Pa

saron xa moitos anos, algúns máis de trinta, desde que lin as memorias de Balbino, dese rapaz da aldea. Tal vez porque me sentín un pouco coma el, xa nunca se me esvaeceu. Lembro a emoción con que lin a súa historia, a rabia contida ante as inxustizas que tan ben recreou Neira Vilas, e lembro tamén as bágoas da miña nai cando eu lle lía este libro. Recordos vivos!
De certo, Xosé Neira Vilas recreou coma ninguén o mundo do rural galego, o mundo da aldea, con moito traballo e pouca escola, con incomunicación, soños e decepcións, humillacións e ilusións. É certo que os nosos mozos e mozas non vive

n como Balbino, pero non é menos certo que a inxustiza social segue vixente. Aínda hoxe non todos teñen as mesmas oportunidades e, se Balbino chegaba canso á escola polo traballo arreo no campo, non é menos certo que algúns dos nosos alumnos e alumnas, desde ben pequenas, asumen responsabilidades de adultos.
A min foi unha novela que me levou a ler moitas outras e deume pulo para saír adiante cando me doían as costas co duro traballo. E sempre me leva a pensar que os balbinos seguen estando a

quí e en todas partes.
Porque logo de tantos anos esta historia segue comigo, animo a todos os que aínda non a leron a facelo.
“Se pelexamos entre nós, métense eles. Non se decatan de que as nosas liortas son namais que enredos. Rabuñámonos agora e daquí a un chisco estamos amigos outra vez. Fan de xuíces e zoscan a quen cadra e coma cadra, sin averiguacións. As nosas mans son pequenas e non magoan; as deles pesan, fan doer. Se deprendesen de nós non irían á guerra…”
O AUTOR: XOSÉ NEIRA VILAS (Gres-Vila de Cruces, 1928)

De familia labrega, que compaxinou ata os catorce anos a escola cos
traballos do campo. Logo traballou nun serradoiro e co desexo de vencer a miseria económica e cultural que o rodeaba emigrou a Bos Aires. En Arxentina participou na fundación das Mocidades Galeguistas e da editorial Follas Novas. Entre o 1961 e o 1994 viviu en Cuba e desde ese ano reside no noso país.
Entre as súas
obras destacan tamén:
Cartas a Lelo; Aqueles anos do Moncho; Xente no rodicio; A muller de ferro; Historias de emigrantes... etc.

Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
Actualmente ten unha sección fixa en
El Correo Gallego ("Arredor do mundo", columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario no
Galicia Hoxe.Imprescindible para Dores Cao. Departamento de Lingua e Literatura Galegas.