Un día, a raíña Isabel II de Inglaterra atópase cunha biblioteca ambulante: unha camioneta grande como un camión de mudanzas aparcada xunto á cociña do seu palacio. Non era un lugar, a cociña ou a biblioteca, que ela visitase a miúdo; unha vez dentro do vehículo e como quen non quere a cousa, animouse a coller un libro en préstamo. Aquel libro trouxo outros e as cousas xa non serían igual, nin para ela, nin para a súa familia, nin para o seu séquito, nin para o seu país. A Raíña descubrira a vertixe da lectura.
E é que os libros poden cambiar moitas cousas...Atoparás Una lectora nada común xunto con outras novidades da nosa biblioteca
No hay comentarios:
Publicar un comentario