelas deambulan pola terra..., onde calquera cousa pode suceder.




E despois de lelos, lembra, na nosa carteleira atoparás as dúas películas que se fixeron baseadas nestes libros: "El león, la bruja y el armario" e " El príncipe Caspián".

Non as perdas!

Related Posts with Thumbnails