martes, 23 de junio de 2009

Pechado por vacacións!



A biblioteca deséxavos unhas moi boas vacacións e unhas mellores lecturas.


Vémonos en setembro!

jueves, 18 de junio de 2009

Imos a Corfú e cazamos uns cantos bechos?

A compañía non pode ser máis apropiada: Gerald Durrell e a súa familia (Mi familia y otros animales, Bichos y demás parientes, El jardín de los dioses). Con eles poderemos non só gozar da maravillosa illa grega de Corfú, senón tamén dedicarnos á caza de todo tipo de animaliños, mentres botamos unhas risas.

E se quedamos con ganas de viaxar máis poderemos acompañar a Gerald ao Zoo de Jersey (Atràpame ese mono), á Guayana Británica ( Tres billetes hacia la aventura), á Illa Mauricio (Murciélagos dorados y palomas rosas), á Pampa arxentina e á costa occidental africana (Encuentros con animales) ou, incluso, buscándolle un noivo para súa nai (Un novio para mamá y otros relatos).

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

miércoles, 17 de junio de 2009

Georgia Nicolson

Georgia Nicolson é unha moza de quince anos, extrovertida e moi namoradiza, pero iso si: tamén é moi divertida. Queres coñecela?
Pois na biblioteca fixemonos cos seus diarios, así que si queres botar unhas risas, non tes máis que vir por eles e saberás da tola e atrevida vida da súa protagonista e mais as súas amigas.
Preparádevos porque en xullo se estrea a película baseada no primeiro diario. Clicade aquí e veredes o trailer.

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

lunes, 15 de junio de 2009

Para todos os gustos




Coñecendo outras realidades Os clásicos nunca pasan de moda Curiosidade científica Na variedade está o gusto Tras os pasos do misterio Sen perder de vista á escola Non á guerra! Reais ou imaxinarios, pero sen dúbida: fantásticos 1,2,3,4,... Non hai temas tabú O máis lido na nosa biblioteca

Cales elexirías ti para ler nas vacacións?

domingo, 14 de junio de 2009

Ler nas vacacións

O crecente número de préstamos na nosa biblioteca fai plantexarnos unha nova iniciativa para estas vacacións: o préstamo de libros para levar durante os meses de verán.

Así que xa podedes ir botando unha ollada á exposición temática que temos instalada dentro da biblioteca ou curiosear polos andeis para ir escollendo as vosas lecturas.


Máis de 11.000 libros agardan por vós...

miércoles, 10 de junio de 2009

La sombra de Alejandro

Morgan es un doctor en arqueología clásica, especialista en Grecia, que se dedica a resolver expedientes arqueológicos no resueltos.

Tras la muerte de su hermano en una excavación submarina en Grecia se retira a trabajar en los sótanos del Louvre. Pero esta situación cambia cuando recibe la orden de dirigir el inventario de un antiguo doctor que sabía de la existencia de una parte de la armadura de Aquiles.
Morgan recibe una llamada de un mecenas muy adinerado que le propone encontrar dicha armadura a cambio de ver a su hermano al que todos daban por muerto.

Tras esto el protagonista se lanza a la aventura por todo el mundo en busca de la armadura con la compañía de Hans, su ayudante en el Louvre, y de Kathia, egipcia que se convierte en la novia de Morgan.

Los tres se embarcan en una serie de misterios y peligros hasta que, al fin, dan con la armadura y Morgan consigue encontrarse con su hermano.

El libro me pareció muy interesante porque nos muestra la vida de los arqueólogos, una vida llena de viajes y peligros. La novela está constituida por una mezcla de acción e historia. Yo la recomiendo a cualquiera que le gusten estos temas.
Este artigo está escrito por Brais Vázquez, alumno de 1º de Bacharelato de Humanidades.

martes, 9 de junio de 2009

Enderezo descoñecido

Enderezo descoñecido publicouse por primeira vez e con grande éxito no ano 1938, malia que en 1939 desaparaceu das librerias europeas para ser inscrita na lista dos libros prohibidos do Tercer Reich. Non foi ata 1995, co gallo da conmemoración da liberación dos campos de concetración nazis, no que volveu a editarse sendo traducida a varios idiomas.



Paradero desconocido escrita por Kressmann Taylor, conta a historia de dous amigos e socios no mercado das obras de arte: Martin Schulse, un alemán, e Max Eisenstein, un xudeu estadounidense, que viven en California. No ano 1932 Martin decide volver a Alemania coa súa familia. Desde ese momento xorde un intercambio de cartas nas que se vislumbra a sombra da situación politíca de Alemania.

A obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Dela díxose: é a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción.

lunes, 8 de junio de 2009

A nosa biblioteca na Feira do libro de Madrid

Un ano máis a Biblioteca enviou unha correspondente para cubrir un dos eventos máis salientables no mundo libreiro:
A feira do libro de Madrid.

Madrid. 7 de xuño de 2009. Paseo de coches del Retiro.

Non vaiades pensar que vos imos falar dunha competición automobilística! Desde o ano 70 a feira do libro vénse celebrando nesta zona do parque do Retiro, abandonado o Paseo de Recoletos que a viu nacer en 1933.

Malia o mal tempo desta fin de semana o paseo está ateigado de xente que busca entre tanta oferta ese libro desexado, ese agasallo perfecto, ese autor admirado para que lle dedique a obra. Tiñades que ver as colas que había para Ibáñez e para o noso Manuel Rivas. Imposible facerme cunha das súas dedicatorias para os nosos andeis.

Un dato que nos chamou a atención: a organización prohibiu a participación de editores e empresarios que se dediquen á comercialización de calquera produto relacionado co libro electrónico. Apoiamos esa decisión. Como lles dicía Anxo Fariña ás nosas Mariñas Lectoras: a un libro nunca se lle acaba a batería.

A feira remata o vindeiro domingo. Se por algún motivo vos tedes que desprazar a Madrid, xa sabedes. Mentres, pedídenos os títulos que desexedes ler, de seguro que na biblioteca tamén os temos. E de non ser así, cubre a folliña de suxestión de compras e miraremos de mercalo.

Crónica enviada pola profesora de Lingua e Literatura Galega, Iolanda Sánchez Méndez.

domingo, 7 de junio de 2009

O PDC4 cóntanos...

O día 2 de xuño fomos de excursión a Santiago todo o PD4 e os clubes de lectura "As Mariñas lectoras" deste instituto e "Salicornia" de Miño.

Os de PD4 comezamos a nosa excursión facendo unha visitiña ao Museo do Pobo Galego, que foi o que máis nos gustou en xeral a todos. Os nenos subiron polas escaleiras máis famosas do Museo ás carreiras e logo non podían co seu propio corpo.

Cando saímos de alí fomos ao Museo de Arte Moderno no cal había cousas que non entendiamos moi ben onde tiñan a arte e non nos gustou demasiado.

Máis tarde cruzamos todo Santiago para ir ver o Museo de Historia Natural onde había animais e minerais moi bonitos e curiosos. De camiño a este museo, encontrámonos coas irmáns máis famosas desta cidade, "As Marías", e aproveitamos para facernos unhas fotos con elas, aínda que luciamos máis nós ca elas, a verdade.

Logo fomos comer e tivemos o resto da tarde libre para facer un xogo de buscar pistas polas rúas da cidade ata que chegamos ao parking do bus onde, mentres esparabamos, tivemos que intentar explicarlle a un francés onde se pagaba, cousa que nos costou un pouco.

Para rematar, collimos o bus e marchamos para a casa. Pasámolo moi ben!







Artigo feito polo alumnado do PDC4

No blogue do club lectura hai unha crónica de Sonia e Alba que fala da excursión de As Mariñas Lectoras

viernes, 5 de junio de 2009

El hombre que plantaba árboles

Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente escollimos un relato de Jean Giono que narra a historia dun home que durante moitos anos se dedicou a plantar árbores e convertiu un erial desolado nunha terra chea de vida e verdor.

El hombre que plantaba árboles tamén na biblioteca
Videos tu.tv

jueves, 4 de junio de 2009

3.107

Isto do fin de curso volvenos tolas! Á biblioteca tamén, non pensedes... E é que, coma vós, ten que dar contas do feito durante o curso.

Pero dentro da tolemia, ela está máis que contenta xa que a pesar de ter que traballar arreo, os resultados obtidos non deixan lugar a dúbidas: no IES As Mariñas si que se le!

E se non o credes mirade o gráfico que recolle os datos dos préstamos ata o 2 de xuño.

E se aínda queredes saber máis da súa evolución comparádeo cos datos doutros anos.

miércoles, 3 de junio de 2009

O poder da lectura

Un día, a raíña Isabel II de Inglaterra atópase cunha biblioteca ambulante: unha camioneta grande como un camión de mudanzas aparcada xunto á cociña do seu palacio. Non era un lugar, a cociña ou a biblioteca, que ela visitase a miúdo; unha vez dentro do vehículo e como quen non quere a cousa, animouse a coller un libro en préstamo.

Aquel libro trouxo outros e as cousas xa non serían igual, nin para ela, nin para a súa familia, nin para o seu séquito, nin para o seu país. A Raíña descubrira a vertixe da lectura.

E é que os libros poden cambiar moitas cousas...



Atoparás Una lectora nada común xunto con outras novidades da nosa biblioteca
Related Posts with Thumbnails